Martin Ryle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartin Ryle
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Brighton, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte14 de outubro de 1984 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
12º Astrónomo Real
1972 – 1982
← Richard van der Riet Woolley (pt) TraducirFrancis Graham-Smith (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónChrist Church College
Bradfield College
Trinity College
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Director de teseJohn Ashworth Ratcliffe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , astrofísico , físico , investigador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJohn Ashworth Ratcliffe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoNigel Henbest (pt) Traducir, Harry van der Laan, Peter M. Rentzepis (pt) Traducir, Andrew Stephen Wilson (en) Traducir, Gareth Wynn-Williams (en) Traducir, Peter L. Read (en) Traducir, Guy Gibson Pooley (en) Traducir e Peter Scheuer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJohn Ryle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: d1949872-47e6-4fde-aafd-e7b9eea99134 WikiTree: Ryle-29 Find a Grave: 21203 Editar o valor em Wikidata

Martin Ryle, nado en Brighton en 1918 e finado en Cambridge en 1984, foi un astrónomo británico galardoado co Premio Nobel de Física en 1974 xunto con Antony Hewish, converténdose nos primeiros astrónomos en conseguilo, polos seus traballos sobre radioastronomía e os púlsares.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 27 de setembro de 1918 na cidade inglesa de Brighton. Estudou física no Bradfield College e na Universidade de Oxford, onde se licenciou o ano 1939.

En 1952 foi nomeado membro da Royal Society, e en 1966 a Raíña Isabel II do Reino Unido concedeulle o título da Orde do Imperio Británico (sir).

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial traballou na realización dun equipo de radar no Telecommunications Research Establishment de Swanage de Dorset. En 1945 obtivo unha bolsa para formar parte do Laboratorio Cavendish da Universidade de Cambridge, onde iniciou os seus primeiros traballos no campo dos sinais de radio extraterrestres e no desenvolvemento de telescopios máis avanzados, con utilización dos principios do radar, converténdose nun dos principais impulsores na creación e mellora da interferometría astronómica e da síntese de abertura, que contribuíu a aumentar a calidade dos datos astronómicos en ondas de radio.

Entre 1948 e 1959 simultaneou a súa cátedra de física na Universidade de Cambridge coa dirección do Mullard Radio Astronomy Observatory. Os seus traballos centráronse no estudo das ondas de radio procedentes do Sol ou de estrelas próximas, que levaron ao descubrimento dos quásar. Nestas investigacións Ryle desenvolveu a técnica chamada síntese de abertura, co uso de diversos radiotelescopios instalados a distancias considerables uns dos outros, dispostos de maneira que se puidesen conseguir, polo procedemento interferométrico, resultados idénticos aos dun só aparello xigantesco. Este sistema foi o que facilitou en 1968 o descubrimento do primeiro púlsar.

Martin Ryle faleceu o 14 de outubro de 1984 na súa residencia de Cambridge.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]