Klaus von Klitzing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
von Klitzing en 2007.

Klaus von Klitzing, nado en Schroda o 28 de xuño de 1943, é un físico alemán. Recibiu o Nobel de Física en 1985 polo descubrimento da cuantización do Efecto Hall.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras concluír o curso de Física en Braunschweig, pasou 10 anos na Universidade de Würzburg, realizando traballos de pescuda no Laboratorio Clarendon, en Oxford (Reino Unido), e tamén en Grenoble (Francia). Converteuse en profesor en Múnic en 1980, e desde 1985 é o director do Instituto Max Planck para Investigación en Estado Sólido, na cidade de Stuttgart.

Actualmente dedícase a pescudar as propiedades de sistemas electrónicos de dimensión reducida, tipicamente a baixas temperaturas e sometidos a fortes campos magnéticos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]