Max von Laue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Max von Laue

Max von Laue (n.Pfaffendorf, Alemaña, 9 de outubro de 1879 - † Berlín, 24 de abril de 1960) foi un físico alemán galardoado co Premio Nobel de Física en 1914.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou nas universidades de Estrasburgo, Gotinga e Múnic, sendo discípulo de Max Planck. Posteriormente, a partir de 1912 foi profesor de física na Universidade de Zúric e entre 1919 e 1943 director de física teórica na Universidade de Berlín. Tras a súa xubilación en 1943 recibiu o nomeamento de profesor honorario na Universidade de Gotinga.

Max von Laue morreu o 24 de abril de 1960 en Múnic como consecuencia das feridas producidas por un accidente de coche o día 8 de abril.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Desenvolveu un método para medir a lonxitude de onda dos raios X, utilizando, por primeira vez, cristais salinos delgados como retícula de difracción, chegando a demostrar que estes raios eran de natureza análoga aos da luz, pero non visibles, dado que a súa lonxitude de onda é extremada curta.

Así mesmo, traballou sobre os diagramas (imaxes simétricas) producidas nas placas fotográficas polos raios X que sufriron a reflexión ou a refracción nun material cristalino. Tamén investigou no campo da teoría da relatividade.

Max Laue e Adolf Scheibe

En 1914 foi galardoado co premio Nobel de Física polos seus descubrimentos da difracción dos raios X a través de cristais. Grazas a isto, fixo posible un mellor estudo da estrutura dos cristais (método chamado cristalografía de raios X)

Como escritor, a súa obra máis sobresaliente é Das Relativitätsprinzip (O principio da relatividade, 1911).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa honra bautizouse o cráter Laue da Lúa. O 12 de outubro de 1990 denominouse ao asteroide (10762) von Laue na súa honra sendo descuberto por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]