Diagnóstico médico

![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
En medicina, o diagnóstico[1] ou propedéutica clínica é o procedemento polo cal se identifica unha doenza, entidade nosolóxica, síndrome, ou calquera estado de saúde.
En termos da práctica médica, o diagnóstico é un xuízo clínico sobre o estado psicofísico dunha persoa; representa unha manifestación en resposta a unha demanda para determinar tal estado.
Diagnosticar é dar nome ó sufrimento do paciente; é asignar unha "etiqueta".[2]
Proceso diagnóstico[editar | editar a fonte]
O diagnóstico clínico require ter en conta os dous aspectos da lóxica, é dicir, a análise e a síntese, utilizando diversas ferramentas como a anamnese, a historia clínica, exploración física e exploracións complementarias.
O diagnóstico médico estabelece a partir de síntomas, signos e os achados de exploracións complementarias, que enfermidade padece unha persoa. Xeralmente, unha enfermidade non está relacionada dunha forma biunívoca cun síntoma, é dicir, un síntoma non é exclusivo dunha enfermidade. Cada síntoma ou achado nunha exploración presenta unha probabilidade de aparición en cada enfermidade.
O teorema de Bayes axuda ó diagnóstico dunha enfermidade a partir dos síntomas e outros achados que presenta o paciente se as doenzas son mutuamente excluíntes, coñécese as súas prevalencias e a frecuencia de aparición de cada síntoma en cada doenza. Segundo a prevalencia de cada enfermidade en cada poboación, un mesmo conxunto de síntomas ou síndrome pode producir un diagnóstico diferente en cada poboación, é dicir, cada síndrome pode estar producido por unha doenza diferente en cada poboación.
Ferramentas diagnósticas[editar | editar a fonte]

- Síntomas: Son as experiencias subxectivas negativas físicas que refire o paciente, recollidas polo médico na anamnese durante a entrevista clínica, cunha linguaxe médica, é dicir comprensible para todos os médicos. Por exemplo, os pacientes á sensación de falta de aire ou percepción incómoda e desagradable na respiración (dispnea), chámano afogo, angustia, fatiga, cansazo fácil...
- Signos: Son os achados obxectivos que detecta o médico observando ó paciente, por exemplo a taquipnea a máis de 30 respiracións por minuto. A semiótica médica ou semioloxía clínica é a parte da medicina que trata dos signos das enfermidades dende o punto de vista do diagnóstico e do prognóstico.
- Exploración física ou semiotécnica: Consiste en diversas manobras que realiza o médico sobre o paciente, sendo as principais a inspección, palpación, percusión, cheirar e auscultación, coas que se obteñen signos clínicos máis específicos.
Todos os síntomas referidos na anamnese e os signos obxetivados na exploración física son anotados na historia clínica do paciente.
Xeralmente, os signos e síntomas definen unha síndrome que pode estar ocasionado por varias doenzas. O médico debe formular unha hipótese sobre as enfermidades que poden estar a ocasionar a síndrome e para comprobar a certeza da hipótese solicita exploracións complementarias.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para diagnóstico.
- ↑ Gérvas J. Diagnóstico.[Ligazón morta]