William Alfred Fowler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Alfred Fowler
William A. Fowler Los Alamos ID.png
Nacemento 9 de agosto de 1911
  Pittsburgh, Pensilvania
Falecemento 14 de marzo de 1995
  Pasadena
Nacionalidade Estados Unidos de América
Alma máter Instituto Tecnolóxico de California e Universidade do Estado de Ohio
Ocupación astrónomo, físico e catedrático de universidade
Coñecido/a por Artigo B²FH
Premios cabaleiro da Lexión de Honra, Bolsa Guggenheim, Premio Nobel de Física, Henry Norris Russell Lectureship, Medalha Eddington, Medalha Nacional de Ciências, Medalha Bruce, Prêmio Tom W. Bonner de Física Nuclear, Prêmio Vetlesen, Prêmio Memorial Richtmyer e Fellow of the American Physical Society
editar datos en Wikidata ]

William Alfred "Willie" Fowler, nado en Pittsburgh, EUA o 9 de agosto de 1911, finado en Pasadena o 14 de marzo de 1995, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1983.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou física na The Ohio State University e conseguiu o doutoramento en física nuclear no Instituto Tecnolóxico de California.

A publicación en 1957 do seu artigo Synthesis of the Elements in Stars, realizado con Margaret Burbidge, Geoffrey Burbidge e Fred Hoyle, conseguiu explicar como a abundancia de todos os elementos químicos nas estrelas podían ser explicados polo proceso de nucleosíntese.

Fowler gañou o Henry Norris Russell Lectureship da Sociedade Astronómica Americana en 1963, a medalla Eddington en 1978, a medalla Bruce en 1979 e, finalmente en 1983, foi recoñecido co Premio Nobel de Física polos seus estudos sobre os procesos importantes na estrutura e evolución das estrelas, premio que compartillou co físico indio Subrahmanyan Chandrasekhar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]