Bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nube atómica a xeito de fungo producida pola detonación sobre Hiroshima, o 6 de agosto de 1945.

Os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki foron uns ataques nucleares que tiveron lugar o 6 e 9 de agosto de 1945 contra o Imperio do Xapón, obra dos Estados Unidos de América despois de que os dirixentes xaponeses decidiran ignorar o ultimato de Potsdam. Finalmente, despois de seis meses de intenso bombardeo sobre outras 67 cidades xaponesas, a bomba nuclear "Little Boy" lanzouse en Hiroshima o luns 6 de agosto de 1945, seguida o 9 de agosto por "Fat Man", lanzada sobre Nagasaki. O cesamento das hostilidades foi efectivo 6 días despois, o 15 de agosto. A segunda guerra mundial finalizou oficialmente menos dun mes máis tarde pola sinatura do acto de capitulación do Xapón o 2 de setembro de 1945. Son os únicos bombardeos nucleares que tiveron lugar en tempo de guerra.

O número de falecidos é difícil de cuantificar e só se dispoñen de estimacións. As bombas asasinaron a cando menos 140.000 persoas en Hiroshima e 90.000 en Nagasaki, deica a fin de 1945 (no propio día do bombardeo calcúlanse uns 70.000 mortos en Hiroshima[1] e 40.000 en Nagasaki[2]). A isto engádense os falecementos aparecidos máis tarde debido a diversos tipos de cancros e de patoloxías, atribuídas á exposición á radiación liberada polas bombas[3]. En total, contabilizando o día do bombardeo, calcúlase que nos 5 anos seguintes os mortos superaron os 200.000 en Hiroshima e os 140.000 en Nagasaki[1][2]. Practicamente a totalidade de falecidos eran civís.

Os superviventes das explosións, os hibakusha, tornáronse o símbolo dunha loita contra a guerra e as armas atómicas a través do mundo. Máis tarde Xapón adoptaría os tres principios anti-nucleares de non posesión, non produción, e a prol do desarmamento mundial de armas atómicas.

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.