Arno Allan Penzias
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Arno Allan Penzias | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de abril de 1933 |
Lugar de nacemento | Múnic |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Columbia, City College of New York e Brooklyn Technical High School |
Ocupación | astrónomo e físico |
Premios | Premio Nobel de Física, Prêmio Harold Pender, Medalha Henry Draper, Medalha Herschel, Fellow of the American Physical Society, Medalha IRI, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, George E. Pake Prize e Karl G. Jansky Lectureship |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Arno Allan Penzias, nado en Múnic, Alemaña, o 26 de abril de 1933, é un astrónomo e físico norteamericano, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1978.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos seis anos abandonou Alemaña mediante o Kindertransport, transporte establecido polo Reino Unido para evacuar os nenos xudeus durante o réxime nazi. Á chegada dos seus pais abandonou o Reino Unido e estableceuse coa súa familia en Nova York en 1940.
No ano 1946 conseguiu a cidadanía norteamericana, estudou física na Universidade de Columbia e en 1962 doutorouse nesta mesma universidade.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Iniciou a súa investigación científica nos Laboratorios Bell de Nova Jersey, xunto a Robert Woodrow Wilson, realizando melloras de funcionamento sobre as antenas convencionais. En 1964 de forma accidental atoparon unha fonte de ruído na atmosfera que non podían explicar. Tras afinar a recepción da antena, o ruído foi finalmente identificado como unha radiación cósmica de fondo de microondas ou CMB. Este achado foi unha confirmación inicial da Teoría do Big Bang exposta por George Gamow.
En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Robert Woodrow Wilson, polo seu descubrimento da Radiación cósmica de fondo. O premio foi compartido con Petr Kapitsa, aínda cando este por un traballo diferente.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arno Allan Penzias ![]() |