George E. Smith
(2009) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de maio de 1930 White Plains, Estados Unidos de América |
| Morte | 28 de maio de 2025 Barnegat, Estados Unidos de América (pt) |
| Educación | Universidade de Chicago - Doutor en filosofía (–1959) Universidade de Pensilvania - graduado en ciencias (–1955) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física, compoñente electrónico, retoque fotográfico, historia da tecnoloxía, video technology (en) |
| Ocupación | físico, científico, fotógrafo, inventor |
| Empregador | Bell Labs |
| Membro de | |
| Interesado en | Física |
| Premios | |
| |
George Elwood Smith, nado en White Plains, Nova York o 10 de maio de 1930 e finado en Barnegat Township, New Jersey, o 28 de maio de 2025,[1] foi un físico estadounidense, coinventor xunto a Willard Boyle do sensor CCD, invención pola cal foron galardoados co Premio Nobel de Física de 2009.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Smith comezou os seus estudos na Universidade de Pensilvania, en 1955, e obtivo o seu doutoramento na Universidade de Chicago en 1959, disertando sobre un guión de só tres páxinas. Traballou nos Laboratorios Bell, en Murray Hill (Nova Jersey), desde 1959, até a súa xubilación en 1986, onde dirixiu investigacións sobre láseres e dispositivos semiconductores. Durante toda a súa carreira, Smith conseguiu ducias de patentes e dirixiu o departamento de VLSI de Bell.
En 1969, Smith e Willard Bayle inventaron o CCD, polo cal recibiron a medalla Stuart Ballantine do instituto Franklin, en 1973. Tamén recibiron o premio Memorial Morris N. Liebmann do IEEE, o premio Charles Stark Draper en 2006, e por último, o premio Nobel de Física en 2009.
Boyle e Smith eran grandes navegantes, que realizaban habitualmente travesías xuntos. Despois da súa xubilación, Smith, navegou ó redor do mundo coa súa esposa Janet, durante cinco anos.
Residiu en Waretown, Nova Jersey.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Loeb McClain, Dylan (30 de maio de 2025). "George E. Smith, Nobel Winner Who Created a Digital Eye, Dies at 95" (en inglés). The New York Times. Consultado o 30 de maio de 2025.
- ↑ El País (7 de outubro de 2009). "Nobel para os impulsores da fotografía dixital e a fibra óptica". Consultado o 12 de outubro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George E. Smith |