Val Logsdon Fitch
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de marzo de 1923 Merriman, Estados Unidos de América |
| Morte | 5 de febreiro de 2015 Princeton, Estados Unidos de América |
| Educación | Universidade McGill Universidade do Noroeste Universidade Columbia Chadron State College (en) |
| Director de tese | James Rainwater |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física de partículas |
| Ocupación | científico nuclear, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Princeton |
| Membro de | |
| Interesado en | Física nuclear |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
| Conflito | Segunda Guerra Mundial |
| Participou en | |
| 1939 | Proxecto Manhattan |
| Obra | |
| Doutorando | Mark Strovink (en) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Fiziki, (p.278) |
Val Logsdon Fitch, nado en Merrimen, Nebraska, o 10 de marzo de 1923 e finado en Princeton, Nova Jersey o 5 de febreiro de 2015, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1980.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou enxeñaría na Universidade McGill, onde se licenciou en 1948. En 1954 doutorouse en física na Universidade de Columbia.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Durante a segunda guerra mundial participou no Proxecto Manhattan de Los Álamos.
Xunto a James Cronin realizou diversos experimentos acerca das reaccións subatómicas, observando como estas a miúdo non cumpren os principios fundamentais da simetría. Coa observación en 1964 da análise das partículas kaóns viron como as reaccións feitas en sentido inverso non seguían a mesma traxectoria que a reacción orixinal, o que mostrou que as interaccións das partículas subatómicas non son independentes do tempo. Esta formulación recibiu o nome de violación CP.
En 1980, xunto con Cronin, foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus descubrimentos acerca da violación dos principios da simetría na partícula kaón.