Pavel Cherenkov
Pavel Cherenkov | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Pável Alekséyevich Tcherenkov |
Nacemento | 28 de xullo de 1904 |
Lugar de nacemento | Novaya Chigla |
Falecemento | 6 de xaneiro de 1990 |
Lugar de falecemento | Moscova |
Soterrado | cemiterio Novodevichii |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Unión Soviética |
Alma máter | Voronezh State University |
Ocupación | científico nuclear, inventor e físico |
Cónxuxe | Maria Putintseva |
Premios | Premio Stalin, Premio Estatal da URSS, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Premio Nobel de Física, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Insignia de Honra, Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Medalha do Jubileu "Em Comemoração ao 100.º Aniversário do Nascimento de Vladimir Ilitch Lenin", Jubilee Medal "Thirty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Jubilee Medal "Forty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945" e Medal "In Commemoration of the 800th Anniversary of Moscow" |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pável Alekséyevich Tcherenkov (en ruso: Павел Алексеевич Черенков), nado en Nízhniaya Chigla, no óblast de Voronezh, o 28 de xullo de 1904 e finado en Moscova o 6 de xaneiro de 1990, foi un físico soviético de gran reputación e que recibiu o Premio Nobel de Física en 1958 polas súas contribucións médicas e sociais á cultura nesa época.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en física e matemáticas na Universidade de Voronezh en 1928, xa en 1930 entrou a formar parte como investigador do Instituto de Física de Lébedev, un dos máis prestixiosos da Unión Soviética.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Baixo as ordes do físico Sergey Ivanovich Vavilov observaron a emisión de luz azul dunha botella de auga sometida a un bombardeo radioactivo. Este fenómeno, asociado ás partículas atómicas cargadas que se movían a velocidades superiores á velocidade da luz, resultou ser moi importante no traballo experimental sobre física nuclear e o estudo dos raios cósmicos, o que se chama radiación de Cerenkov ou Tcherenkov. En 1953 converteuse en profesor de física experimental do Instituto, onde dirixiu o laboratorio de Lébedev en investigacións sobre aceleradores de partículas, e sobre o fotón e os mesóns.
En 1958 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto cos físicos soviéticos Ilia Frank e Igor Tamm, polo descubrimento e a interpretación da Radiación de Tcherenkov.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |