Saltar ao contido

Universidade de Leiden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Leiden
Emblema
Emblema
 Instancia de
 Parte de
 Lingua usada
 Texto lema
Libertatis Praesidium Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Cargo dirixente
 Fundador/a
 Reitor/a
 Cadro de persoal
7860 (2025)
7860 (2024)
5500 (2015) Editar o valor en Wikidata
 Número estudiantes
33474 (2024)
27713 (2017)
25800 (2015) Editar o valor en Wikidata
 En sociedade con
Datas
 Fundación / creación
8 de febreiro de 1575 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Sede
Identificadores
VIAF427145676400905170004 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000120132535 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0lvng Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI121797337 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Redes
Facebook: UniversiteitLeiden Twitter: UniLeiden Instagram: universiteitleiden Bluesky: unileiden.bsky.social Youtube: UCVYvjcAFF4urHb8X5Tmt_vA Pinterest: boards BNE: XX134820 Dialnet: 2532571 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade de Leiden (en neerlandés: Rijksuniversiteit Leiden) é a universidade máis antiga das Provincias Unidas dos Países Baixos. A universidade está localizada en Leiden, cidade universitaria desde 1575. A familia real neerlandesa e a Universidade de Leiden aínda manteñen unha relación estreita; as raíñas Juliana e Beatriz e o rei Willem-Alexander son todos antigos alumnos da Universidade.[1]

A cidade de Leiden xogou un papel importante na guerra dos oitenta anos. En 1572 a cidade elixiu estar de parte da rebelión antiespañola. O Gobernador dos Países Baixos, Luís de Requesens, cerca a cidade en 1574. O asedio de Leiden durou desde o mes de maio até o 3 de outubro de 1574, cando a cidade se liberou grazas á destrución dos diques, posibilitando así o acceso de botes con provisións para os habitantes da cidade. Tras a resistencia oposta ao asedio, concédeselle á cidade a universidade en 1575. Coa súa fundación o estatúder Guillerme I de Orange mostrou o seu agradecemento e recoñecemento aos poboadores de Leiden, que resistiran o asedio por parte dos españois en nome do rei Filipe II. A tradición conta que se lles ofreceu aos habitantes de Leiden a posibilidade de elixir entre a universidade e certa exención de impostos. A liberación de Leiden aínda se celebra ao grande, cada 3 de outubro. Desde entón a universidade, os estudantes e as casas de estudantes son un factor dominante na imaxe da cidade.

A Universidade de Leiden, a Universidade de Göttingen e a Universidade de Berlín, son recoñecidas como o berce da Liberdade Académica.

A Universidade asóciase con dez líderes e primeiros ministros dos Países Baixos, nove líderes internacionais, entre eles o sexto presidente dos Estados Unidos John Quincy Adams, dous secretarios xerais da OTAN, un presidente da Corte Internacional de Xustiza e dezaseis galardoados co premio Nobel (incluídos os físicos de renome Albert Einstein e Enrico Fermi). A Universidade tamén é coñecida polos seus múltiples avances, incluíndo a súa famosa Botella de Leiden, un condensador feito a partir dunha botella de vidro, inventado en Leiden por Pieter van Musschenbroek en 1746 (en realidade foi inventado simultaneamente por Ewald Georg von Kleist en Alemaña, pero o nome «Botella de Leiden» prevaleceu).

Outro avance foi en crioxenia: Heike Kamerlingh Onnes (gañador do Premio Nobel de Física en 1913) licuou helio por primeira vez (1908) e posteriormente conseguiu alcanzar unha temperatura de menos dun grao por encima do cero absoluto.

Albert Einstein tamén pasou certo tempo na Universidade de Leiden durante a súa carreira e despois como profesor.

Recentemente a universidade comezou un proceso de expansión á veciña cidade da Haia, onde se situarán novos edificios destinados principalmente a programas de estudo internacionais.

A Universidade de Leiden ten unha excelente reputación internacional e é unha das mellores universidades en Europa e do mundo. No ránking de universidades THE-QS de 2009, a universidade ocupou o 60º posto a nivel mundial.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Universidad de Leiden—helpes.eu". www21.helpes.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2017-05-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Th. H. Lunsingh Scheurleer e G.H.M. Posthumus Meyjes (editores). Universidad de Leiden en el Siglo diecisiete. Un Cambio de Aprendizaje (Leiden, 1975). ISBN 9004042679