Jean Baptiste Perrin
Jean Baptiste Perrin | |
---|---|
![]() Jean Baptiste Perrin en 1926 | |
Datos persoais | |
Nacemento | 30 de setembro de 1870 |
Lugar | Lille, Francia |
Falecemento | 17 de abril de 1942 (71 anos) |
Lugar | Nova York, Estados Unidos |
Soterrado | Panteón de París |
Residencia | Francia |
Nacionalidade | ![]() |
Etnia | Pobo francés |
Cónxuxe | Henriette Perrin-Duportal |
Fillos | Francis Perrin |
Actividade | |
Campo | Física e química nuclear |
Alma máter | Escola Normal Superior de París Universidade de París |
Director de tese | Jules Violle |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Descubrimento da estrutura atómica |
Premios | Premio Nobel de Física en 1926 |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jean Baptiste Perrin, nado en Lille o 30 de setembro de 1870 e finado en Nova York o 17 de abril de 1942, foi un físico-químico francés galardoado co Premio Nobel de Física en 1926.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cursou estudos na Escola Normal Superior de París, sendo posteriormente profesor da mesma desde 1891. En 1910 incorporouse á Universidade de París como profesor de físico-química, que dirixiu desde 1927 a 1940.
Durante a I Guerra Mundial serviu no exército francés. En 1923 foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia. En 1936 foi desigando subsecretario de Estado para asuntos científicos no Goberno da Fronte Popular de Léon Blum.
En 1940 trasladouse aos Estados Unidos, participando no movemento chamado Francia Libre e dirixiu o departamento científico da Escola Libre de Estudos Superiores de Nova York.
Foi o pai de Francis Perrin, tamén físico, especialista en fisión nuclear, quen dirixiu a Comisión para a Enerxía Atómica de Francia (CEA) de 1951 a 1970.
Jean Baptiste faleceu o 17 de abril de 1942 en Nova York, sendo transportadas as súas cinzas o 17 de novembro de 1948 ao Panteón de París.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

En 1895 demostrou que os raios catódicos estaban construídos con corpúsculos con carga eléctrica negativa. En 1908 calculou de forma exacta o número de Avogadro (número de moléculas contidas nun centímetro cúbico de gas en condicións normais). Tamén explicou a enerxía solar como consecuencia das reaccións termonucleares do hidróxeno.
Membro das Conferencias Solvay de 1911 e 1927, en 1926 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos relativos á discontinuidad da materia e polo descubrimento do equilibrio de sedimentación.
Obra[editar | editar a fonte]
- Les principes. Exposé de thermodynamique (1901)
- Traité de chimie physique. Les principes (1903)
- Les preuves de la réalité moléculaire (1911)
- Les atomes (1913, 1936)
- Matière et Lumière (1919)
- Les éléments de la physique (1929)
- L'orientation actuelle des sciences (1930)
- Les formes chimiques de transition (1931)
- La recherche scientifique (1933)
- Grains de matière et grains de lumière (1935)
- L'organisation de la recherche scientifique en France (1938)
- À la surface des choses (1940-1941)
- La science et l'espérance (1948)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean Baptiste Perrin |