John Robert Schrieffer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Robert Schrieffer

John Robert Schrieffer
Nome orixinal(en) John Robert Schrieffer Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1931 (92 anos)
Oak Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 2019 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Tallahassee, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade de Illinois
Director de teseJohn Bardeen Editar o valor em Wikidata
Coñecido porsupercondutividade
Teoría BCS
Actividade
Campo de traballoFísica
Ocupaciónfísico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade do Estado da Flórida (pt) Traducir (1992–2019)
Laboratorio Nacional de Los Álamos (1991–2006)
Universidade de Califórnia en Santa Bárbara (1980–1997)
Exxon Research & Engineering Company (en) Traducir (1979–2006)
Universidade de Pensilvania (1962–1979)
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign (1959–1962)
Universidade de Chicago (1957–1960)
Universidade de Birmingham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJohn Bardeen Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física (1972)

Musicbrainz: b4c208e0-1135-473d-8dfe-dd9cb2b0bf5a Find a Grave: 201581880 Editar o valor em Wikidata


John Robert Schrieffer, nado en Oak Park (Illinois) o 31 de maio de 1931 e finado en Tallahassee (Florida) o 27 de xullo de 2019, foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1972 polos seus estudos sobre supercondutividade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1940 a súa familia trasladouse a Manhasset, no estado de Nova York, e en 1947 a Eustis, Florida, onde o seu pai decidiu abandonar a súa profesión de farmacéutico e dedicarse á industria dos cítricos.

Tras licenciarse en física, despois de iniciar os estudos de enxeñería, no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts no 1953 baixo a supervisión de John C. Slater, iniciou un posgrao na Universidade de Illinois onde coñeceu a John Bardeen, do cal foi o seu asistente.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Tras resolver un problema teórico da condución eléctrica en superficies semicondutoras, Schrieffer pasou un ano no laboratorio, aplicando a teoría a varios problemas superficiais. No ano 1957, antes de finalizar os seus estudos, desenvolveu a Teoría BCS sobre a supercondutividade xunto con John Bardeen e Leon Cooper. Esta teoría describe como cando baixa moito a temperatura maniféstase nos electróns unha grande forza de atracción que os fai fluír emparellados de forma que, ao pasar preto dun núcleo atómico, o primeiro electrón cede enerxía que é despois recuperada polo seu compañeiro.

Tras finalizar os seus estudos e doutorarse no 1958 sobre a supercondutividade, Schrieffer continuou traballando sobre esta materia na Universidade de Birmingham, na Universidade de Chicago e na de Illiniois e no Instituto Niels Bohr de Copenhague. No ano 1961 foi designado profesor da Universidade de Filadelfia.

En 1972 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con John Bardeen e Leon Cooper, polos seus traballos conxuntos sobre a teoría da supercondutividade, coñecida como Teoría BCS.

En 1984 foi profesor de física teórica na Universidade de California. En 6 de novembro de 2005 Shrieffer foi condenado a dous anos de prisión por ser o culpable da morte dunha persoa nun accidente automobilístico causado o ano anterior, e ingresou no R.J. Donovan Correctional de San Diego (California) o 26 de setembro de 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]