Cecil Frank Powell
Cecil Frank Powell | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nome completo | Cecil Frank Powell |
Nacemento | 5 de decembro de 1903 |
Lugar | Tonbridge, Kent, Inglaterra |
Falecemento | 9 de agosto de 1969 |
Lugar | Bellano, Lombardia, Italia |
Nacionalidade | Reino Unido |
Cónxuxe | Isobel Artner |
Actividade | |
Campo | Física |
Alma máter | Universidade de Cambridge, Universidade de Bristol, Sidney Sussex College e The Judd School |
Director de tese | Ernest Rutherford, Ralph H. Fowler e Charles Thomson Rees Wilson |
Contribucións e premios | |
Premios | Premio Nobel de Física en 1950 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cecil Frank Powell, nado o 5 de decembro de 1903 e finado o 9 de agosto de 1969, foi un físico británico.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Powell foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1950 polo seu desenvolvemento do método fotográfico de estudar os procesos nucleares e polo resultante descubrimento do pión (pi-mesón), unha partícula subatómica pesada. Os seus colaboradores no estudo, publicado en 1947, foron Giuseppe Occhialini, H. Muirhead e o mozo físico brasileiro César Lattes. O pión demostrou ser a partícula hipotética proposta en 1935 por Yukawa Hideki do Xapón na súa teoría de física nuclear.
Powell tamén foi galardoado coa Medalla de Ouro Lomonosov en 1967, e foi un asinante do Manifesto Russell-Einstein en 1955. Foi educado na Judd School, Tonbridge e o Sidney Sussex College, Cambridge.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía no sitio oficial dos Premios Nobel (en inglés)
- Centenary of particle pioneer Arquivado 23 de xuño de 2004 en Wayback Machine. (en inglés)
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |