Kai Siegbahn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kai Siegbahn
Nobel prize medal.svg
Kai Manne Börje Siegbahn.jpg
Kai Manne Börje Siegbahn
Datos persoais
Nome completoKai Manne Börje Siegbahn
Nacemento20 de abril de 1918
LugarLund
Falecemento20 de xullo de 2007
LugarÄngelholm
Soterradocemiterio vello de Uppsala
NacionalidadeSuecia
FillosPer Siegbahn
Actividade
Campofísico e profesor universitario
Alma máterUniversidade de Estocolmo
PremiosPremio Nobel de Física, Premio Björkén, Sixten Heyman Award, Premio Björkén e Torbern Bergman Medal
editar datos en Wikidata ]

Kai Manne Börje Siegbahn, nado en Lund o 20 de abril de 1918 e finado en Ängelholm o 20 de xullo de 2007, foi un físico sueco galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1981.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Lund, Suecia. O seu pai, Manne Siegbahn foi tamén Premio Nobel de Física en 1924. Kai Siegbahn doutorouse pola Universidade de Estocolmo en 1944. Foi profesor no Real Instituto de Tecnoloxía de Estocolmo entre 1951 e 1954 e posteriormente profesor de física experimental na Universidade de Uppsala entre 1954 e 1984.

Siegbahn faleceu en 2007 sendo aínda un investigador en activo no Laboratorio Ångström da Universidade de Uppsala.

Investigación científica[editar | editar a fonte]

Comezou a súa investigación na física atómica e na física molecular, desenvolvendo estudos sobre o plasma e a óptica electrónica. Posteriormente interesouse pola espectroscopia, e Siegbahn desenvolveu técnicas de análise química no láser espectroscópico de alta resolución creado por el mesmo.

Siegbahn obtivo o Premio Nobel de Física polo desenvolvemento dun método de espectroscopia electrónica para análise química (Electron Spectroscopy for Chemical Analysis (ESCA)), o que hoxe se coñece habitualmente como espectroscopia de fotoelectróns emitidos por raios X (X-ray photoelectron spectroscopy (XPS)). Compartiu o premio con Nicolaas Bloembergen e Arthur Schawlow polo seu traballo en espectroscopia. Especialmente, Siegbahn foi galardoado polas súas contribucións no desenvolvemento do láser espectroscópico de alta resolución.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Kai Siegbahn foi un dos editores orixinais da Encyclopedia of Analytical Chemistry Arquivado 16 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]