Robert Woodrow Wilson
Robert Woodrow Wilson ![]() | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de xaneiro de 1936 |
Lugar de nacemento | Houston |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Instituto Tecnolóxico de California, Universidade Rice, Lamar High School, Instituto Tecnolóxico de California e Universidade Rice |
Ocupación | astrónomo, físico e investigador |
Premios | Premio Nobel de Física, Medalha Henry Draper, Medalha Herschel, Prêmio Charles Stark Draper e Karl G. Jansky Lectureship |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Robert Woodrow Wilson, nado en Houston (Texas) o 10 de xaneiro de 1936, é un físico e astrónomo estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1978.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Wilson graduouse en física na Universidade de Rice en Houston e en 1962 doutorouse no Instituto Tecnolóxico de California.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Xunto a Arno Allan Penzias traballou aos Laboratorios Bell de Nova Jersey realizando melloras no funcionamento das antenas convencionais. En 1964 ambos físicos descubriron accidentalmente unha fonte de ruídos provenientes da atmosfera que eran completamente descoñecidos. A súa procura levounos a denominalos radiación cósmica de fondo de microondas ou CMB, confirmando así a Teoría do Big Bang exposta por George Gamow.
En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Arno Allan Penzias, polo seu descubrimento da Radiación cósmica de fondo. O premio foi compartido con Petr Kapitsa, aínda cando este por un traballo diferente.