Arthur Leonard Schawlow
Arthur Leonard Schawlow | |
---|---|
![]() Arthur Leonard Schawlow | |
Datos persoais | |
Nacemento | 5 de maio de 1921 |
Lugar | Mount Vernon |
Falecemento | 28 de abril de 1999 |
Lugar | Palo Alto |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo | físico, profesor universitario e inventor |
Alma máter | Universidade de Toronto e Vaughan Road Academy |
Premios | Premio Nobel de Física, Medalha Frederic Ives, Medalha Stuart Ballantine, Medalla Nacional de Ciencia, Premio Marconi, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Humboldt Research Fellowship, Prêmio Memorial Morris N. Liebmann IEEE, Medalha e Prêmio Young, Premio Memorial Richtmyer, Prêmio Humboldt e membro da Optical Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Arthur Leonard Schawlow, nado en Mount Vernon, Nova York, Estados Unidos, o 5 de maio de 1921 e finado en Palo Alto, Estados Unidos, o 28 de abril de 1999, foi un físico e profesor universitario estadounidense. É principalmente recordado polo seu traballo cos láseres, polo que foi galardoado en 1981 co Premio Nobel de Física.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É fillo de Helen Mason, canadense, e de Arthur Schawlow, inmigrante letón. Cando Arthur tiña tres anos, os seus pais trasladáronse a Toronto, Canadá.
Aos 16 anos rematou a educación secundaria e recibiu unha bolsa de estudos en ciencia na Universidade de Toronto. Nesta universidade continuou os seus estudos que foron interrompidos pola segunda guerra mundial. Despois da guerra, comezou a traballar na súa tese de doutoramento na Universidade de Toronto co profesor Malcolm Crawford. Ao rematar a súa tese, traballou como investigador posdoutoral con Charles Townes no departamento de física da Universidade de Columbia en 1949.
En 1951 aceptou un traballo nos Laboratorios Bell que deixou en 1961 para unirse á Universidade Stanford como profesor. Continuou neste posto ata que se retirou como emérito en 1996.
Schawlow morreu de leucemia en Palo Alto, California en 1999.
Investigación científica[editar | editar a fonte]
A súa carreira investigadora estivo centrada fundamentalmente na óptica, en particular nos láseres e no seu uso na espectroscopia. Con todo, tamén realizou investigacións nos campos da supercondutividade e da resonancia nuclear. Schawlow compartiu o Premio Nobel de Física en 1981 con Nicolaas Bloembergen e Kai Siegbahn polas súas contribucións ao desenvolvemento do láser espectroscópico.
En 1955, xunto con Charles Townes, conseguiu desenvolver o espectroscopio de microondas. Tamén con Townes, disputou, infrutuosamente, a patente do láser con Gordon Gould.
En 1991 a NEC Corporation e a Sociedade Americana de Física crearon un premio: o Premio Arthur L. Schawlow en Ciencia do Láser, que se concede anualmente a persoas que realizaran contribucións destacadas á investigación utilizando láseres.
Premios[editar | editar a fonte]
- 1963 - Young Medal and Prize, pola súa investigación no campo da óptica presentado polo Instituto de Física.
- 1981 - Premio Nobel de Física