Max Born

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Max Born
Max Born.jpg
Nacemento 11 de decembro de 1882
Lugar Wrocław
Falecemento 5 de xaneiro de 1970
Lugar Gotinga
Soterrado Stadtfriedhof de Göttingen
Nacionalidade Reich Alemão e Reino Unido
Alma máter Universidade de Gotinga, Universidade de Heidelberg, Universidade de Wrocław, Universidade de Zúric e Gonville and Caius College
Ocupación físico, matemático, académico, catedrático de universidade, escritor de non ficción e físico teórico
Premios membro da Royal Society, Grand Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Premio Nobel de Física, Medalha Max Planck e Medalha Hughes
editar datos en Wikidata ]

Max Born, nado en Wrocław (Polonia) o 11 de decembro de 1882 e finado en Göttingen (Alemaña) o 5 de xaneiro de 1970, foi un matemático e físico británico, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1954 pola súas investigacións en mecánica cuántica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Wrocław, hoxe en día sita en Polonia, mais que naqueles momentos formaba parte do Imperio Alemán. Estudou bacharelato no König-Wilhelm-Gymnasium e posteriormente matemáticas e física na Universidade de Wrocław, Heidelberg e Zürich, doutorándose no ano 1906 en Göttingen. Profesor nas universidades de Berlín, Frankfurt-am-Main, Göttingen, Cambridge e Edimburgo, en 1939 foi admitido como membro da Royal Society británica.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Quinta Conferencia Solvay (1927). Podemos ver a Max Born o segundo da segunda fila empezando pola dereita, sentado entre Louis-Victor de Broglie e Niels Bohr

Entre 1915 e 1919 foi profesor de física teórica na Universidade de Berlín, onde coñeceu e relacionouse con Albert Einstein.

A partir de 1921, na Universidade de Göttingen, iniciou as súas investigacións científicas xunto ao seu asistente Werner Heisenberg e relacionándose tamén con Wolfgang Pauli. Ambos físicos formularon a representación mecánica da matriz do quanto a partir dun primeiro borrador de Heisenberg no cal formulaba a teoría do quanto evitando as representacións concretas, mais inobservábeis da órbita do electrón usando parámetros como a probabilidade da transición. Diante deste feito, Born recoñeceu que a formulación podía ser transcrita na lingua das matrices, que aprendera xunto a David Hilbert.

En 1933, Born abandonou Alemaña para refuxiarse na Universidade de Cambridge pola súa orixe xudía, aínda cando el profesaba a relixión luterana, así como polo seu pacifismo. En 1936 foi nomeado profesor de Filosofía Natural na Universidade de Edimburgo, cargo que desenvolveu até o ano 1953.

En 1954 volveu ao seu país e foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Walther Bothe, polas súas investigacións na mecánica cuántica, especialmente no estudo da función das ondas. En 1955 foi un dos 11 científicos e intelectuais que asinaron o Manifesto Russell-Einstein.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]