Masatoshi Koshiba
Masatoshi Koshiba | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de setembro de 1926 |
Lugar de nacemento | Toyohashi |
Falecemento | 12 de novembro de 2020 |
Lugar de falecemento | Toquio |
Nacionalidade | Xapón |
Alma máter | Universidade de Toquio, Universidade de Meiji, Universidade de Rochester e Kanagawa Prefectural Yokosuka High School |
Ocupación | físico, catedrático e investigador |
Premios | Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Orden da Cultura, Premio Nobel de Física, Medalla Benjamin Franklin, Order of the Rising Sun, 1st class, Premio Wolf en Física, Humboldt Research Fellowship, Pessoa de Mérito Cultural, Asahi Prize, Fellow of the American Physical Society, Prêmio Panofsky, Prêmio Humboldt, Fellow of Bangladesh Academy of Sciences e Prêmio Nishina |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Masatoshi Koshiba, 小柴 昌俊, こしば まさとし, nado en Toyohashi (Prefectura de Aichi) o 19 de setembro de 1926 e finado o 10 de novembro de 2020,[1] foi un físico xaponés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doctorouse en física na Universidade de Rochester, Nova York, no 1955. Pasou a ser investigador asociado na Universidade de Chicago e logo paso á Universidade de Toquio.
Gañou o Premio Nobel de Física en 2002 xunto con Raymond Davis Jr e Riccardo Giacconi, polas súas contribucións pioneiras en astrofísica, en particular pola detección de neutrinos cósmicos.
Na década de 1980 Koshiba continuando os traballos iniciados polo químico norteamericano Raymond Davis Jr. vai construír un detector soterráneo de neutrinos nunha mina de cinc, na Prefectura de Gifu, no Xapón central, Kamiokande II, un tanque enorme de auga (3000 toneladas, a 1000 m de profundidade) rodeado por detectores electrónicos (tubos fotomultiplicadores) para detectar os fluxos de luz que se producen cando os neutrinos interaccionan reciprocamente cos núcleos atómicos en moléculas de auga. Confirmou os resultados de Davis, que o Sol produce neutrinos e que se atoparon menos dos que se agardaba.
En 1987 Koshiba atopou neutrinos na explosión dunha supernova na Gran Nube de Magalláns. En 1996 cun detector máis sensible, Super-Kamiokande, Koshiba atopou evidencias do que os científicos xa sospeitaban, os neutrinos, dos cales se coñecen tres tipos, cambian de tipo no seu desprazamento a través do espazo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Japanese physicist Masatoshi Koshiba, 2002 Nobel Prize laureate, dies at 94". Mainichi Daily News (en inglés). 2020-11-13. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-13.
}