George Smoot
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) George Fitzgerald Smoot III 20 de febreiro de 1945 Yukon, Estados Unidos de América |
| Morte | 18 de setembro de 2025 7º distrito de París, Francia |
| Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Upper Arlington High School (en) |
| Director de tese | David H. Frisch (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Astrofísica, física e cosmoloxía |
| Ocupación | astrónomo, físico, astrofísico, cosmólogo, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de California, Berkeley |
| Membro de | |
| Obra | |
| Doutorando | Charley Lineweaver (en) |
| Familia | |
| Pai | George F. Smoot |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
George Fitzgerald Smoot III, nado en Yukon, Florida o 24 de febreiro de 1945 e finado en París o 18 de setembro de 2025,[1] foi un físico e astrónomo estadounidense. É doutor en Física polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e Profesor de Física na Universidade de Berkeley en California.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi galardoado, xunto con John C. Mather, co Premio Nobel de Física en 2006.
A súa principal contribución foi o estudo da radiación de fondo de microondas mediante o satélite artificial COBE demostrando que pouco despois do big-bang existían no Universo irregularidades que foron as sementes da posterior formación das galaxias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "In Memory – George Fitzgerald Smoot, III". AstroParticule & Cosmologie. Consultado o 25 de setembro de 2025.