Leona Woods
Leona Woods | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de agosto de 1919 |
La Grange | |
Falecemento | 10 de novembro de 1986 |
Santa Monica | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | apostasy in Catholicism |
Alma máter | Lyons Township High School e Universidade de Chicago |
Ocupación | científico nuclear, escritora, física, profesora universitaria e química |
Cónxuxe | Willard Frank Libby |
Premios | Fellow of the American Physical Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Leona Harriet Woods, nada en LaGrange (Indiana) o 9 de agosto de 1919 e finada o 10 de novembro de 1986 en Santa Monica (California) coñecida posteriormente como Leona Woods Marshall, Leona Woods Marshall Libby e Leona Marshall Libby, foi unha física estadounidense que contribuíu na construción do primeiro reactor nuclear e a primeira bomba atómica durante o Proxecto Manhattan.
Con 23 anos de idade converteuse na persoa máis nova e na única muller en formar parte do equipo que construíu o primeiro reactor nuclear, o Chicago Pile-1, nun proxecto liderado polo seu mentor Enrico Fermi. Woods tivo un papel significativo na construción e utilización de contadores Geiger para as análises dos experimentos. Xunto co seu primeiro esposo John Marshall axudou a solucionar o problema do envelenamento por xenon na planta de produción de plutonio de Hanford, e supervisou a construción e operación dos reactores de produción de Hanford.
Trala guerra traballou no Institute for Advanced Study en Princeton, New Jersey, no Laboratorio Nacional de Brookhaven e na Universidade de Nova York. A súa investigación centrouse na física de alta enerxía, na astrofísica e na cosmoloxía. En 1966 divorciouse de Marshall e casou de novo co premio Nobel Willard Libby. Pasou a ser profesora na Universidade de Colorado e membro de RAND Corporation. Nos seus últimos anos de vida interesouse polos problemas ecolóxicos e ambientais, deseñando un método de uso de proporcións de isótopos en tres aneis para o estudo do cambio climático.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leona Woods ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fermi, Laura (1954). Atoms in the Family: My Life with Enrico Fermi. Chicago, Illinois: University of Chicago Press. OCLC 537507.
- Libby, Leona Marshall (1979). The Uranium People. New York: Crane, Russak. ISBN 0-8448-1300-1. OCLC 4665032.
- Sanger, S. L.; Wollner, Craig (1995). Working on the Bomb: an Oral History of WWII Hanford. Portland, Oregon: Portland State University. ISBN 0-87678-115-6. OCLC 34034740.
- Wayne, Tiffany K. (2011). American Women of Science since 1900 Vol. 2, I-Z. Santa Barbara, California: ABC-CLIO. ISBN 1-59884-158-0. OCLC 775854668.
- Ware, Susan; Braukman, Stacy Lorraine (2004). Notable American Women: a Biographical Dictionary Completing the Twentieth Century. Cambridge, Massachusetts: Belknap Press. ISBN 0-674-01488-X. OCLC 56014756.
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |