Saltar ao contido

Frits Zernike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrits Zernike

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1888 Editar o valor en Wikidata
Ámsterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte10 de marzo de 1966 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Amersfoort, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Ámsterdam
Universidade de Groningen Editar o valor en Wikidata
Director de teseAndreas Smits (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario, inventor, matemático, químico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Groningen, hoogleraar (en) Traducir (1920–1920)
Universidade de Groningen, Lector (1915–1920) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoChristoffel Jacob Bouwkamp, Herman Johannes de Boer, Harold Hopkins (pt) Traducir, Bernard Roelof Andries Nijboer, Hendrik Groendijk e Clasine van Winter Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLena Koperberg-Baanders (1954–)
Dora van Bommel van Vloten (1930–1945) Editar o valor en Wikidata
FillosFrits Zernike Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnne Zernike
Elisabeth Zernike Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Цернике Фриц)
Enciclopedia soviética armenia
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.293) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Zernike-1

Frits Zernike, nado en Ámsterdam, Países Baixos, o 16 de xullo de 1888 e finado o 10 de marzo de 1966 en Amersfoort, foi un físico neerlandés gañador do Premio Nobel de Física o ano 1953 pola súa invención do microscopio de contraste de fases.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Herdou do seu pai, mestre de matemáticas, a súa paixón pola física, licenciándose en química, física e matemáticas pola Universidade de Ámsterdam. En 1913 conseguiu ser asistente do astrónomo Jacobus Kapteyn no laboratorio astronómico da Universidade de Groningen, sendo nomeado o ano 1920 profesor de física teórica e mecánica cuántica.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Interesado na óptica, o 1930 iniciou os seus estudos sobre as liñas espectrais, creando no ano 1932 o primeiro microscopio de contraste de fases. A súa invención, que constituíu unha gran mellora en comparación coa teoría clásica do microscopio establecida por Ernst Karl Abbe, baseouse en que a luz reflectida por unha superficie metálica experimenta varios cambios de fase. Así mesmo describiu a aberración óptica nos microscopios e telescopios.

No ano 1953 foi galardoado co Premio Nobel de Física pola invención do microscopio de constraste.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En honra súa denominouse o cráter Zernike da Lúa, así como a asteroide (11779) Zernike descuberto o 16 de outubro de 1977 por Cornelis Johannes van Houten, Ingrid van Houten-Groeneveld e Tom Gehrels.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]