Arthur Ashkin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arthur Ashkin
Arthur Ashkin EM1B5678 (44417135450).jpg
Nacemento2 de setembro de 1922
 Brooklyn
Falecemento21 de setembro de 2020
 Rumson
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Cornell, Universidade de Columbia e James Madison High School
Ocupaciónfísico
PremiosMedalha Frederic Ives, Prémio Harvey, Prêmio Eletrônica Quântica, Prêmio Charles Hard Townes, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Fellow of the American Physical Society, Premio Nobel de Física, membro da Optical Society e IEEE Fellow
editar datos en Wikidata ]

Arthur Ashkin, nado en Brooklyn o 2 de setembro de 1922 e finado o 21 de setembro de 2020, foi un científico estadounidense que traballou en Bell Laboratories e Lucent Technologies. Ashkin foi considerado como o pai das pinzas ópticas,[1][2][3] motivo polo cal foi galardoado co Premio Nobel de Física en 2018 á idade de 96, converténdose no Premio Nobel máis vello até que en 2019 lle foi concedido a John B. Goodenough, con 97 anos. Residía en Rumson, Nova Jersey.[4]

Ashkin comezou o seu traballo sobre a manipulación de micropartículas con luz láser a finais da década de 1960, o que resultou na invención de pinzas ópticas en 1986. Tamén foi pioneiro no proceso de captura óptica que finalmente se utilizou para manipular átomos, moléculas e células biolóxicas. O fenómeno clave é a presión de radiación da luz; esta presión pódese diseccionar en gradiente óptico e forzas de dispersión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Arthur Ashkin (biography)". LaserFest. American Physical Society, Optical Society, SPIE, and the IEEE Photonics Society. Consultado o 13 de agosto de 2013.  "LaserFest – the 50th anniversary of the first laser"
  2. McGloin, David; Reid, J. P. (1 de febreiro de 2010). "Forty Years of Optical Manipulation". Optics and Photonics News 21 (3): 20. ISSN 1047-6938. doi:10.1364/opn.21.3.000020. 
  3. Bjorkholm, John E. (2010). "Talk for the Arthur Ashkin Honorary Symposium: The Man and His Science". Frontiers in Optics 2010/Laser Science XXVI. Washington, D.C.: OSA. doi:10.1364/fio.2010.stud1. 
  4. Former Bell Labs scientist, 96, wins Nobel Prize for laser 'optical tweezers' 2 de outubro de 2018

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]