Jean-Baptiste Joseph Fourier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Baptiste Joseph Fourier
Jean-Baptiste Joseph Fourier
Datos persoais
Nacemento21 de marzo de 1768
 Auxerre
Falecemento16 de maio de 1830
 París
Alma máterÉcole normale e École Normale Supérieure
ProfesiónMatemático e físico
Na rede
WikiTree: Fourier-1 Find a Grave: 26657622 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jean-Baptiste-Joseph Fourier, nado o 21 de marzo de 1768 en Auxerre, finado o 16 de maio de 1830 en París, foi un matemático e físico francés coñecido polos seus traballos sobre a descomposición de funcións periódicas en series trigonométricas converxentes chamadas Series de Fourier, método co cal conseguiu resolver a ecuación da calor. A transformada de Fourier recibe o nome na súa honra. Foi o primeiro en dar unha explicación científica ao efecto invernadoiro nun tratado. Dedicóuselle un asteroide que leva o seu nome, descuberto en 1992.

Vida[editar | editar a fonte]

Estudou cos beneditinos na Escola Superior de Auxerre, pero abandonou o seu camiño monástico para centrarse no estudo das ciencias.

Participou na revolución francesa e, grazas á caída do poder de Robespierre, salvouse de ser guillotinado. Incorporouse á Escola Normal Superior de París, onde tivo entre os seus profesores a Joseph-Louis Lagrange e Pierre Simon Laplace. Posteriormente, ocupou unha cátedra na Escola Politécnica.

Fourier participou na expedición de Napoleón a Exipto en 1798. Nomeado secretario perpetuo do instituto de Exipto o 22 de agosto de 1798, presenta numerosas memorias e dirixe unha das comisións de exploración do Alto Exipto. Entre as distintas funcións políticas ou administrativas que levou a cabo, destaca a de comisario francés no Divan. Á morte do Xeneral en Xefe do Exército de Oriente Jean Baptiste Kléber a mans dun fanático sirio na súa residencia no Cairo, Jean-Baptiste Joseph Fourier, amigo e colaborador do Xeneral Kléber, é quen pronuncia o eloxio fúnebre, o 17 de xuño diante do Instituto de Exipto. Ao seu regreso a Francia en 1801, Napoleón noméao prefecto de Isère entre 1802 e 1815. Fourier presenta a Jean-François Champollion aos veteranos da expedición de Exipto.

Entrou na Academia de Ciencias Francesa en 1817 e ao cabo de cinco anos converteuse no secretario perpetuo das seccións de matemáticas e física.

Traballos[editar | editar a fonte]

Busto de Fourier en Grenoble

Foi en Grenoble onde centrou os seus experimentos sobre a propagación da calor que lle permiten modelar a evolución da temperatura a través de series trigonométricas. Estes traballos melloraron a modelaxe matemática de fenómenos físicos e contribuíron aos fundamentos da termodinámica.

Mais a simplificación excesiva que propoñen estas ferramentas foi moi debatida, principalmente por Pierre Simon Laplace e Joseph-Louis Lagrange.

Redacta o prefacio histórico da obra Description de l'Egypte e publica en 1822 a súa famosa Théorie Analytique de la Chaleur (Teoría Analítica da Calor). Seguidor da teoría matemática da condución da calor. Estabeleceu a ecuación diferencial parcial que goberna a difusión da calor solucionándoo polo uso de series infinitas de funcións trigonométricas. Nisto introduce a representación dunha función como unha serie de senos e cosenos, agora coñecidas como as series de Fourier.

O traballo de Fourier prové o ímpeto para máis tarde traballar en series trigonométricas e a teoría das funcións de variables reais.

Outro traballo importante de J. Baptiste J. Fourier foi o método de eliminación para a solución dun sistema de desigualdades, teoría moi usada actualmente para programación linear.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]