Saltar ao contido

Ivar Giaever

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIvar Giaever

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1929 Editar o valor en Wikidata
Bergen Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 2025 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Schenectady Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Politécnico Rensselaer
Clare Hall
Instituto Noruegués de Tecnoloxía
Hamar katedralskole Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, supercondutividade, semicondutor, biofísica, física do estado sólido, inmunoloxía, cultivo de tecidos, matemática aplicada e física de capas finas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, científico, enxeñeiro, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Politécnico Rensselaer Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enFísica Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Джайевер Айвар)
Enciclopedia soviética xeorxiana, (vol:11, p.532)
Fiziki, (p.111) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm8459302 Enciclopedia Galega Universal: 130338 Musicbrainz: b864c25e-4262-40e6-87ff-7aa33eff2e8c Editar o valor en Wikidata

Ivar Giaver, en noruegués escrito como Ivar Giæver, nado en Bergen o 5 de abril de 1929 e finado en Schenectady o 20 de xuño de 2025,[1] foi un físico estadounidense, de orixe norueguesa, galardoado en 1973 co Premio Nobel de Física.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou enxeñaría industrial no Instituto Tecnolóxico de Noruega, licenciándose en 1952 en física. En 1954 emigrou ao Canadá, onde foi empregado da división canadense da General Electric, trasladándose dous anos despois aos Estados Unidos. Naqueles momentos estudou física no Instituto Politécnico Rensselaer, doutorándose en 1964, ano no que conseguiu a nacionalidade estadounidense.

Interesado no efecto túnel sobre os semicondutores e supercondutores, demostrou como o paso de electróns a través dun díodo cunha fina capa de óxido producía o fenómeno coñecido como supercondutividade. En 1973 compartiu o Premio Nobel de Física con Leo Esaki e Brian David Josephson polos seus traballos na física do estado sólido.

  1. "Nobel Prize winner Ivar Giæver has died". vg.no (en noruegués). 3 de xullo de 2025. Consultado o 3 de xullo de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]