Saltar ao contido

Robert Oppenheimer

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaRobert Oppenheimer

Retrato oficial de Oppenheimer como primeiro director do Laboratorio Nacional de Los Álamos, c. 1944. Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJulius Robert Oppenheimer [a]
Biografía
Nacemento(en) Julius Robert Oppenheimer Editar o valor en Wikidata
22 de abril de 1904 Editar o valor en Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1967 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Princeton, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro do esófago Editar o valor en Wikidata
Director Institute for Advanced Study
1947 – 1966
Director Laboratorio Nacional de Los Álamos
1943 – 1945 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPrinceton
Nova York
Gotinga
Berkeley
Los Álamos
Cambridge Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Harvard College
Universidade de Cambridge
Jesus College
Laboratorio Cavendish
Ethical Culture Fieldston School
Universidade de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Tese académicaZur Quantentheorie kontinuierlicher Spektren Editar o valor en Wikidata (1927 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseMax Born Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica aplicada, Física teórica e física nuclear Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico teórico, profesor universitario, administrador científico, coleccionista de arte, enxeñeiro, científico nuclear, físico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley
Proxecto Manhattan
Instituto Tecnolóxico de California
Universidade de Cambridge
Institute for Advanced Study Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresPercy Williams Bridgman, Alfred North Whitehead, Joseph John Thomson, Paul Dirac e Patrick Maynard Stuart Blackett Editar o valor en Wikidata
Alumnos
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoDavid Bohm, Samuel W. Alderson, Robert F. Christy, Sidney Dancoff, Stan Frankel, Willis Lamb, Harold Lewis, Philip Morrison, Bernard Peters, Robert Serber, Hartland Snyder, George Volkoff, Harvey Hall, Melba Phillips, Joseph Weinberg, Siegfried Adolf Wouthuysen, Arnold Nordsieck, Leslie Lawrance Foldy e Eldred C. Nelson Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKatherine Oppenheimer (1940–1967), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosPeter Oppenheimer, Toni Oppenheimer Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrank Oppenheimer Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Оппенгеймер Роберт)
Enciclopedia Larousse en liña
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0649185 BNE: XX1053701 Dialnet: 3232578 Musicbrainz: 0638a4ef-ea68-41bd-abc6-a5bd05d9ae97 Discogs: 1943552 WikiTree: Oppenheimer-112 Find a Grave: 2216 Editar o valor en Wikidata

Julius Robert Oppenheimer,[b] nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos. Oppenheimer declararía máis tarde que tras esta primeira proba lle viñeran á mente as palabras do Bhagavad Gita: «Agora convertinme na morte, a destrutora de mundos».[2][c] Oppenheimer sempre expresou o seu pesar polo falecemento de vítimas inocentes cando as bombas nucleares foron lanzadas contra os xaponeses nos bombardeos de Hiroshima e Nagasaki en agosto de 1945.

Logo da guerra ocupou o cargo de asesor xefe na daquela recentemente creada Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos e utilizou a súa posición para avogar polo control internacional do poder nuclear, evitar a proliferación de armamento nuclear e frear a carreira armamentística entre os Estados Unidos e a Unión Soviética. Logo de provocar a ira de numerosos políticos polas súa opinión pública, o goberno retiroulle o seu pase de seguridade, perdendo o acceso aos documentos militares segredos do seu país, e perdeu a súa influencia política directa durante unha moi publicitada auditoría en 1954. Nesa época nos Estados Unidos todas aquelas persoas sospeitosas de simpatizar co comunismo ou simplemente de ser disidentes foron perseguidas polo goberno. Tras isto Oppenheimer continuou escribindo, traballando no campo da física e dando diversas conferencias. Nove anos despois da auditoría, os presidentes John F. Kennedy e Lyndon B. Johnson concedéronlle e outorgáronlle respectivamente o Premio Enrico Fermi como un xesto de rehabilitación da súa figura pública.

Oppenheimer conseguiu varios logros notables no campo da física, como por exemplo a aproximación de Born-Oppenheimer. Tamén traballou na teoría de electróns e positróns, o proceso de Oppenheimer-Phillips da fusión nuclear e na primeira predición sobre o efecto túnel. Xunto cos seus alumnos fixo importantes contribucións á teoría moderna sobre as estrelas de neutróns e os buratos negros, así como á mecánica cuántica, á teoría cuántica de campos e ás interaccións dos raios cósmicos. Como profesor e promotor da ciencia, recórdase como un dos fundadores da escola estadounidense de física teórica, que gañou prominencia mundial na década de 1930. Logo da segunda guerra mundial, tamén ocupou o posto de director do Institute for Advanced Study de Princeton.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Mocidade e educación

[editar | editar a fonte]

Oppenheimer naceu en Nova York o 22 de abril de 1904,[6] fillo de Julius Oppenheimer, un adiñeirado importador de téxtiles xudeu que emigrara dende Alemaña en 1888, e Ella Friedman, unha pintora de Baltimore. Julius chegou ós Estados Unidos sen cartos, sen estudos superiores e sen coñecer a lingua inglesa. Conseguiu un traballo nunha empresa téxtil, e unha década despois pasou a ser un dos executivos da compañía.[7] No ano 1912 a familia trasladouse a un apartamento no 11º piso do número 155 de Riverside Drive en Manhattan, unha das zonas opulentas da cidade.[6] A súa colección de arte incluía obras de Picasso e Vuillard, e polo menos tres pinturas orixinais de van Gogh.[8] Robert tivo un irmán máis novo, Frank, quen tamén se convertería posteriormente en físico.[9]

Oppenheimer comezou na escola Alcuin Preparatory School, e no ano 1911 pasou á Ethical Culture Society School,[10] fundada por Felix Adler e incluída dentro do movemento chamado "Cultura ética". O pai de Oppenheimer xa pertencía a esta sociedade dende moitos anos antes, formando parte da xunta directiva dende 1907 ata 1915.[11] Oppenheimer estaba considerado un estudante "versátil", amosando interese na literatura inglesa e francesa, e particularmente na mineraloxía.[12] Completou os cursos de terceiro e cuarto nun só ano, saltouse a metade do oitavo curso[10] e no seu último ano de escola comezou a interesarse pola química.[13] Entrou no Harvard College un ano despois cando tiña 18 anos. Esta demora debeuse a que sufriu un ataque de colite ulcerosa durante unhas vacacións familiares en Europa, mentres buscaba minerais en Joachimstal. Para axudalo na recuperación desta enfermidade, o seu pai pediulle axuda ó seu profesor de inglés Herbert Smith, quen levou a Oppenheimer a Novo México para pasar unha tempada. Alí Oppenheimer "namorouse" da equitación e do suroeste do país.[14]

A maiores da titulación en química, Harvard requiría que estudase tamén historia, literatura e filosofía ou matemáticas. Recuperou o seu comezo tardío tomando seis clases en cada semestre, e foi admitido na sociedade honorífica Phi Beta Kappa. No seu primeiro ano pasou a ter o status de graduado en física en base ó seu estudo independente, o que significaba que non tería que asistir ás clases introdutorias e puido pasar directamente ás avanzadas. Un curso en termodinámica impartido por Percy Williams Bridgman espertou o seu interese na física experimental, e conseguiu o graduado summa cum laude en tres anos.[15]

Estudos en Europa

[editar | editar a fonte]

En 1924 Oppenheimer recibiu a nova da súa aceptación no Christ's College de Cambridge, e púxose en contacto con Ernest Rutherford pedíndolle o seu permiso para traballar no Laboratorio Cavendish. Bridgman escribiu unha recomendación para Oppenheimer, declarando que a torpeza de Oppenheimer no laboratorio facía aparente que o seu forte non era a física experimental, senón a física teórica. A Rutherford isto non o impresionou, pero Oppenheimer viaxou igualmente a Cambridge na procura de conseguir outro traballo.[16] Finalmente foi aceptado para traballar ás ordes de J. J. Thomson coa condición de que terminase un curso básico de laboratorio.[17] Oppenheimer desenvolveu unha relación antagonista co seu titor Patrick Blackett, quen tan só era sénior por uns anos máis ca el. Durante unhas vacacións, como relatou o seu amigo Francis Fergusson, Oppenheimer confesou que unha vez deixara unha mazá empapada en substancias químicas nocivas no escritorio de Blackett. Malia que a declaración de Ferguson é a única versión detallada existente deste suceso, os pais de Oppenheimer recibiron un aviso das autoridades da universidade que consideraron poñelo nun período de proba, aínda que non sucedeu finalmente grazas á presión que seus pais lle fixeron á universidade.[18]

Foto de grupo no laboratorio de Leiden de Heike Kamerlingh Onnes, en 1926. Oppenheimer é o terceiro pola esquerda da segunda fila.

Oppenheimer era alto, delgado, fumador habitual e adoitaba pasar das comidas durante períodos de concentración intensa. Moitos dos seus amigos da época consideraban que tiña tendencias autodestrutivas. Un evento inquedante en particular sucedeu durante unhas vacacións nas que se reuniu co seu amigo Francis Fergusson en París. Fergusson notou que Oppenheimer non estaba ben, e tentando axudalo a distraerse da depresión, contoulle que ía casar coa súa moza Frances Keeley. Oppenheimer non tomou ben esta nova, reaccionando violentamente contra Fergusson, chegando incluso a tentar esganalo. Malia que Fergusson puido deter a agresión doadamente, este episodio convenceuno de que Oppenheimer tiña profundos problemas psicolóxicos. Os períodos de depresión foron habituais durante toda a súa vida,[19][20] e nunha ocasión Oppenheimer comentoulle ó seu irmán: "Preciso da física máis que dos meus amigos".[21]

No ano 1926 marchou de Cambridge cara á Universidade de Gotinga para estudar baixo a tutela de Max Born. Gotinga era un dos centros líderes no campo da física teórica, e Oppenheimer fixo amizade con varios científicos de éxito como Werner Heisenberg, Pascual Jordan, Wolfgang Pauli, Paul Dirac, Enrico Fermi e Edward Teller. Era coñecido por ser demasiado entusiasta nos debates, chegando a interromper varias sesións docentes.[22] Para outros estudantes de Born isto resultaba moi irritante, ata o punto de que Maria Goeppert-Mayer chegou a presentar unha petición asinada por varios dos estudantes que ameazaba con boicotear a clase a menos que Born conseguise tranquilizar a Oppenheimer. Born deixouna no seu escritorio nun lugar onde Oppenheimer puidese lela, e sen chegar a dicirlle nada directamente a petición resultou efectiva.[23]

Obtivo o Doutoramento en Filosofía en marzo de 1927 con 23 anos, supervisado por Born.[24] Tralo exame oral, James Franck, o profesor encargado do exame, declarou: "Menos mal que rematou. Estaba chegando ó punto de cuestionarme a min".[4] Oppenheimer publicou máis dunha ducia de artigos en Gotinga, incluíndo moitas contribucións importantes ó campo da mecánica cuántica. Xunto a Born publicaron o destacado artigo sobre a aproximación Born-Oppenheimer, a súa obra máis citada, que separa o movemento nuclear do movemento electrónico no tratamento matemático de moléculas, permitindo descartar o movemento nuclear para simplificar os cálculos.[25]

Primeiros traballos profesionais

[editar | editar a fonte]

Traballo educativo

[editar | editar a fonte]

Oppenheimer recibiu unha bolsa de investigación do United States National Research Council no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) en setembro de 1927. Bridgman quixo que traballase tamén en Harvard, polo que se chegou a un acordo polo que dividiría esta bolsa entre Harvard no 1927 e Caltech no 1928.[26] En Caltech fixo amizade con Linus Pauling, planeando un estudo conxunto na natureza do enlace químico, campo no que Pauling era pioneiro, con Oppenheimer centrándose nos cálculos matemáticos e Pauling na interpretación dos resultados. Tanto a colaboración como a amizade cortáronse de raíz cando Pauling comezou a sospeitar que Oppenheimer tiña unha relación demasiado próxima á súa muller, Ava Helen Pauling. Nunha ocasión na que Pauling estaba no traballo, Oppenheimer foi á súa casa e invitouna a unha cita en México. Aínda que ela rexeitou a invitación e deullo a coñecer ó seu esposo,[27] o acontecemento intranquilizou a Pauling e fixo que terminase a súa relación con Oppenheimer. Oppenheimer propúxolle posteriormente ser o xefe da división de química do Proxecto Manhattan, pero Pauling rexeitou a oferta, dicindo que el era un pacifista.[28]

Universidade de California, Berkeley, onde Oppenheimer exerceu de profesor dende 1929 ata 1943

No outono de 1928 Oppenheimer visitou o instituto de Paul Ehrenfest na Universidade de Leiden, nos Países Baixos, onde impresionou os locais ó impartir unhas charlas en neerlandés malia ter moi pouca práctica nesta lingua. Alí déronlle o alcume de Opje,[29] que posteriormente os seus estudantes transformaron na forma inglesa "Oppie".[30] De Leiden pasou ó ETH en Zürich para traballar con Wolfgang Pauli no estudo da mecánica cuántica e do espectro continuo. Oppenheimer sentía respecto e admiración por Pauli, quen resultou de grande influencia no seu estilo persoal e no seu enfoque crítico dos problemas.[31] Á súa volta ós Estados Unidos, Oppenheimer aceptou un posto de profesor na Universidade de California, Berkeley por mor da intervención de Raymond T. Birge, quen chegou a aceptar que compartise o seu traballo alí co que xa viña desenvolvendo en Caltech.[28]

Antes de comezar o seu traballo en Berkeley, a Oppenheimer diagnosticáronlle un caso leve de tuberculose, polo que pasou unhas semanas nun rancho de Novo México xunto ó seu irmán Frank, ó que bautizou como Perro Caliente ("can quente") e que posteriormente mercaría en propiedade.[32] Máis adiante adoitaría afirmar que "a física e o deserto rural" eran os seus "dous grandes amores".[33] Tras recuperarse da tuberculose volveu a Berkeley, onde prosperou como asesor e colaborador dunha xeración de físicos que o admiraban polo que denominaron "virtuosismo intelectual" e polos seus diversos intereses. Entre os seus asociados houbo división de opinións. Uns considerárono distante e un xenio, mentres que outros vírono como un impostor pretensioso e inseguro.[34] Os seus estudantes case sempre se atopaban na primeira categoría, chegando a adoptar a súa forma de andar, falar e outros manierismos, así como a súa inclinación de ler textos completos na lingua orixinal.[35] Hans Bethe escribiu:

Probablemente o ingrediente máis importante que achegou á súa ensinanza foi o seu gusto exquisito. Sempre soubo cales eran os problemas importantes, como demostra a súa escolla de temas. Verdadeiramente vivía con eses problemas, loitando por conseguir unha solución, e comunicaba as súas preocupación ó grupo. No seu momento de auxe, había uns oito ou dez estudantes graduados no seu grupo e ó redor de seis colegas xa doutorados. Reuníase con este grupo unha vez ó día na súa oficina, e debatía cun tras outro o estado do problema de investigación do estudante. Interesáballe todo, e nunha tarde podían falar de electrodinámica cuántica, raios cósmicos, produción de pares de electróns e física nuclear.[36]

Traballou estreitamente co gañador do Premio Nobel de Física Ernest Lawrence e os pioneiros do ciclotrón, axudándolles a comprender os datos que conseguían coas súas máquinas no Laboratorio Nacional Lawrence Livermore.[37] En 1936 Berkeley ascendeuno a profesor a tempo completo cun salario de 3300 $ ó ano. A cambio disto pedíronlle que limitase as súas clases en Caltech, polo que tiveron que chegar a un compromiso no que Berkeley o liberaría durante seis meses cada ano, o suficiente como para que impartise clases durante un semestre en Caltech.[38]

Traballo científico

[editar | editar a fonte]

Oppenheimer fixo unha contribución importante na investigación da astronomía teórica, en especial con relación á relatividade xeral e a teoría nuclear, así como na física nuclear, na espectroscopia e na teoría cuántica de campos, incluíndo a súa extensión da electrodinámica cuántica. Tamén lle adicou a súa atención ó formalismo matemático da mecánica cuántica relativista, aínda que dubidaba da súa validez. O seu traballo foi predecesor de moitos descubrimentos posteriores, incluíndo os do neutrón, do mesón e das estrelas de neutróns.[39]

Nos comezos o seu interese principal foi a teoría do espectro continuo, e o seu primeiro artigo publicado en 1926 tratou sobre a teoría cuántica do espectro de bandas molecular. Desenvolveu un método para facer cálculos das súas probabilidades de transición. Calculou o efecto fotoeléctrico do hidróxeno e raios X, obtendo o coeficiente de absorción no límite-K. Estes cálculos concordaban coas observacións da absorción de raios X por parte do Sol, pero non do hidróxeno. Anos máis tarde, os científicos descubrirían que o Sol estaba composto na súa maioría de hidróxeno, e que estes cálculos foran correctos.[40][41]

Tamén fixo contribucións destacadas no campo da radiación cósmica e comezou o traballo que posteriormente derivaría na descrición do efecto túnel. En 1931 escribiu xunto o seu estudante Harvey Hall o artigo "Relativistic Theory of the Photoelectric Effect",[42] no que, baseándose en probas empíricas, disputou a afirmación de Dirac de que dous dos niveis de enerxía do átomo de hidróxeno teñen a mesma enerxía. Seguidamente, un dos seus estudantes de tese doutoral, Willis Lamb, determinou que isto era a causa do que se coñecería posteriormente como o efecto Lamb, polo que Lamb recibiu o Premio Nobel de Física en 1955.[39]

Oppenheimer, Fermi e Lawrence

Traballou coa súa primeira estudante de tese doutoral, Melba Phillips, nos cálculos da radioactividade artificial baixo bombardeo de núcleos de deuterio. Cando Ernest Lawrence e Edwin McMillan bombardearon núcleos con núcleos de deuterio, descubriron que os resultados case coincidían coas predicións de George Gamow, pero cando se involucraban maiores enerxías e núcleos máis pesados os resultados non cumprían a teoría. En 1935 Oppenheimer e Phillips desenvolveron a teoría coñecida posteriormente como o proceso Oppenheimer-Phillips para explicar estes resultados, teoría que aínda segue a usarse na ciencia moderna.[43]

No ano 1930 Oppenheimer escribiu un artigo no que esencialmente predixo a existencia de positróns, tras outro artigo de Paul Dirac que propoñía que os electróns podían ter tanto carga positiva como negativa. O artigo de Dirac incluíu unha ecuación que se coñecería como a ecuación de Dirac, que unificaba a mecánica cuántica, a relatividade especial e o daquela novo concepto do spin para explicar o efecto Zeeman.[44] Oppenheimer, baseándose en probas experimentais, rexeitou a idea de que os electróns con carga positiva preditos fosen protóns, argumentando que deberían ter a mesma masa que un electrón, mentres que os experimentos tiñan probado que os protóns eran moito máis pesados que os electróns. Dous anos despois, Carl David Anderson descubriu formalmente o positrón, polo que recibiu o Premio Nobel de Física de 1936.[45]

A finais da década de 1930 Oppenheimer comezou a interesarse pola astrofísica, probablemente por mor da súa amizade con Richard Tolman, o que resultou na súa publicación de diversos artigos. No primeiro deles, escrito en 1938 en colaboración con Robert Serber e titulado "On the Stability of Stellar Neutron Cores",[46] explorou as propiedades das ananas brancas. A este seguiulle outro artigo escrito xunto co seu estudante George Volkoff, "On Massive Neutron Cores",[47] no que demostraron que existía un límite para a masa das estrelas por riba do que non se manterían estables como estrelas de neutróns e que provocaría un colapso gravitacional. Finalmente en 1939 Oppenheimer e outro dos seus estudantes, Hartland Snyder, publicaron o artigo "On Continued Gravitational Attraction",[48] que predixo a existencia do que posteriormente se denominarían buratos negros. Tralo artigo da aproximación Born-Oppenheimer, estes outros artigos son os seus artigos máis citados, e resultaron ser un factor chave no rexuvenecemento da investigación astrofísica dos Estados Unidos dos anos 1950, liderada principalmente por John A. Wheeler.[49]

Os artigos de Oppenheimer foron considerados difíciles de entender incluso para os estándares dos temas abstractos nos que el era un experto. Gustáballe empregar técnicas matemáticas elegantes pero extremadamente complexas para demostrar principios físicos, aínda que en ocasións recibiu críticas por cometer erros matemáticos, presumiblemente por apresurarse ó facelos. En palabras de Snyder, "a súa física era boa, pero a súa aritmética era horrorosa".[39]

Oppenheimer só publicou cinco artigos científicos despois da segunda guerra mundial, ningún deles pasado o ano 1950. O premio Nobel Murray Gell-Mann, quen traballou con el no Institute for Advanced Study no 1951, opinou sobre isto:

Non tiña Sitzfleisch (aguante) para estar sentado nunha cadeira. Polo que eu sei, nunca escribiu un escrito ou cálculos longos, nada dese estilo. Non tiña paciencia para iso. A súa propia obra consistiu en pequenos aperçus (bosquexos), pero bastante brillantes. Mais si inspirou a outra xente a facer cousas, e a súa influencia foi fantástica.
Tradución do orixinal[50]

Os variados intereses de Oppenheimer interromperon en ocasións a súa concentración nos proxectos. En 1933 aprendeu sánscrito e coñeceu o indólogo Arthur W. Ryder en Berkeley. Leu o Bhagavad Gita no sánscrito orixinal, libro que posteriormente citaría como un dos que máis marcou a súa filosofía de vida.[51] O seu colega Isidor Rabi interpretou este interese da seguinte forma:

Oppenheimer estaba sobreeducado neses campos, que residen fóra da tradición científica, como este interese na relixión, na relixión hindú en particular, que deu como resultado un sentimento de misterio do universo que o arrodeou como unha néboa. Vía a física claramente, mirando o que xa se tiña feito, pero no bordo tendía a sentir que había moito máis do misterioso e innovador do que realmente hai … deixou de lado os métodos duros e crus da física teórica en favor dun reino místico de ampla intuición.
Tradución do orixinal[52][53]

Vida privada e política

[editar | editar a fonte]
Oppenheimer en 1946

Durante a década de 1920 Oppenheimer mantívose distante dos problemas mundiais. Chegou a afirmar que daquela non lía xornais nin escoitaba a radio, e que só se decatou do crac de Wall Street de 1929 uns seis meses despois de que sucedera mentres charlaba e daba un paseo con Ernest Lawrence.[54] Nunha ocasión remarcou que nunca votara nas eleccións ata as eleccións presidenciais de 1936. Porén, dende 1934 en adiante comezou a preocuparse cada vez máis sobre a política e relacións internacionais do país. No ano 1934 destinou o 3% do seu salario, uns 100$ ó ano, para axudar durante dous anos os físicos alemáns que estaban a fuxir da Alemaña nazi. Durante a folga de 1934 do West Coast Waterfront asistiu a unha das manifestacións xunto con algúns dos seus estudantes, incluíndo a Melba Phillips e Bob Serber. Oppenheimer tentou varias veces conseguir un posto de traballo para Serber en Berkeley, pero a isto opúxose Raymond T. Birge, quen consideraba que "cun xudeu no departamento xa era suficiente".[55]

A nai de Oppenheimer faleceu en 1931, o que provocou un achegamento ó seu pai, que aínda vivindo en Nova York comezou a facerlle visitas frecuentes en California.[56] Cando seu pai faleceu en 1937 cunha herdanza de 392 602 $ a repartir entre Oppenheimer e o seu irmán Frank, Oppenheimer escribiu inmediatamente un testamento polo que deixaría a súa vivenda para que a Universidade de California acollese a estudantes de grao.[57] Ó igual que outros moitos xoves intelectuais dos anos 1930, apoiou reformas sociais que posteriormente se considerarían ideas comunistas. Fixo doazóns a moitas propostas progresistas posteriormente cualificadas de "esquerdas" durante a época de McCarthy. A maioría do seu denominado "traballo radical" consistiu en facer de anfitrión para recadacións de fondos para a causa republicana na Guerra civil española e outras actividades antifascistas. Nunca se uniu de forma oficial ó Partido Comunista, aínda que si forneceu cartos para causas liberais por medio de coñecidos que presuntamente pertencían ó partido.[58] No ano 1936 comezou unha relación sentimental con Jean Tatlock, filla dun profesor de literatura en Berkeley e estudante de medicina na Universidade Stanford. Ela traballaba como redactora no Western Worker, un xornal do Partido Comunista, e os dous tiñan unha visión política moi semellante.[59]

Tatlock rompeu con Oppenheimer en 1939 tras unha relación tempestuosa. En agosto dese mesmo ano coñeceu a Katherine ("Kitty") Puening Harrison, unha estudante radical de Berkeley e antiga membro do Partido Comunista. Harrison xa estivera casada tres veces anteriormente. A súa primeira relación tan só durou uns poucos meses. O seu segundo marido foi Joe Dallet, un membro activo do Partido Comunista, que falecera na Guerra civil española.[60] Tras isto Kitty volveu ós Estados Unidos, onde obtivo un grao en botánica na Universidade de Pensilvania. Alí casou con Richard Harrison, médico e investigador, no ano 1938. En xuño de 1939 Kitty e Harrison trasladáronse a Pasadena. Alí Harrison converteuse no xefe de radioloxía do hospital local mentres que ela se apuntou como estudante de grao na Universidade de California. Oppenheimer e Kitty suscitaron un pequeno escándalo ó durmir xuntos tras unha festa de Tolman, e ela pasou o verán de 1940 con Oppenheimer no seu rancho de Novo México. Finalmente pediulle o divorcio a Harrison cando soubo que se quedara embarazada. Este negouse, polo que ela pediu e obtivo un divorcio instantáneo en Reno, e casou con Oppenheimer o 1 de novembro de 1940.[61]

O seu primeiro fillo, Peter, naceu en maio de 1941,[62] seguido de Katherine ("Toni"), que naceu en Los Álamos o 7 de decembro de 1944.[61] Oppenheimer continuou a súa aventura amorosa con Jean Tatlock aínda despois de casar con Kitty,[63] o que posteriormente sería un problema para a súa auditoría de autorización de seguridade debido ás asociacións comunistas de Tatlock.[64] Moitos dos achegados de Oppenheimer foron membros activos do Partido Comunista nos anos 1930 e 1940, incluíndo o seu irmán Frank e a súa muller Jackie,[65] Kitty,[66] Jean Tatlock, a súa caseira Mary Ellen Washburn,[67] e varios dos seus estudantes de grao en Berkeley.[68]

Cando se uniu ó Proxecto Manhattan en 1942 Oppenheimer escribiu no seu cuestionario persoal de seguridade que el mesmo fora "membro de case todas as organizacións da Fronte Comunista na Costa Oeste".[69] Anos despois negou recordar este feito, dicindo que era mentira e que de ter dito calquera cousa polo estilo sería unha "mediobroma esaxerada".[70] Era subscritor da revista People's World,[71] un órgano do Partido Comunista, e no 1954 testificou que estivera asociado co movemento comunista.[72] Dende 1937 ata 1942 Oppenheimer foi membro do que el mesmo chamou "grupo de debate" en Berkeley, que posteriormente os seus compañeiros Haakon Chevalier[73][74] e Gordon Griffiths identificaron como unha unidade secreta e pechada do Partido Comunista na facultade de Berkeley.[75]

Rabi, McKinnon, Oppenheimer e Weisskopf en 1944

O FBI rexistrou un informe sobre Oppenheimer en marzo de 1941. Nel incluíron un informe da súa asistencia a unha reunión en decembro de 1940 na casa de Chevalier, á que tamén asistiron o secretario do Partido Comunista no estado de California William Schneiderman e o seu tesoureiro Isaac Folkoff. O FBI observou que Oppenheimer formaba parte do comité executivo do American Civil Liberties Union, ó que consideraban unha organización comunista. Pouco tempo despois o FBI engadiu a Oppenheimer no seu rexistro Custodial Detention Index, polo que sería arrestado en caso de darse unha declaración de situación de emerxencia nacional.[76] Os debates sobre a pertenza de Oppenheimer ó Partido Comunista foron comúns entre os historiadores posteriores. Case todos eles están de acordo en que tiña forte simpatía pola esquerda dura e que mantivera contactos con membros do partido, mais existe unha disputa considerable sobre se foi oficialmente un membro do mesmo. Na auditoría de autorización de seguridade de 1954 Oppenheimer negou pertencer ó partido pero identificouse a si mesmo como un "compañeiro de ruta" deste, mais sen seguir cegamente as ordes de ningún aparello político.[77]

Durante todo o desenvolvemento da bomba atómica Oppenheimer estivo baixo investigación do FBI e do equipo interno de seguridade do Proxecto Manhattan polas súas asociacións esquerdistas. Axentes de seguridade do exército seguírono durante unha viaxe que este fixo a California en xuño de 1943 para reunirse con Jean Tatlock, quen estaba a sufrir un período de depresión, e Oppenheimer pasou noite no seu apartamento con ela.[78] Tatlock suicidouse o 4 de xaneiro de 1944, feito que entristeceu profundamente a Oppenheimer.[79] En agosto de 1943 declarou voluntariamente perante os axentes de seguridade do Proxecto Manhattan que George Eltenton, a quen non coñecía persoalmente, pedíralle a tres membros do proxecto que lle revelasen segredos nucleares en nome da Unión Soviética. En entrevistas posteriores Oppenheimer admitiu que a única persoa que lle pedira información a el persoalmente fora o seu amigo Haakon Chevalier, profesor de literatura francesa en Berkeley, quen mencionara o tema nunha cea privada na casa de Oppenheimer.[80] O Xeneral de Brigada Leslie R. Groves, Jr., director do Proxecto Manhattan, consideraba a Oppenheimer demasiado importante para o proxecto como para ser expulsado do mesmo polo seu comportamento sospeitoso. O 20 de xullo de 1943 escribiulle ós responsables do Departamento de Enxeñeiros de Manhattan:

De acordo coas miñas instrucións verbais do 15 de xullo, desexo que se lle asigne a autorización de seguridade a Julius Robert Oppenheimer sen demora independentemente da información que poidan ter con respecto ó señor Oppenheimer. El é absolutamente esencial para o proxecto.
Tradución do orixinal[81]

Proxecto Manhattan

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Proxecto Manhattan.

Los Álamos

[editar | editar a fonte]

O 9 de outubro de 1941, pouco tempo despois de que os Estados Unidos entrasen na segunda guerra mundial, o presidente Franklin D. Roosevelt aprobou un programa de choque para desenvolver unha bomba atómica.[82] En maio de 1942 James B. Conant, presidente do National Defense Research Committee e anteriormente un dos profesores de Oppenheimer en Harvard, invitouno a liderar o traballo nos cálculos de neutróns rápidos, tarefa a que Oppenheimer se encomendou enerxicamente. Tomou o cargo de "Coordinador da Ruptura Rápida", en referencia específica á propagación dunha reacción en cadea de neutróns rápidos nunha bomba atómica. Unha das súas primeiras actuacións foi a de organizar unha escola de verán para a teoría de bombas no seu edificio de Berkeley. Os asistentes a esta escola foron unha mestura de físicos europeos e dos propios estudantes de Oppenheimer que incluíu a Robert Serber, Emil Konopinski, Felix Bloch, Hans Bethe e Edward Teller. O grupo apresurouse a realizar os cálculos sobre que debía facerse e que orde debían seguir para construír a bomba.[83]

Foto identificadora de Oppenheimer en Los Álamos

En xuño de 1942 o Exército dos Estados Unidos estableceu o Departamento de Enxeñeiros Manhattan para coordinar o seu papel no proxecto da bomba atómica, comezando o proceso de transferir responsabilidades dende Oficina de Investigación Científica e Desenvolvemento ó exército.[84] En setembro dese ano, Groves foi nomeado director do que se coñecería co nome de "Proxecto Manhattan".[85] Groves escolleu a Oppenheimer para liderar o laboratorio de armas secretas do proxecto, decisión que sorprendeu a moitos por mor da visión política de esquerdas de Oppenheimer e da súa falta de experiencia como líder de grandes proxectos. O feito de non ter un Premio Nobel e de carecer de prestixio para dirixir a compañeiros científicos si foi unha preocupación para Groves.[86] Non obstante estaba impresionado pola comprensión singular que Oppenheimer demostraba sobre os aspectos prácticos do deseño e construción dunha bomba atómica e pola súa amplitude de coñecementos. Como enxeñeiro militar, Groves consideraba que isto sería de vital importancia nun proxecto interdisciplinario que involucraba non só física, mais tamén química, metalurxia, explosivos e enxeñaría. Groves viu en Oppenheimer unha "ambición arrogante" que ó seu parecer fornecería o proxecto do pulo necesario para chegar a unha conclusión con éxito. Isidor Rabi considerou esta decisión como "un golpe de xenio por parte do Xeneral Groves, quen polo xeral non estaba considerado un xenio".[87]

Oppenheimer e Groves decidiron que para manter a seguridade e cohesión necesitarían establecer un laboratorio de investigación centralizado e secreto nun lugar remoto. Mentres buscaban esta localización a finais de 1942, Oppenheimer dirixiuse cara a Novo México, non moi lonxe do seu rancho. O 16 de novembro de 1942 Oppenheimer, Groves e outros visitaron un lugar coas características que procuraban. A Oppenheimer preocupáballe que os altos cantís que arrodeaban o sitio provocarían que a xente sentise claustrofobia, mentres que ós enxeñeiros lles preocupaban as posibilidades de inundacións. Nese momento Oppenheimer suxeriu e propuxo outro lugar que xa coñecía ben, unha chaira preto de Santa Fe que acollía unha escola privada chamada Los Alamos Ranch School. Os enxeñeiros amosaron preocupación polas malas condicións das estradas de acceso ó sitio e pola subministración de auga, pero polo resto consideraron que o sitio era idóneo.[88] O Laboratorio de Los Álamos construíuse no lugar da escola, aproveitando parte dos edificios xa existentes e construíndo outros novos con gran rapidez. Alí Oppenheimer constituíu un grupo cos físicos mellor considerados do momento, ós que el mesmo chamou "celebridades".[89]

Nos seus comezos Los Álamos ía ser un laboratorio militar, e Oppenheimer xunto con outros investigadores pasarían a formar parte do exército. Oppenheimer chegou a pedir un uniforme de Tenente Coronel e fixo as probas físicas do exército, pero non as superou. Os doutores do exército consideraron que estaba demasiado delgado (58 kg), diagnosticáronlle o seu tusido crónico como tuberculose e amosaron preocupación pola súa dor crónica no lombo.[90] O plan inicial de incluír científicos no corpo do exército anulouse cando Robert Bacher e Isidor Rabi presentaron a súa oposición. Conant, Groves e Oppenheimer chegaron a un compromiso polo que o laboratorio estaría operado pola Universidade de California baixo contrato co Departamento de Guerra dos Estados Unidos.[91] En pouco tempo o proxecto de Los Álamos medrou dende uns poucos centos de persoas ata chegar a máis de 6000 membros no ano 1945.[90]

Nos comezos Oppenheimer tivo dificultades para levar a organización dos grandes grupos de persoas, situación que conseguiu mellorar ó pouco tempo de dirixir o proxecto. Os seus colaboradores destacaron a súa capacidade de manexar tódolos aspectos científicos do proxecto e os seus esforzos para controlar os inevitables conflitos culturais entre estes e os militares.[92] En palabras de Victor Weisskopf:

Oppenheimer dirixiu estes estudos, teóricos e experimentais, no sentido real da palabra. A súa sorprendente velocidade para captar os puntos principais de calquera tema foi un factor decisivo, era capaz de familiarizarse cos detalles esenciais de calquera parte do traballo. Non dirixiu dende a oficina do director. Estivo presente intelectual e fisicamente en cada paso decisivo. Estivo presente no laboratorio ou nos seminarios, cando se medía un novo efecto, cando se concibía unha nova idea. Non foi que contribuíse con ideas ou suxestións, fíxoo en ocasións, pero a súa influencia principal veu doutra parte. Foi a súa presenza continua e intensa o que produciu un sentimento de participación directa en todos nós. Creou unha atmosfera única de entusiasmo e estímulo que permaneceu no lugar durante todo o seu tempo.
Tradución do orixinal[92]
Coloquio en Los Álamos en 1946. Na primeira fila están Norris Bradbury, John Manley, Enrico Fermi e J.M.B. Kellogg. Detrás de Manley está Oppenheimer.

En 1943 os esforzos de desenvolvemento dirixíronse cara a unha arma de fisión de tipo proxectil con base de plutonio denominada "Thin Man". As investigacións iniciais das propiedades do plutonio fixéronse empregando plutonio-239 xerado nun ciclotrón, extremadamente puro pero que só podía crearse en cantidades minúsculas. Cando o laboratorio recibiu a primeira mostra de plutonio procedente do Reactor de Grafito X-10 en abril de 1944 os científicos descubriron un problema: o plutonio xerado no reactor tiña unha concentración alta de plutonio-240, provocando que non fose axeitado para o uso en armas de tipo proxectil.[93] En xullo de 1944 Oppenheimer abandonou este deseño en favor doutro dun proxectil de implosión. Usando lentes explosivas poderían apertar unha esfera de material fisible nun formato máis pequeno e denso, e o metal empregado sería só o necesario para poder desprazarse distancias moi curtas, para que a masa crítica puidese ensamblarse en moito menos tempo.[94] En agosto de 1944 Oppenheimer puxo en práctica unha reorganización completa do laboratorio para enfocarse no método de implosión.[95] Concentrou os traballos de desenvolvemento neste dispositivo de tipo proxectil, cun deseño máis sinxelo que só precisaba usar uranio-235, nun só grupo de traballo, dando como resultado en febreiro de 1945 o dispositivo que sería coñecido como "Little Boy".[96] Tras un grande esforzo de investigación, conseguiron finalizar o deseño doutro dispositivo de implosión máis complexo, denominado "Christy gadget" por Robert Christy, outro dos seus estudantes,[97] que foi presentado nunha reunión na oficina de Oppenheimer o 28 de febreiro de 1945.[98]

En maio de 1945 creouse un comité interino para servir como órgano conselleiro e informador sobre o uso de enerxía nuclear en tempos de guerra e posguerra. Este comité estableceu un panel de científicos composto por Compton, Fermi, Lawrence e Oppenheimer para que fosen os encargados de aconsellar nos temas científicos. Nas súas presentacións ó comité, este panel daba a súa opinión non só nos posibles efectos físicos dunha bomba atómica, mais tamén no seu posible impacto político e militar.[99] Isto incluía opinións en temas tan sensibles como por exemplo a decisión de avisar con antelación ou non á Unión Soviética do plan de usar esta arma contra o Xapón.[100]

Proba nuclear Trinity

[editar | editar a fonte]
Vídeo da explosión da proba nuclear Trinity

O traballo realizado en Los Álamos tivo como resultado a primeira explosión nuclear preto de Alamogordo o 16 de xullo de 1945, na localización á que Oppenheimer dera a mediados de 1944 o nome en código de "Trinity". Posteriormente afirmou que lle puxera este nome a partir dun poema de John Donne. Segundo o historiador Gregg Herken, este nome tamén puido ser unha referencia a Jean Tatlock, quen se suicidara uns meses antes e que nos anos 1930 fora quen lle ensinara as obras de Donne a Oppenheimer.[101] Nunha entrevista posterior, Oppenheimer recordou que mentres presenciaba a explosión pensou nun verso do libro hindú Bhagavad Gita:[5][102]

Sánscrito: divi surya-sahasrasya bhaved yugapad utthita yadi bhah sadrsi sa syad bhasas tasya mahatmanah (XI,12)
Trad. de Oppenheimer: If the radiance of a thousand suns were to burst at once into the sky, that would be like the splendor of the mighty one...
Galego: «Se o resplandor de miles de soles emerxeran ó mesmo tempo no ceo, sería como o esplendor do poderoso...»

Anos despois comentou que tamén se lle pasara pola cabeza outro verso nese momento:[103][c]

Sánscrito: kālo'smi lokakṣayakṛtpravṛddho lokānsamāhartumiha pravṛttaḥ (XI,32)
Trad. de Oppenheimer: I am become Death, the destroyer of worlds.
Galego: «Agora convertinme en morte, a destrutora de mundos»

En 1965 volveu a citar este verso durante nun programa de televisión:[3]

Sabiamos que o mundo non volvería ser o mesmo. Uns poucos riron, outros choraron. A maioría permaneceu en silencio. Eu recordei a liña do escrito hindú, o Bhagavad Gita; Vishnu intenta persuadir o príncipe de que debería cumprir o seu deber, e para impresionalo tórnase na súa forma de brazos múltiples e di: «Agora convertinme en morte, a destrutora de mundos». Supoño que todos pensamos iso, dunha forma ou outra.
Tradución do orixinal
Oppenheimer e Groves inspeccionando o lugar da detonación.

Segundo seu irmán, nese momento Oppenheimer simplemente exclamou: "Funcionou". Un informe contemporáneo do Xeneral de Brigada Thomas Farrell, que estaba presente no búnker de control do sitio xunto a Oppenheimer, resumiu a súa reacción da seguinte forma:

O doutor Oppenheimer, que soportara unha carga moi pesada, tornouse máis tenso cando se aproximaban os últimos segundos. Case non respiraba. Apoiouse nun poste para manterse firme. Nos últimos poucos segundos, mirou fixamente cara adiante e cando o operario gritou "Agora!" e apareceu esa tremenda explosión de luz seguida a continuación do profundo ruxido do estoupido, a súa faciana relaxouse nunha expresión de enorme alivio.
Tradución do orixinal[104]

O físico Isidor Rabi percibiu un triunfalismo desconcertante en Oppenheimer: "Nunca esquecerei o seu camiñar. Nunca esquecerei a forma na que saíu do coche ... o seu camiñar era como en Só ante o perigo ... Conseguírao."[105] Nunha reunión en Los Álamos o 6 de agosto, o mesmo día do bombardeo atómico de Hiroshima, Oppenheimer subiu ó escenario e xuntou as mans "como un boxeador que gañara un título" mentres que a audiencia o animaba. Oppenheimer declarou sentirse arrepentido de que a arma non estivese dispoñible a tempo para usala contra a Alemaña nazi,[106] pero tanto el como moitos dos empregados do proxecto sentíronse moi enfadados polo bombardeo posterior de Nagasaki, xa que non crían que este segundo bombardeo fose necesario dende un punto de vista militar.[107] O 17 de agosto viaxou a Washington para entregar en man unha carta ó Secretario de Guerra Henry L. Stimson na que expresaba a súa repugnancia polo feito e o seu desexo de que se prohibisen as armas nucleares.[108] En outubro de 1945 Oppenheimer foi recibido en persoa polo presidente Harry S. Truman, reunión que non rematou ben cando Oppenheimer lle dixo que sentía que tiña "sangue nas súas mans". Esta declaración enfureceu a Truman e supuxo o final da reunión. Posteriormente, Truman díxolle ó seu Vicesecretario de Estado Dean Acheson: "Non quero ver ese fillo de puta nesta oficina nunca xamais".[109] Malia isto, recibiu a Medalla ó Mérito de mans do mesmo presidente no ano 1946 polos seus servizos como director de Los Álamos.[110]

Actividade na posguerra

[editar | editar a fonte]

Tralos bombardeos de Hiroshima e Nagasaki o Proxecto Manhattan fíxose público, e Oppenheimer converteuse nun portavoz nacional para a ciencia, un novo emblema de poder tecnocrático.[79] O seu nome comezou a ser familiar para o público e apareceu nas portadas das revistas Life e Time.[111][112] A física nuclear converteuse nunha forza poderosa cando todos os gobernos mundiais comezaron a decatarse do poder estratéxico e político que achegaban as armas nucleares. Ó igual que moitos outros científicos da súa xeración, Oppenheimer sentía que a seguridade perante as bombas atómicas só podería vir dunha organización internacional como a daquela recentemente formada Nacións Unidas, que podería instituír un programa mundial para limitar a carreira nuclear.[113]

Institute for Advanced Study

[editar | editar a fonte]
Institute for Advanced Study en Princeton, Nova Jersey

En novembro de 1945 Oppenheimer marchou de Los Álamos para volver a Caltech,[114] aínda que ó pouco tempo decatouse que o seu interese pola ensinanza xa non era como antes.[115] En 1947 aceptou unha oferta de Lewis Strauss para traballar como director do Institute for Advanced Study en Princeton, Nova Jersey. Isto significou o seu traslado de novo ó leste do país, deixando a Ruth Tolman, muller do seu amigo Richard Tolman, con quen comezara unha aventura amorosa tras marchar de Los Álamos.[116] O traballo incluía un salario de 20 000 $ por ano, máis aloxamento libre de pago de rendas na casa do director, unha mansión do século XVII con cociñeiro e xardineiro, arrodeada dun arboredo de 107 ha.[117]

Oppenheimer conseguiu reunir unha serie de intelectuais de alto nivel e procedentes de diversas disciplinas científicas para resolver as preguntas máis pertinentes daquela época. Actuou como director e apoiou as investigacións de moitos científicos coñecidos, incluíndo a Freeman Dyson e ó dúo composto por Chen Ning Yang e Tsung-Dao Lee que gañaría o Premio Nobel polo seu descubrimento da non conservación da paridade. Tamén instituíu afiliacións temporais para estudosos de humanidades, como por exemplo T. S. Eliot e George F. Kennan. Algunhas destas actividades non foron ben vistas por parte de membros da facultade de matemáticas, que querían que o instituto se mantivese como un bastión da investigación científica pura. Segundo declaracións de Abraham Pais, o propio Oppenheimer pensaba que un dos seus fracasos no instituto fora non ser capaz de xuntar os estudosos das ciencias naturais cos de humanidades.[118]

Tras unha serie de conferencias en Nova York que tiveron lugar dende 1947 ata 1949, os físicos mudaron o seu enfoque, deixando atrás a guerra para centrarse nos problemas teóricos. Baixo a dirección de Oppenheimer, os físicos abordaron o problema máis importante e destacado dos anos de preguerra: as expresións infinitas, diverxentes e sen sentido na electrodinámica cuántica das partículas elementais. Julian Schwinger, Richard Feynman e Shinichiro Tomonaga centráronse no problema da regularización e desenvolveron unha serie de técnicas que serían posteriormente coñecidas como renormalización. Freeman Dyson foi capaz de probar que os seus procedementos daban resultados semellantes. O problema da absorción de mesóns e a teoría de Hideki Yukawa sobre os mesóns como partículas portadoras da forza nuclear forte tamén foron investigadas. As preguntas inquisitivas de Oppenheimer provocaron que Robert Marshak acadase unha hipótese innovadora sobre a existencia de dous tipos de mesóns, os pións e os muóns. Isto levou ó descubrimento posterior do pión por parte de Cecil Frank Powell, que lle valería o Premio Nobel.[119][d]

Comisión da Enerxía Atómica

[editar | editar a fonte]

Como membro do comité de consultores designado por Truman, Oppenheimer foi unha forte influencia no Informe Acheson-Lilienthal. Neste informe o comité recomendou a creación dunha Autoridade para o Desenvolvemento Atómico internacional, á que lle pertencería todo o material fisible e os medios de produción do mesmo, como minas e laboratorios, así como as centrais nucleares onde se usaría para a produción pacífica de enerxía. Bernard Baruch foi designado como responsable de traducir este informe nunha proposición para as Nacións Unidas, dando como resultado o Plan Baruch de 1946. O Plan Baruch introduciu moitas outras estipulacións adicionais relacionadas co control destes materiais, en particular requirindo a inspección dos recursos de uranio da Unión Soviética. Este plan viuse como un intento por parte dos Estados Unidos de manter o seu monopolio nuclear e foi rexeitado polos soviéticos. Tras isto Oppenheimer viu claramente que a carreira nuclear era inevitable por mor das sospeitas mutuas entre os Estados Unidos e a Unión Soviética,[121] de quen incluso el mesmo comezaba a desconfiar.[122]

Lawrence, Seaborg e Oppenheimer en 1946

Trala creación da Comisión de Enerxía Atómica en 1947 como unha axencia civil para o control da investigación nuclear e cuestións de armas atómicas, Oppenheimer foi nomeado presidente do Comité Conselleiro Xeral. Dende este posto actuou de conselleiro en diversos temas relacionados coa enerxía nuclear, incluíndo orzamentos de proxectos, construción de laboratorios e incluso políticas internacionais, aínda que os consellos do comité non sempre se tiveron en conta.[123] Oppenheimer exerceu unha presión enérxica nos políticos para que se establecese un control internacional sobre as armas e se asignasen orzamentos para cuestións científicas básicas, tentando influenciar as políticas para que se distanciasen da carreira nuclear. Cando o goberno consultou se deberían promover un programa de choque para desenvolver unha arma nuclear baseada na fusión nuclear, a bomba de hidróxeno, Oppenheimer inicialmente fixo unha recomendación en contra da idea, malia ter estado a favor de desenvolver este tipo de arma durante o Proxecto Manhattan. A súa motivación era en parte por motivos éticos, xa que sentía que unha arma así só podería empregarse estratexicamente contra obxectivos civís, o que resultaría en millóns de mortes. Por outra banda, a súa motivación tamén se baseaba en preocupacións prácticas, xa que naquel momento non existía ningún deseño factible para unha bomba de hidróxeno. Oppenheimer considerou que os recursos necesarios para isto estarían mellor destinados a crear unha gran forza de armas de fisión. Xunto con outros membros do comité, amosaron unha preocupación particular por que os reactores nucleares fosen dirixidos dende a produción de plutonio cara a de tricio.[124] Truman desestimou estas recomendacións, anunciando un programa de choque despois de que a Unión Soviética fixo a súa primeira proba cunha bomba atómica en 1949.[125] Oppenheimer e outros membros do comité, en particular James Conant, sentíronse persoalmente ignorados e consideraron a súa retirada do comité. Finalmente continuaron no mesmo, aínda que as súas opinións sobre a bomba de hidróxeno eran ben coñecidas.[126]

En 1951 Edward Teller e o matemático Stanislaw Ulam desenvolveron o que se coñecería como deseño Teller-Ulam para unha bomba de hidróxeno.[127] Este novo deseño semellaba factible tecnicamente, e Oppenheimer mudou a súa opinión sobre a fabricación da arma. Nunhas declaracións posteriores afirmou:

O programa que tiñamos en 1949 era unha cousa tortuosa que discutiblemente non tiña moito sentido técnico. Podía argumentarse que non o quererías aínda se o tiveses. O programa de 1951 era tecnicamente tan apetecible que non se podía discutir. Os problemas tornáronse simplemente nos problemas militares, políticos e humanos sobre que farías con iso unha vez que o tiveses.
Tradución do orixinal.[128]

Auditoría de seguridade

[editar | editar a fonte]

O FBI baixo a dirección de J. Edgar Hoover levaba seguindo a Oppenheimer dende antes da guerra, cando este amosou simpatías comunistas mentres daba clases en Berkeley e mantivo contactos e relacións con membros do Partido Comunista, incluíndo a súa muller e o seu irmán. Estivo baixo forte vixilancia dende comezos dos anos 1940, con micrófonos na súa casa, escoitas telefónicas e incluso chegando a abrirlle o correo.[129] O FBI forneceu probas ós inimigos políticos de Oppenheimer que probaban os seus contactos con comunistas. Entre estes inimigos estaba Strauss, un membro do Comité de Enerxía Atómica que mantiña un longo resentimento contra Oppenheimer pola súa actividade opoñéndose á bomba de hidróxeno e pola humillación que lle provocara uns anos antes perante o Congreso: en relación a oposición de Strauss á exportación de isótopos radioactivos a outros países, Oppenheimer respondeulle cualificando estas exportacións como "menos importantes que os aparellos electrónicos pero máis importantes que, digamos, vitaminas".[130]

Eisenhower recibindo un informe de Strauss, presidente da Comsión de Enerxía Atómica, sobre as probas da bomba de hidróxeno no Pacífico, 30 de marzo de 1954

O 7 de xuño de 1949 Oppenheimer testificou perante o House Un-American Activities Committee (HUAC), admitindo que tivera contacto con membros do Partido Comunista nos anos 1930.[131] Declarou que algúns dos seus estudantes, incluíndo a David Bohm, Giovanni Rossi Lomanitz, Philip Morrison, Bernard Peters e Joseph Weinberg, foran comunistas nesa época e que traballaran con el en Berkeley. Frank Oppenheimer e a súa muller Jackie tamén testificaron perante a HUAC e admitiron ter sido membros do Partido Comunista. Frank foi despedido do seu traballo na Universidade de Minnesota e durante moitos anos non conseguiu un traballo relacionado coa física, polo que comezou a traballar como gandeiro en Colorado. Tempo despois traballou como profesor de física nun instituto e fundou o Exploratorium de San Francisco.[68][132]

Oppenheimer atopouse no centro de máis dunha controversia e loita de poder dende 1949 ata 1953. Edward Teller, eventualmente deixou o traballo en Los Álamos en 1951 axudando a fundar en 1952 un segundo laboratorio que recibiría o nome de Laboratorio Nacional Lawrence Livermore. Alí, libre do control de Los Álamos, centrou o seu traballo no desenvolvemento da bomba de hidróxeno. Este novo tipo de arma termonuclear de longo alcance, lanzada dende bombardeiros a reacción, estaría necesariamente baixo o control da Forza Aérea dos Estados Unidos de América (USAF). Oppenheimer pola súa banda apoiaba as armas nucleares tácticas máis pequenas, útiles en escenarios máis reducidos contra tropas inimigas e baixo o control do exército. Os dous servizos loitaron polo control das armas nucleares, aliñándose con distintos partidos políticos. A USAF, con Teller promovendo o seu programa, gañou prominencia baixo a administración republicana de Eisenhower.[133]

Strauss xunto co senador Brien McMahon, autor do McMahon Act de 1946, insistiron a Eisenhower para que revogase o permiso de seguridade de Oppenheimer. O 21 de decembro de 1953, Strauss comunicoulle a Oppenheimer que se lle suspendera o permiso de seguridade, pendente de resolución dunha serie de acusacións, e pediulle que dimitise. Oppenheimer decidiu non dimitir e solicitou unha auditoría. Os cargos sinaláronse nunha carta de Kenneth D. Nichols, Director Xeral do AEC.[134][135] A auditoría tivo lugar entre abril e maio de 1954 e non se fixo pública inicialmente. Centrouse nas asociacións pasadas de Oppenheimer con membros comunistas e durante o Proxecto Manhattan con científicos supostamente comunistas ou non leais. O Departamento de Enerxía dos Estados Unidos publicaría posteriormente a transcrición completa desta auditoría en outubro de 2014.[136][137]

Un dos elementos chave nesta auditoría foi a primeira declaración de Oppenheimer sobre o achegamento de George Eltenton a varios científicos de Los Álamos, historia que confesou que inventara el mesmo para protexer o seu amigo Haakon Chevalier. Sen que el o soubese, ámbalas dúas versións foran gravadas nos interrogatorios que lle fixeran unha década antes. Cando lle comunicaron isto e puido ver as transcricións sorprendeuse, xa que non tivera ocasión de revisalas con anterioridade. De feito Oppenheimer nunca lle dixera a Chevalier que finalmente dera o seu nome e que o seu testemuño resultara no despido de Chevalier. Tanto Chevalier como Eltenton confirmaron que tiñan un método de comunicación para pasarlle información á Unión Soviética. Eltenton admitiu terlle dito isto a Chevalier, e Chevalier admitiu mencionarllo a Oppenheimer, pero ámbolos dous declararon que non fora máis que un rumor inventado e denegaron calquera acusación de traizón ou espionaxe, planeado ou de feito. Finalmente ningún dos dous resultou condenado por ningún delito.[138]

Teller testificou que consideraba a Oppenheimer leal, mais que:

Nun gran número de casos, teño visto o doutor Oppenheimer actuar, entendo que actuou, dunha forma que para min era excesivamente difícil de comprender. Estiven profundamente en desacordo con el en moitas cuestións e francamente, as súas accións semellaban confusas e complicadas. Neste aspecto eu desexaría que os intereses vitais deste país estivesen en mans que eu considero mellores, e polo tanto nas que teño máis confianza. Neste sentido tan limitado gustaríame expresar o sentimento de que eu me sentiría persoalmente máis seguro se as cuestión públicas recaesen noutras mans.
Tradución do orixinal.[139]

Esta declaración provocou a ira da comunidade científica e supuxo a expulsión virtual de Teller da ciencia académica.[140] Groves, ameazado polo FBI por ter sido potencialmente parte dun encubrimento do contacto de Chevalier en 1943, tamén testificou en contra de Oppenheimer.[141] Moitos científicos destacados e personaxes importantes da política e do exército presentaron testemuño sobre Oppenheimer. As inconsistencias na propia declaración de Oppenheimer e o seu comportamento errático durante a auditoría convenceron a algúns de que era inestable e non era de fiar, o que supoñía un posible risco de seguridade. O permiso de seguridade de Oppenheimer foille revogado un día antes de que fose caducar.[142] Na súa declaración, Isidor Rabi comentou que Oppenheimer era un mero consultor do goberno, e que "se o goberno non quería o seu consello, entón non deberían ter consultado con el".[143]

Durante a auditoría Oppenheimer confirmou voluntariamente o comportamento de esquerdas de moitos dos seus compañeiros científicos. De non terlle retirado o permiso de seguridade, probablemente quedara como alguén que "deu nomes" para salvar a súa propia reputación.[144] Non obstante, Oppenheimer foi visto pola maioría da comunidade científica como un mártir do Macarthismo, como un liberal ecléctico que foi atacado inxustamente por inimigos belicistas que simbolizaron o desprazamento da creatividade científica dende o mundo académico cara ao militar.[145] Wernher von Braun resumiu a súa opinión do tema durante un comité do Congreso: "En Inglaterra, Oppenheimer sería nomeado cabaleiro."[146]

Nun seminario realizado o 20 de maio de 2009 no Woodrow Wilson Institute, e baseándose nunha análise extensiva das notas de Vassiliev tomadas dos arquivos do KGB, John Earl Haynes, Harvey Klehr e Alexander Vassiliev confirmaron que Oppenheimer nunca estivo involucrado en espionaxes para a Unión Soviética. O KGB tentara recrutalo en repetidas ocasións, pero sen éxito, polo que afirmaron que Oppenheimer nunca traizoou os Estados Unidos. A maiores, el mesmo expulsou do Proxecto Manhattan varios simpatizantes da Unión Soviética.[147] Haynes, Klehr e Vassiliev afirmaron tamén que Oppenheimer "fora, de feito, un membro disimulado do Partido Comunista dos Estados Unidos a finais da década de 1930".[148] Segundo o biógrafo Ray Monk: "Foi, nun sentido moi real e práctico, un simpatizante do Partido Comunista. É máis, en termos de tempo, esforzo e diñeiro achegado en actividades do partido, foi un simpatizante moi comprometido".[149]

Últimos anos e falecemento

[editar | editar a fonte]
Einstein e Oppenheimer en 1950

A partir de 1954 Oppenheimer comezou a pasar varios meses do ano vivindo na illa de Saint John, nas Illas Virxes Estadounidenses. En 1957 mercou un terreo de case unha hectárea en Gibney Beach e construíuse unha casa alí.[150] Alí pasou un tempo considerable navegando coa súa filla Toni e coa súa muller Kitty.[151]

Cada vez máis preocupado polo perigo potencial para a humanidade dos novos descubrimentos científicos, Oppenheimer uniuse a Albert Einstein, Bertrand Russell, Joseph Rotblat e outros científicos e académicos destacados para establecer o que eventualmente sería a World Academy of Art and Science en 1960. De forma significativa, trala humillación pública que supuxo a auditoría de seguridade, non volveu asinar abertamente ningún manifesto de protesta contra as armas nucleares nos anos 1950, nin sequera o Manifesto Russell-Einstein de 1955, nin tampouco asistiu á Conferencia Pugwash de 1957 pese a recibir unha invitación para a mesma.[152]

Nos seus discursos e escritos públicos Oppenheimer destacou continuamente a dificultade de controlar o poder do coñecemento nun mundo no que a liberdade da ciencia para intercambiar ideas estaba cada vez máis entorpecida por preocupacións políticas. Oppenheimer impartiu as Conferencias Reith na BBC no ano 1953, que posteriormente se publicarían baixo o título de Science and the Common Understanding.[153] En 1955 Oppenheimer publicou a obra The Open Mind, unha colección de oito conferencias que levaba impartindo dende 1946 sobre o tema das armas nucleares e a cultura popular. Oppenheimer rexeitaba a idea da ameaza diplomática nuclear. Con respecto a isto escribiu: "Os propósitos deste país no campo da política exterior non poden conseguirse de forma real ou duradeira por medio da extorsión". En 1957 os departamentos de filosofía e psicoloxía de Harvard invitárono a participar na Conferencia William James. Un grupo influente de alumnos de Harvard liderados por Edwin Ginn e Archibald Roosevelt protestaron en contra desta decisión da Universidade.[154] Ó redor de 1200 persoas achegáronse ó Sanders Theatre para escoitar seis discursos de Oppenheimer, baixo o título "The Hope of Order".[152] Oppenheimer impartiu tamén a Conferencia Whidden na Universidade McMaster en 1962, publicada en 1964 co título de The Flying Trapeze: Three Crises for Physicists.[155]

Privado de poder político, Oppenheimer continuou impartindo conferencias, escribindo e traballando na física. Viaxou por Europa e o Xapón, impartindo conferencias sobre a historia da ciencia, o papel da ciencia na sociedade e a natureza do universo.[156] En setembro de 1957 Francia nomeouno oficial da Lexión de Honra,[157] e o 3 de maio de 1962 recibiu o título de Membro Estranxeiro da Royal Society en Gran Bretaña.[158][159] Presionado por moitos dos amigos políticos de Oppenheimer que ascenderan a posicións de poder, o presidente John F. Kennedy adxudicoulle a Oppenheimer o Premio Enrico Fermi en 1963 como xesto de rehabilitación política. Edward Teller, gañador do premio no ano anterior, tamén recomendou a Oppenheimer para o premio, esperando que o xesto rematase coas disputas persoais entre eles.[160] Pouco despois do asasinato de Kennedy, o seu sucesor Lyndon Johnson outorgoulle o premio a Oppenheimer, "polas súas contribucións á física teórica como profesor e creador de ideas, e polo seu liderado do Laboratorio de Los Álamos e do programa de enerxía atómica durante anos críticos".[161] Oppenheimer díxolle a Johnson: "Creo que é case posible, señor Presidente, que vostede tivese que tirar dun pouco de caridade e coraxe para outorgar hoxe este premio".[162] A rehabilitación que este premio implicou foi en parte simbólica, xa que Oppenheimer seguía tendo denegado o permiso de seguridade e non podía exercer ningún efecto en políticas oficiais, pero o premio ía acompañado dun estipendio de 50 000 $ libres de impostos, e o feito de ser Oppenheimer o premiado provocou a ira de moitos republicanos no Congreso. Jacqueline Kennedy, cando aínda vivía na Casa Branca, quixo reunirse con Oppenheimer para contarlle o grande interese que o seu marido tivera en outorgarlle a medalla.[163] En 1959, exercendo aínda como senador, Kennedy tivo un papel instrumental na votación que lle denegou unha posición importante no goberno a Lewis Strauss como Secretario de Comercio, o que supuxo o fin efectivo da carreira política de Strauss. Isto fora en parte debido a presión política exercida pola comunidade científica en favor de Oppenheimer.[164]

Cerimonia de entrega do Premio Enrico Fermi a Oppenheimer en 1963.

Oppenheimer foi diagnosticado cun cancro de gorxa a finais de 1965, e tras unha operación sen resultados comezou un tratamento de radioterapia e quimioterapia a finais de 1966, tamén sen éxito.[165] Caeu nun estado de coma o 15 de febreiro de 1967, e faleceu na súa casa de Princeton o 18 de febreiro, ós 62 anos de idade. O funeral tivo lugar no Alexander Hall da Universidade de Princeton unha semana despois, ó que asistiron uns 600 compañeiros científicos, políticos e militares, incluíndo a Bethe, Groves, Kennan, Lilienthal, Rabi, Smyth e Wigner. O seu irmán Frank e o resto da súa familia tamén asistiu, así como o historiador Arthur M. Schlesinger, Jr., o escritor John O'Hara e George Balanchine, director do New York City Ballet. Bethe, Kennan e Smyth deron cada un deles un breve discurso.[166] Oppenheimer foi incinerado e as súas cinzas colocadas nunha urna. A súa muller Kitty levou as súas cinzas a Saint John e lanzou a urna ó mar, preto da súa casa da praia.[167]

Cando Kitty faleceu a causa dunha infección intestinal que se lle complicara a causa dun embolia pulmonar en outubro de 1972, o rancho de Oppenheimer en Novo México pasou ó seu fillo Peter, e a casa da praia pasou á súa filla Katherine "Toni" Oppenheimer Silber. A Toni tamén lle denegaran o permiso de seguridade por mor da súa vocación como tradutora das Nacións Unidas despois de que o FBI levantase de novo os cargos en contra do seu pai. En xaneiro de 1977, tres meses despois de finalizar o seu segundo matrimonio, suicidouse á idade de 32 anos. No testamento cedeu a propiedade á "xente de St. John para que fose un parque público e unha área de recreo".[168]

Oppenheimer con Norris Bradbury en 1964

No momento en que Oppenheimer foi expulsado da súa posición de influencia política en 1954, pasou a ser un símbolo para moitos do equivocado que podían chegar a estar os científicos na crenza de que podían controlar o que outros farían coas súas investigacións. Tamén pasou a estar considerado como un símbolo dos dilemas involucrados na responsabilidade moral dos científicos no contexto das armas nucleares.[169] A súa auditoría de seguridade estivo impulsada tanto por políticos, que o consideraban un representante da administración previa, como polas opinións persoais de Lewis Strauss xurdidas da súa confrontación persoal.[170] O motivo máis ostensible da celebración da auditoría e a cuestión que aliñou a Oppenheimer cos intelectuais liberais, a súa oposición ó desenvolvemento da bomba de hidróxeno, baseouse tanto en cuestións técnicas como morais. Unha vez que as consideracións técnicas estiveron resoltas, el apoiou a bomba de hidróxeno de Teller xa que cría que a Unión Soviética conseguiría construír unha propia de todas as formas.[171] No lugar de opoñerse continuamente ás persecucións políticas de finais dos anos 1940 e comezos dos 1950, Oppenheimer testemuñou en contra dos seus antigos colegas e estudantes, tanto antes como durante a súa auditoría. Nun incidente particular, a súa testemuña acusatoria contra o seu anterior estudante Bernard Peters foi filtrada selectivamente á prensa. Os historiadores interpretaron isto como un intento por parte de Oppenheimer de compracer os seus colegas no goberno e quizais derivar a atención das súas antigas conexións de esquerdas. Finalmente isto converteríase nun problema cando estivo claro que se Oppenheimer dubidara realmente da lealdade de Peters, a súa recomendación para participar no Proxecto Manhattan tería sido imprudente e contraditoria.[172]

As representacións de Oppenheimer na cultura popular representaron a súa loita política como unha confrontación entre os militaristas de dereitas, simbolizados na figura de Teller, e os intelectuais de esquerdas, simbolizados por Oppenheimer, sobre a cuestión moral das armas de destrución masiva.[173] A cuestión da responsabilidade dos científicos con respecto á humanidade inspirou a obra teatral de 1955 Galileo de Bertolt Brecht, influenciou a obra Die Physiker de Friedrich Dürrenmatt , e foi a base da ópera de 2005 Doctor Atomic de John Adams, na que se representa a Oppenheimer como un Fausto moderno. A obra de Heinar Kipphardt titulada In the Matter of J. Robert Oppenheimer, tras ser emitida na televisión de Alemaña Occidental, estreouse nos teatros de Berlín e Múnic en outubro de 1964. Oppenheimer intercambiou correspondencia con Kipphardt presentándolle unha serie de obxeccións á obra, e este ofreceuse a facer correccións aínda que defendeu a obra.[174] A obra estreouse en Nova York en xuño de 1968, con Joseph Wiseman interpretando o papel de Oppenheimer. O crítico teatral do New York Times Clive Barnes cualificouna como unha "obra furiosa e partisana" que se aliñaba con Oppenheimer pero representábao como un "xenio tolo e tráxico".[175] Oppenheimer non recibiu ben esta representación da súa persoa, e tras ler unha transcrición da obra de Kipphardt ó pouco de estrearse, Oppenheimer ameazouno con presentarlle unha demanda legal alegando "improvisacións contrarias á historia e á natureza das persoas involucradas".[176] Posteriormente Oppenheimer declarou nunha entrevista:

A maldita cousa [a súa auditoría de seguridade] foi unha farsa, e esta xente está tentando convertelo nunha traxedia. ... Eu nunca dixen que me arrepentise de participar como responsable na creación da bomba. Dixen que quizais el [Kipphardt] se esqueceu de Gernika, Coventry, Hamburgo, Dresde, Dachau, Varsovia e Toquio, pero eu non, e se a el lle parecía tan difícil de entender, debería escribir unha obra sobre outra cousa.[177]

A serie de televisión da BBC de 1980 Oppenheimer, con Sam Waterston como protagonista, gañou tres premios BAFTA de Televisión.[178][179] The Day After Trinity, un documental de 1980 sobre Robert Oppenheimer e a construción da bomba atómica, foi nomeado para un Premio Oscar e recibiu un Premio Peabody.[180][181] A vida de Oppenheimer tamén se representou na obra Oppenheimer de Tom Morton-Smith.[182] A maiores das representacións na ficción, existen numerosas biografías sobre Oppenheimer, incluíndo American Prometheus: The Triumph and Tragedy of J. Robert Oppenheimer (2005) de Kai Bird e Martin J. Sherwin que gañou o Premio Pulitzer de Biografía ou Autobiografía de 2006.[183] No ano 2004 celebrouse en Berkeley unha conferencia e exhibición polo centésimo aniversario de Oppenheimer,[184] e os resultados desta recolléronse nunha publicación de 2005 baixo o título de Reappraising Oppenheimer: Centennial Studies and Reflections.[185] Os seus artigos están gardados e poden consultarse na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.[186]

In battle, in the forest, at the precipice in the mountains,
On the dark great sea, in the midst of javelins and arrows,
In sleep, in confusion, in the depths of shame,
The good deeds a man has done before defend him.

En batalla, no bosque, no precipicio das montañas,
No gran mar escuro, entre xavalinas e frechas,
No sono, na confusión, nas profundidades da vergoña,
As boas accións que un home ten feito antes deféndeno.

—Oppenheimer citando o Bhagavad Gita dous días antes da Proba Trinity[187]

Como científico, os seus colegas e estudantes recordárono como un investigador brillante e un profesor cativador, considerándoo o fundador da física teórica moderna nos Estados Unidos. Debido a que a súa atención científica adoitaba mudar rapidamente, nunca traballou o tempo suficiente nun só tema como para levalo a un fin completo como para gañar un Premio Nobel.[188] O gañador dun Nobel Luis Alvarez suxeriu que de ter vivido o suficiente como para ver as súas predicións confirmadas polos experimentos modernos, Oppenheimer gañaría o Premio Nobel polo seu traballo no colapso gravitacional relativo ás estrelas de neutróns e ós buratos negros.[189][190] En retrospectiva, moitos físicos e historiadores consideran este traballo como a súa contribución máis importante, aínda que non fose moi considerada por parte doutros científicos da súa época.[191] O físico e historiador Abraham Pais preguntoulle nunha ocasión a Oppenheimer que consideraba el como a súa contribución científica máis importante. Oppenheimer citou o seu traballo nos electróns e positróns, e non o traballo sobre a contracción gravitacional.[192] Oppenheimer foi nomeado ó Premio Nobel de Física en tres ocasións, nos anos 1945, 1951 e 1967, pero non gañou ningún deles.[193] O asteroide 67085 Oppenheimer recibiu este nome na súa honra,[194] ó igual que o cráter lunar Oppenheimer.[195]

Como conselleiro militar e político, Oppenheimer foi un líder tecnocrático no cambio de interaccións entre a ciencia e o exército e na emerxencia da Big Science. Durante a segunda guerra mundial os científicos involucráronse na investigación militar ata un punto sen precedentes. Por mor da ameaza que o fascismo supoñía para a civilización occidental, un gran número de científicos presentáronse como voluntarios para axudar tanto organizativa como tecnoloxicamente á causa aliada, dando como resultado ferramentas tan poderosas como o radar, a espoleta de proximidade ou a investigación operativa entre outras. A figura de Oppenheimer como físico teórico, intelectual e culto, que se involucrou como organizador militar, representou un cambio que axudou a descartar a idea de que os científicos tiñan "a cabeza nas nubes" e que o coñecemento de temas previamente considerados tan esotéricos como a composición do núcleo atómico non tiñan unha aplicación no "mundo real".[169]

No cinema

[editar | editar a fonte]

En 1989 o actor Dwight Schultz interpretou a Oppenheimer na película Fatman and Little boy.[196] Ese mesmo ano, no filme Day One interpretouno David Strathairn.[197] Unha adaptación do libro American Prometheus, biografía de Julius Robert Oppenheimer, levouse ao cinema en 2023 nun filme escrito, dirixido e producido polo cineasta británico Christopher Nolan baixo o título homónimo Oppenheimer, co actor Cillian Murphy no papel principal.[198]

Artigos destacados

[editar | editar a fonte]
  1. O significado da "J" en J. Robert Oppenheimer foi obxecto de discusión. Os historiadores Alice Kimball Smith e Charles Weiner resumiron a opinión histórica maioritaria na súa obra: Robert Oppenheimer: Letters and recollections. Na páxina 1 sinalaron que a "J" era sinónimo de "Julius", pero que o propio Robert Oppenheimer afirmou nunha entrevista realizada por Thomas S. Kuhn o 18 de novembro de 1963, arquivada no Arquive for the History of Quantum Physics, que o "J" non significaba nada. Peter Goodchild afirmou que o pai de Oppenheimer engadiu a inicial (sen significado) para dar un nome adicional a Robert, pero omitíu a fonte desta información. Porén, na súa partida de nacemento indícase o nome completo de "Julius Robert Oppenheimer".[1]
  2. /ˈɒpənˌhmər/
  3. 3,0 3,1 No orixinal en inglés:"Now I am become Death, the destroyer of worlds". Oppenheimer dixo estas palabras no documental de televisión The Decision to Drop the Bomb de 1965.[3] Oppenheimer leu o texto orixinal en sánscrito, pero realizou unha tradución propia. En literatura, adoita citarse como shatterer of worlds (en galego "destrutora" ou "borradora" de mundos), tal como apareceu por primeira vez na versión impresa da revista Time do 8 de decembro de 1948.[4] Máis tarde apareceu na obra de Robert Jungk, Brighter than a Thousand Suns: A Persoal History of the Atomic Scientists, de 1958,[5] que se baseaba nunha entrevista con Oppenheimer.[2]
  4. Por mor do subsecuente desenvolvemento do Modelo estándar, o muón considérase agora un leptón e non un mesón.[120]
Referencias
Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
  1. Bird & Sherwin 2005, p. 11
  2. 2,0 2,1 Hijiya 2000, pp. 123-124
  3. 3,0 3,1 "J. Robert Oppenheimer on the Trinity test". Atomic Arquive. 1965. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "The Eternal Apprentice". Time. 8 de novembro de 1948. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2013. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  5. 5,0 5,1 Jungk, Robert (1958). Brighter than a Thousand Suns: A Personal History of the Atomic Scientists. Nova York: Harcourt Brace. p. 201. ISBN 0-15-614150-7. OCLC 181321. 
  6. 6,0 6,1 Cassidy 2005, pp. 5–11
  7. Bird & Sherwin 2005, p. 10
  8. Bird & Sherwin 2005, p. 12
  9. Cassidy 2005, pp. 16, 145
  10. 10,0 10,1 Cassidy 2005, p. 35
  11. Cassidy 2005, pp. 23, 29
  12. Cassidy 2005, pp. 16–17
  13. Cassidy 2005, pp. 43–46
  14. Cassidy 2005, pp. 61–63
  15. Cassidy 2005, pp. 75–76, 88–89
  16. Cassidy 2005, pp. 90–92
  17. Cassidy 2005, p. 94
  18. Bird & Sherwin 2005, p. 46
  19. Smith & Weiner 1980, p. 91
  20. Bird & Sherwin 2005, pp. 35–36, 43–47, 51–52, 320, 353
  21. Smith & Weiner 1980, p. 135
  22. Cassidy 2005, p. 108
  23. Bird & Sherwin 2005, p. 60
  24. Cassidy 2005, p. 109
  25. Cassidy 2005, p. 112
  26. Cassidy 2005, pp. 115–116
  27. Cassidy 2005, p. 142
  28. 28,0 28,1 Cassidy 2005, pp. 151–152
  29. Bird & Sherwin 2005, pp. 73–74
  30. Bird & Sherwin 2005, p. 84
  31. Bird & Sherwin 2005, pp. 75–76
  32. "The Early Years". Universidade de California, Berkeley. 2004. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2007. Consultado o 23 de maio de 2008. 
  33. Conant 2005, p. 75
  34. Herken 2002, pp. 14–15
  35. Bird & Sherwin 2005, pp. 96–97
  36. Tradución do orixinal. En Bethe 1968 e Bethe 1997, p. 184
  37. Bird & Sherwin 2005, p. 91
  38. Conant 2005, p. 141
  39. 39,0 39,1 39,2 Bird & Sherwin 2005, p. 88
  40. Bethe 1968; Bethe 1997, p. 178
  41. Oppenheimer 1930
  42. Oppenheimer & Hall 1931
  43. Cassidy 2005, p. 173
  44. Dirac, P. (1928). "The quantum theory of the electron". Proceedings of the Royal Society of London. Series A 117 (778): 610–624. Bibcode:1928RSPSA.117..610D. JSTOR 94981. doi:10.1098/rspa.1928.0023. 
  45. Cassidy 2005, pp. 162–163
  46. Oppenheimer & Serber 1938
  47. Oppenheimer & Volkoff 1939
  48. Oppenheimer & Snyder 1939
  49. Bird & Sherwin 2005, pp. 89–90
  50. Bird & Sherwin 2005, p. 375
  51. Hijiya 2000, p. 133
  52. Oppenheimer & Rabi 1969, p. 7; Hijiya 2000, p. 166
  53. Rhodes, Richard (1977). "'I Am Become Death...': The Agony of J. Robert Oppenheimer". American Heritage. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2006. Consultado o 6 de maio de 2016. 
  54. Herken 2002, p. 12
  55. Bird & Sherwin 2005, pp. 104–107
  56. Bird & Sherwin 2005, p. 98
  57. Bird & Sherwin 2005, p. 128
  58. Cassidy 2005, pp. 184–186
  59. Bird & Sherwin 2005, pp. 111–113
  60. Bird & Sherwin 2005, pp. 154–160
  61. 61,0 61,1 Cassidy 2005, pp. 186–187
  62. Bird & Sherwin 2005, p. 164
  63. Bird & Sherwin 2005, pp. 231–233
  64. Bird & Sherwin 2005, pp. 232–234, 511–513
  65. "The Brothers". Time. 27 de xuño de 1949. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2008. Consultado o 22 de maio de 2008. 
  66. "FBI file: Katherine Oppenheimer". Federal Bureau of Investigation. 23 de maio de 1944. p. 2. Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  67. "A Life". Universidade de California, Berkeley. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2007. Consultado o 22 de maio de 2008. 
  68. 68,0 68,1 Haynes 2006, p. 147
  69. Teukolsky, Rachel (2001). "Regarding Scientist X" (PDF). Berkeley Science Review (1): 17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de setembro de 2006. Consultado o 08 de marzo de 2016. 
  70. United States Atomic Energy Commission 1954, p. 9
  71. Oppenheimer, J. R. (4 de marzo de 1954). "Oppenheimer's Letter of Response on Letter Regarding the Oppenheimer Affair". Nuclear Age Peace Foundation. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 22 de maio de 2008. 
  72. Strout, Cushing (1963). "Conscience, Science and Security: The Case of Dr. J. Robert Oppenheimer". Chicago: Rand McNally: 4. 
  73. "Chevalier to Oppenheimer, July 23, 1964". Brotherhood of the Bomb: The Tangled Lives and Loyalties of Robert Oppenheimer, Ernest Lawrence, and Edward Teller. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  74. "Excerpts from Barbara Chevalier's unpublished manuscript". Brotherhood of the Bomb: The Tangled Lives and Loyalties of Robert Oppenheimer, Ernest Lawrence, and Edward Teller. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  75. "Excerpts from Gordon Griffith's unpublished memoir". Brotherhood of the Bomb: The Tangled Lives and Loyalties of Robert Oppenheimer, Ernest Lawrence, and Edward Teller. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  76. Bird & Sherwin 2005, pp. 137–138
  77. Cassidy 2005, pp. 199–200
  78. Herken 2002, pp. 101–102
  79. 79,0 79,1 Bird & Sherwin 2005, pp. 249–254
  80. Bird & Sherwin 2005, pp. 195–201
  81. Groves 1962, p. 63
  82. Hewlett & Anderson 1962, pp. 44–49
  83. Hoddeson et al. 1993, pp. 42–44
  84. Hewlett & Anderson 1962, pp. 72–74
  85. Hewlett & Anderson 1962, pp. 81–82
  86. Groves 1962, pp. 61–63
  87. Bird & Sherwin 2005, pp. 185–187
  88. Groves 1962, pp. 66–67
  89. Smith & Weiner 1980, p. 227
  90. 90,0 90,1 Bird & Sherwin 2005, p. 210
  91. Hewlett & Anderson 1962, pp. 230–232
  92. 92,0 92,1 Bethe 1968; Bethe 1997, p. 190
  93. Hoddeson et al. 1993, pp. 226–229
  94. Hewlett & Anderson 1962, pp. 312–313
  95. Hoddeson et al. 1993, pp. 245–248
  96. Hoddeson et al. 1993, pp. 248–249
  97. "Nuclear Files: Library: Biographies: Robert Christy". Nuclear Age Peace Foundation. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2011. Consultado o 8 de marzo de 2011. 
  98. Hoddeson et al. 1993, p. 312
  99. Jones, Vincent (1985). Manhattan: The Army and the Atomic Bomb. Washington, D.C.: United States Army Center of Military History. pp. 530–532. 
  100. Rhodes, Richard (1986). The Making of the Atomic Bomb. Nova York: Simon & Schuster. pp. 642–643. ISBN 0-671-44133-7. OCLC 13793436. 
  101. Herken 2002, p. 119
  102. "Chapter 11. The Universal Form, Text 12". Bhagavad As It Is. Consultado o 19 de xullo de 2013. 
  103. "Chapter 11. The Universal Form, text 32". Bhagavad As It Is. Consultado o 24 de outubro de 2012. 
  104. Szasz, Ferenc M. (1984). The Day the Sun Rose Twice. Albuquerque: University of New Mexico Press. p. 88. ISBN 0-8263-0767-1. OCLC 10779209. 
  105. Monk 2012, pp. 456–457
  106. Monk 2012, pp. 467–468
  107. Monk 2012, p. 475
  108. Monk 2012, p. 476
  109. Monk 2012, pp. 494
  110. "J. Robert Oppenheimer, Atom Bomb Pioneer, Dies". New York Times. 19 de febreiro de 1967. Consultado o 1 de marzo 2011. 
  111. Cassidy 2005, p. 253
  112. "TIME Magazine Cover: Dr. Robert Oppenheimer". Time. 8 de novembro de 1948. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  113. Bird & Sherwin 2005, pp. 344–347
  114. Bird & Sherwin 2005, pp. 333–335
  115. Bird & Sherwin 2005, p. 351
  116. Bird & Sherwin 2005, pp. 360–365
  117. Bird & Sherwin 2005, p. 369
  118. Bird & Sherwin 2005, pp. 371–377
  119. Cassidy 2005, pp. 269–272
  120. Spangenburg, Ray; Moser, Diane (2004). Science Frontiers, 1946 to the Present. Nova York: Facts On File. pp. 41–44. ISBN 978-0-816-06880-7. OCLC 63147774. 
  121. Bird & Sherwin 2005, pp. 347–349
  122. Bird & Sherwin 2005, p. 353
  123. Cassidy 2005, pp. 264–267
  124. Hewlett & Duncan 1969, pp. 380–385
  125. Hewlett & Duncan 1969, pp. 406–409
  126. Bird & Sherwin 2005, p. 429
  127. Hewlett & Duncan 1969, pp. 535–537
  128. Polenberg, Richard (2002). In the Matter of J. Robert Oppenheimer: The Security Clearance Hearing. Ithaca, Nova York: Cornell University. pp. 110–111. ISBN 0-8014-3783-0. OCLC 47767155. 
  129. Stern 1969, p. 2
  130. Cassidy 2005, p. 286
  131. Bird & Sherwin 2005, pp. 394–396
  132. Cassidy 2005, pp. 282–284
  133. Hewlett & Anderson 1962, pp. 581–584
  134. Stern 1969, pp. 229–230
  135. United States Atomic Energy Commission 1954, pp. 3–7
  136. Broad, William J. (11 de outubro de 2014). "Transcripts Kept Secret for 60 Years Bolster Defense of Oppenheimer’s Loyalty". The New York Times. Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  137. "J. Robert Oppenheimer Personnel Hearings Transcripts". Department of Energy (DOE) OpenNet documents. Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  138. Cassidy 2005, pp. 313–319
  139. Stern 1969, pp. 337–338
  140. Bird & Sherwin 2005, pp. 532–534
  141. Bird & Sherwin 2005, pp. 514–519
  142. Cassidy 2005, pp. 320–324
  143. "Testimony in the Matter of J. Robert Oppenheimer". Nuclear Age Peace Foundation. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 11 de decembro 2010. 
  144. Polenberg, Richard. The Fortunate Fox.  En Carson & Hollinger 2005, pp. 267–268
  145. Polenberg, Richard. The Fortunate Fox.  En Carson & Hollinger 2005, pp. 268–272
  146. Bethe 1968, p. 27
  147. Haynes 2006, pp. 133–144
  148. Haynes, John Earl; Klehr, Harvey; Vassiliev, Alexander (2009). Spies: The Rise and Fall of the KGB in America. New Haven: Yale University Press. p. 58. ISBN 9780300155723. 
  149. Monk 2012, p. 244.
  150. Bird & Sherwin 2005, pp. 566–569
  151. Bird & Sherwin 2005, p. 573
  152. 152,0 152,1 Bird & Sherwin 2005, pp. 559–561
  153. "J. Robert Oppenheimer". Institute for Advanced Study. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2011. 
  154. Wolverton 2008, pp. 84–87
  155. Wolverton 2008, pp. 227–228
  156. Wolverton 2008, pp. 174–180
  157. Wolverton 2008, pp. 105–106
  158. Bethe 1997, p. 175–218
  159. "List of Fellows of the Royal Society". Royal Society. Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  160. Cassidy 2005, pp. 348–349
  161. "Lyndon B. Johnson – Remarks Upon Presenting the Fermi Award to Dr. J. Robert Oppenheimer". The American Presidency Project. Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  162. "Tales of the Bomb". Time. 4 de outubro de 1968. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 23 de maio de 2008. 
  163. Bird & Sherwin 2005, pp. 574–575
  164. Bird & Sherwin 2005, p. 577
  165. Bird & Sherwin 2005, pp. 585–588
  166. Cassidy 2005, pp. 351–352
  167. Bird & Sherwin 2005, p. 588
  168. Bird & Sherwin 2005, pp. 590–591
  169. 169,0 169,1 Thorpe, Charles (2002). "Disciplining Experts: Scientific Authority and Liberal Democracy in the Oppenheimer Case". Social Studies of Science 32 (4): 525–562. doi:10.1177/0306312702032004002. 
  170. Cassidy 2005, pp. 305–308
  171. Cassidy 2005, pp. 293–298
  172. Cassidy 2005, pp. 281–284
  173. Carson & Hollinger 2005, pp. 1–10
  174. "Playwright Suggests Corrections to Oppenheimer Drama". The New York Times. 14 de novembro de 1964. Consultado o 23 de maio de 2008. (require subscrición (?)). 
  175. Barnes, Clive (7 de xuño de 1968). "Theater: Drama of Oppenheimer Case". The New York Times. Consultado o 23 de maio de 2008. (require subscrición (?)). 
  176. "The character speaks out". Time. 11 de novembro de 1964. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2008. Consultado o 23 de maio de 2008. 
  177. Seagrave, Sterling (9 de novembro de 1964). "Play about him draws protests of Oppenheimer". The Washington Post. p. B8. 
  178. Canby, Vincent (23 de febreiro de 2011). "The Day After Trinity: Oppenheimer & the Atomic Bomb (1980)". New York Times. Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  179. "Oppenheimer (1980)". IMDb. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  180. "Peabody Award Winners" (PDF). University of Georgia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  181. "The Day After Trinity (1981)". IMDb. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  182. Billington, Michael (24 de xaneiro de 2015). "Oppenheimer five-star review – father of atomic bomb becomes tragic hero at RSC". The Guardian. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  183. "The 2006 Pulitzer Prize Winners – Biography or Autobiography". The Pulitzer Prizes. Consultado o 5 de marzo de 2011. 
  184. "J. Robert Oppenheimer Centennial at Berkeley". University of California, Berkeley. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2010. Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  185. Carson & Hollinger 2005
  186. "J. Robert Oppenheimer Papers" (PDF). Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América. Consultado o 23 de marzo de 2011. 
  187. Hollinger, David. Afterward.  En Carson & Hollinger 2005, p. 387
  188. Cassidy 2005, p. 175
  189. Kelly, Cynthia C. (2006). Oppenheimer and the Manhattan Project: Insights into J. Robert Oppenheimer, "Father of the Atomic Bomb". Hackensack, Nova Jersey: World Scientific. p. 128. ISBN 981-256-418-7. OCLC 65637244. 
  190. Feldman, Burton (2000). The Nobel Prize: A History of Genius, Controversy, and Prestige. Nova York: Arcade Publishing. pp. 196–198. ISBN 1-55970-537-X. 
  191. Hufbauer, Karl. J. Robert Oppenheimer's Path to Black Holes.  En Carson & Hollinger 2005, pp. 31–47
  192. Pais, Abraham (2006). J. Robert Oppenheimer: A Life. Oxford University Press. p. 33. ISBN 0-19-516673-6. OCLC 65637244. 
  193. Cassidy 2005, p. 178
  194. "Small-Body Database Browser 67085 Oppenheimer (2000 AG42)". Jet Propulsion Laboratory. Consultado o 27 de febreiro de 2011. 
  195. Anderson, Leif E.; Whitaker, Ewen A. (1982). NASA Catalogue of Lunar Nomenclature. Springfield, Virxinia: NASA. p. 54. OCLC 9424347. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]