Steven Weinberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steven Weinberg
Steven weinberg 2010.jpg
Datos persoais
Nacemento 3 de maio de 1933 (84 anos)
Lugar Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia Asquenací e Pobo xudeu
Cónxuxe Louise Weinberg
Actividade
Campo físico, escritor, catedrático de universidade e físico teórico
Director de tese Sam Treiman
Premios Premio Nobel de Física, Humanist of the Year, Medalha Elliott Cresson, Medalha Oskar Klein, Medalha Nacional de Ciências, Prêmio Dannie Heineman de Física Matemática, Gibbs Lecture, James Joyce Award e J. Robert Oppenheimer Memorial Prize
editar datos en Wikidata ]
Steven Weinberg na Universidade Harvard.

Steven Weinberg, nado en Nova York o 3 de maio de 1933, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1979.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia xudía. Estudou no Bronx High School of Science, onde coñeceu a Sheldon Lee Glashow, e licenciouse en física en 1954 na Universidade Cornell. No ano 1957 conseguiu o doutoramento na Universidade de Princeton.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa colaboración con Sheldon Lee Glashow e Abdus Salam ao redor da interacción electrodébil, demostrando como o electromagnetismo e a forza nuclear débil baixo certas condicións son unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as partículas e non tanto só aos leptóns. En 1979 Weinberg, xunto con Sheldon Glashow e Abdus Salam, serían galardoados co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil.

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Gravitation and Cosmology: Principles and Applications of the General Theory of Relativity (1972)
  • The First Three Minutes: A Modern View of the Origin of the Universe (1977)
  • The Discovery of Subatomic Particles (1983)
  • Elementary Particles and the Laws of Physics: The 1986 Dirac Memorial Lectures (1987, realizada coa colaboración de Richard Feynman)
  • Dreams of a Final Theory: The Scientist's Search for the Ultimate Laws of Nature (1993)
  • Quantum Theory of Fields (3 volums: 1995, 1996 i 2003)
  • Facing Up: Science and its Cultural Adversaries (2001)
  • Glory and Terror: The Coming Nuclear Danger (2004)
  • Facing Up: Science and Its Cultural Adversaries (2003)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]