James Rainwater
(1975) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de decembro de 1917 Council |
| Morte | 31 de maio de 1986 Nova York |
| Educación | Instituto Tecnolóxico de California Universidade Columbia |
| Director de tese | John Ray Dunning (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física atómica |
| Ocupación | físico, científico nuclear, profesor universitario |
| Empregador | Universidade Columbia |
| Membro de | |
| Interesado en | Física |
| Alumnos | Val Logsdon Fitch |
| Participou en | |
| 1939 | Proxecto Manhattan |
| Obra | |
| Doutorando | Val Logsdon Fitch |
| Arquivos en | |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Soviética Armenia Fiziki, (p.231) |
Leo James Rainwater, nado o 9 de decembro de 1917 en Council (Idaho, Estados Unidos) e finado en Nova York o 31 de maio de 1986, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1975.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Council, situada en Idaho. En 1918, despois da morte do seu pai pola epidemia de gripe española, a súa familia trasladouse ata Hanford, no estado de California. Alí estudou física no Instituto Tecnolóxico de California, onde se licenciou en 1939 e, posteriormente, conseguiu o doutoramento na Universidade de Columbia en 1946. En 1952 foi nomeado profesor de física na Universidade de Columbia.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Durante a segunda guerra mundial entrou a traballar no proxecto de desenvolvemento da bomba atómica. A partir de 1949 comezou a desenvolver a súa teoría de que, contrariamente ao que entón se cría, non todos os núcleos atómicos son esféricos. As súas ideas foron probadas e confirmadas máis adiante por Aage Niels Bohr e os experimentos de Ben Roy Mottelson realizados no Instituto Niels Bohr de Copenhague (Dinamarca).
James Rainwater tamén contribuíu na comprensión científica das radiografías e participou na Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos e proxectos de investigación navais por decisión do goberno dos Estados Unidos.
En 1975 foi galardoado, xunto a Aage Niels Bohr e Ben Roy Mottelson, co Premio Nobel de Física.
Leo James Rainwater morreu o 31 de maio de 1986 na súa cidade natal de Council.