Aleksandr Mikhailovich Prokhorov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksandr Mikhailovich Prokhorov
Nacemento11 de xullo de 1916
Lugar de nacementoAtherton
Falecemento8 de xaneiro de 2002
Lugar de falecementoMoscova
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Alma máterFaculty of Physics, State University of Saint Petersbourg, Lebedev Physical Institute e Universidade Estatal de San Petersburgo
Ocupaciónfísico, profesor universitario e editor literario
CónxuxeGalina Shelepina
PremiosPremio Estatal da URSS, Orde de Lenin, Medalla da vitoria sobre Alemaña na gran guerra patriótica 1941-1945, Heroe do Traballo Socialista, Orde da Guerra Patria de 1ª Clase, Premio Nobel de Física, Order "For Merit to the Fatherland" II class, Premio Lenin, Medalha "Pela Coragem" (Rússia), Medal "Veteran of Labour", Medalha de Ouro Lomonossov, Medalla conmemorativa do 850 aniversario de Moscova, Medalha Helmholtz, Medalha Frederic Ives, Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Council of Ministers of the Soviet Union Prize, Prêmio Demidov, Russian government prize for science and technology, Orde de Lenin, "Hammer and Sickle" gold medal, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, "Hammer and Sickle" gold medal, Order of Cyril and Methodius, State Prize of the Russian Federation, Council of Ministers of the Soviet Union Prize, Medalha do Jubileu "Em Comemoração ao 100.º Aniversário do Nascimento de Vladimir Ilitch Lenin", Jubilee Medal "Twenty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Jubilee Medal "Thirty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Jubilee Medal "Forty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Medalha do Jubileu de 50 anos das Forças Armadas da URSS, Medal "In Commemoration of the 800th Anniversary of Moscow" e Russian Federation Presidential Certificate of Gratitude
Na rede
WikiTree: Prokhorov-1 Find a Grave: 138368444 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aleksandr Mikhailovich Prokhorov[1] (en ruso: Александр Михайлович Прохоров), nado en Atherton (Australia) o 11 de xullo de 1916 e finado en Moscova 8 de xaneiro de 2002, foi un físico e profesor universitario soviético galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1964.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Australia, nunha familia de inmigrantes rusos. Os seus pais volveron á Unión Soviética en 1923. En xuño de 1941, empezou o seu servizo no Exército Vermello. Participou na segunda guerra mundial e foi ferido dúas veces. Logo da súa segunda ferida en 1944, foi desmobilizado.

Prokhorov foi físico e profesor na Universidade Estatal de Moscova. En 1964 compartiu o Premio Nobel de Física con Nikolai Basov e Charles Hard Townes, polo seu traballo pioneiro en láseres e máseres. Foi editor en xefe da Grande Enciclopedia Soviética desde 1969. Desde 1973 e ata 2001 Prokhorov foi presidente do Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova.

Despois da súa morte a Instituto de Física Xeral a Academia de Ciencias de Rusia foi renomeada por Instituto de Física Xeral A. M. Prokhorov da Academia de Ciencias de Rusia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén romanizado como Alexander Prochorow.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]