Percy Williams Bridgman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPercy Williams Bridgman
Nome orixinal(en) Percy Williams Bridgman Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1881
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte20 de agosto de 1961
Randolph, Nova Hampshire
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Newton North High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseWallace Clement Sabine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo
  • Física
  • Ocupaciónfísico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    AlumnosRobert Oppenheimer Editar o valor em Wikidata
    LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Obra
    DoutorandoEdwin C. Kemble (pt) Traducir e John Clarke Slater (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Familia
    CónxuxeOlive Ware
    Premios
    Premio Nobel de Física en 1946

    WikiTree: Bridgman-340 Find a Grave: 215250273 Editar o valor em Wikidata

    Percy Williams Bridgman, nado en Cambridge, Massachusets, o 21 de abril de 1881 e finado en Randolph, Nova Hampshire, o 20 de agosto de 1961, foi un físico e profesor universitario norteamericano, galardoado en 1946 co Premio Nobel de Física.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou física na Universidade Harvard, exercendo en 1919 como profesor nesta universidade. Foi membro da delegación estranxeira da Royal Society británica.

    Suicidouse logo de serlle diagnosticado un cancro.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    En 1905 iniciou as súas investigacións de certos fenómenos atmosféricos baixo a influencia da presión. Por mor dun mal funcionamento da maquinaria modificou a súa máquina de presión, e o resultado foi que inventara un novo enxeño, o cal lle permitiría crear presións por encima de 100.000 kg/cm². Isto supuxo unha mellora enorme respecto á instrumentación anterior, na cal as presións podían chegar soamente ata os 3000 kg/cm².

    Con este novo aparello investigou o efecto da presión sobre a resistencia eléctrica, e as condicións sólidas e fluídas baixo presión. Así mesmo tamén estudou a condución eléctrica en metais, as características de certos cristais e desenvolveu unha gran tarefa divulgativa.

    En 1946 foi galardoado co Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre a física de altas presións.

    Foi un dos 11 signatarios do manifesto Russell-Einstein realizado no ano 1955. Aquel mesmo ano sometendo grafito a presións de 20.000 a 30.000 atm a temperaturas de 3.000 °C obtivo diamantes sintéticos, a produción industrial dos cales foi empresa pouco despois.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]