Pierre Curie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pierre Curie
Nobel prize medal.svg
Pierrecurie.jpg
Pierre Curie
Datos persoais
Nacemento 15 de maio de 1859
Lugar París, Flag of France.svg Francia
Falecemento 19 de abril de 1906
Lugar París, Flag of France.svg Francia
Residencia Francia
Nacionalidade Francesa
Cónxuxe Marie Curie
Actividade
Campo Física
Contribucións e premios
Coñecido por Radioactividade
Piezoelectricidade
Temperatura de Curie
Influído por Marie Curie
Premios Premio Nobel de Física (1903)
Medalla Davy (1903)
Foi marido e pai das tamén Premio Nobel Marie Curie e Irène Joliot-Curie, respectivamente.

Pierre Curie, nado en París o 15 de maio de 1859 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1906, foi un físico francés, pioneiro no estudo da radioactividade. Casado con Marie Curie, foi pai da tamén científica Irene Curie e da escritora e pianista Eve Curie.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o premio Nobel de Física coa súa muller Marie Curie, outra famosa física, en 1903 en recoñecemento dos extraordinarios servizos prestados en conxunto nas súas investigacións sobre a radiación descuberta polo profesor Henri Becquerel.

Descubriu a piezoelectricidade en 1880, estudou o magnetismo, e enunciou en 1894 o principio universal de simetría: as simetrías presentes nas causas dun fenómeno físico tamén se atopan nas súas consecuencias.

Morreu a raíz dun accidente en 1906, ao ser esmagada a súa cabeza polas rodas dun carro. Iso evitou seguramente a morte por efectos da radiación que agardou á súa muller posteriormente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Hendrik Lorentz
Pieter Zeeman
Premio Nobel de Física
Nobel prize medal.svg

1903
con
Marie Curie
e
Henri Becquerel
Sucesor:
John William Strutt

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pierre Curie

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.