Vitali Ginzburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitaly Ginzburg
Vitali Lázarevich Gínzburg
Виталий Лазаревич Гинзбург
Datos persoais
Nacemento4 de outubro de 1916
LugarMoscova, Imperio Ruso
Falecemento8 de novembro de 2009
LugarMoscova
CausaInsuficiencia cardíaca
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeRusa
CónxuxeOlga Zamsha Ginzburg e Nina Yermakova Ginzburg
Actividade
CampoFísica
Alma máterFacultade de Ciencias Físicas da Universidade Estatal de Moscova
Director de teseIgor Tamm
Contribucións e premios
Coñecido porSupercondutores
Superfluídos
PremiosPremio Nobel de Física (2003)
Premio Wolf en Física (1994)
editar datos en Wikidata ]

Vitali Lázarevich Ginzburg, nado en Moscova, Rusia o 4 de outubro de 1916, finado en Moscova o 8 de novembro de 2009, foi un físico teórico e astrofísico ruso. Obtivo o Premio Nobel de Física no 2003 polas súas contribucións á teoría dos supercondutores e dos superfluídos. Foi un declarado activista ateo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1938 graduouse na Facultade de Ciencias Físicas da Universidade Estatal de Moscova. Defendeu a súa candidatura ao grao de doutor (PhD) en 1940 e a súa tese doutoral en 1942. Dende 1940 pertenceu ao Instituto Lébedev de Física de Moscova da Academia Rusa de Ciencias, sendo entre os anos 1971 e 1988 sucesor de Ígor E. Tamm á fronte do Departamento Teórico. Dende 1945 foi profesor a tempo parcial da Universidade Estatal de Gorkii, e dende 1968 do Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova. Foi elixido membro estranxeiro de nove Academias de Ciencias (ou institucións equivalentes) como a Real Sociedade de Londres (1987), a Academia Nacional Americana de Ciencias (1981) e a Academia Americana de Artes e Ciencias (1971).

É autor de varios centos de artigos científicos e máis dunha ducia de libros. Os seus eidos de traballo inclúen a materia condensada, a física de plasmas e a astrofísica. En materia condensada destacan as súas contribucións á teoría da supercondutividade (teoría de Ginzburg-Landáu), transicións de fase, e ferroelectricidade. Na física de plasmas, á teoría de propagación de ondas, emisión sincrotrón, e radiación de transición; e en astrofísica, unha teoría sobre a orixe dos raios cósmicos, e a teoría de emisión de radio dos púlsares. Nos anos cincuenta viuse involucrado no proxecto soviético da bomba de hidróxeno.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BONET, Pilar (10 de novembro de 2009). ELPAÍS.com, ed. "Obituario, Vitali Ginzburg" (en español). Consultado o 26 de novembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Obituarios