John von Neumann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John von Neumann
Nome completoNeumann János Lajos
Nacemento28 de decembro de 1903
Lugar de nacementoBudapest
Falecemento8 de febreiro de 1957
Lugar de falecementoWalter Reed Army Medical Center e Washington, D.C.
Causacancro de cerebro
SoterradoCemitério de Princeton
NacionalidadeHungría e Estados Unidos de América
EtniaPobo xudeu
Relixiónxudaísmo, cristianismo e catolicismo
Alma máterFasori Gimnázium, Universidade de Frederico-Guilherme, ETH Zürich, Universidade Eötvös Loránd e Universidade de Gotinga
Ocupaciónmatemático, informático teórico, físico, economista e profesor universitario
PaiMax von Neumann
NaiMargaret Neumann
CónxuxeKlara Dan von Neumann e Mariette Kövesi
FillosMarina von Neumann Whitman
Coñecido porAutômato celular de von Neumann, Vizinhança de von Neumann, Construtor universal de Von Neumann, arquitetura de von Neumann, álgebra de von Neumann, von Neumann–Morgenstern utility theorem, anel Von Neumann regular, Teoria dos conjuntos de Von Neumann-Bernays-Gödel, universo de von Neumann, Conjectura de von Neumann, entropia de von Neumann, Análise de estabilidade de Von Neumann, álgebra abeliana de von Neumann, ordinal de von Neumann, Von Neumann equation, von Neumann bicommutant theorem, Weyl–von Neumann theorem, minimax theorem e First draft of a report on the EDVAC
PremiosMedalla Presidencial da Liberdade, Medalha Carl-Gustaf Rossby, Prêmio Bôcher, Prêmio Enrico Fermi, Gibbs Lecture, Silliman Memorial Lectures, Medalha Presidencial por Mérito, Prêmio Albert Einstein, Financial Times Person of the Year, Fellow of the Institute of Mathematical Statistics e Fellow of the Econometric Society
Na rede
IMDB: nm9604592 WikiTree: Von_Neumann-3 Find a Grave: 7333144 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

John von Neumann, ou polo seu nome orixinal húngaro Margittai Neumann János Lajos, nado en Budapest o 28 de decembro de 1903 e finado en Washington, D.C. o 8 de febreiro de 1957,[1] foi un científico, físico e matemático húngaro.[2] Está considerado un dos máis importantes científicos do século XX.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xa desde ben pequeno mostrou xenio e boa memoria, realizando complicadas operacións matemáticas ou podendo incluso memorizar páxinas completas da guía telefónica. Sen ir moito a clase, obtivo brillantes cualificacións en matemáticas na Universidade de Budapest. De 1921 a 1923 estudou química en Berlín e, despois, graduouse en enxeñaría química en Zürich. Doutorouse en Matemáticas aos vinte e tres anos e con vinte e cinco xa era considerado un xenio para a comunidade de matemáticos. En 1933 xunto a Alexander, Veblen, Einstein, Morse e Weyl converteuse nun dos grandes seis primeiros profesores de matemáticas do Instituto para o Estudo Adiantado de Princeton (USA) onde estivo o resto da súa vida. Durante a segunda guerra mundial foi conselleiro das Forzas Armadas dos Estados Unidos, formou parte do Proxecto Manhattan e contribuíu á fabricación da bomba de hidróxeno.

Xunto a Oskar Morgenstern, en 1944 publicou Theory of Games and Economic Behavior, que revolucionou a área da economía, introducindo novos métodos matemáticos para a análise de problemas económicos, en concreto aplicou a teoría de xogos de suma cero. Foi un dos iniciadores das ciencias da computación, e precursor do primeiro computador, para os que definiu o bit -contracción de "binary digit"- como unidade de memoria, o seu último libro dedicouno a este campo The Compute and the Brain do 1958.

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Mathematical Foundations of Quantum Mechanics, 1932.
  • Theory of Games and Economic Behavior, 1944.
  • The Compute and the Brain, 1958.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "John von Neumann | Biography, Accomplishments, Inventions, & Facts | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-08-18. 
  2. Díaz, Jesús Ildefonso Díaz (2003-08-30). "John von Neumann: precursor del Cálculo Científico y de la Meteorología". Arbor (en castelán) 175 (692): 1455–1484. ISSN 1988-303X. doi:10.3989/arbor.2003.i692.711. 
  3. John., Impagliazzo, (2014). Legacy of John von Neumann. American Mathematical Society. ISBN 978-0-8218-9346-3. OCLC 1039551964.