Ernest Walton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernest Thomas Sinton Walton
Nobel prize medal.svg
Ernest Walton.jpg
Datos persoais
Nome completoErnest Thomas Sinton Walton
Nacemento6 de outubro de 1903
LugarDungarvan, Irlanda
Falecemento25 de xuño de 1996
LugarBelfast, Irlanda do Norte
SoterradoCemitério Deans Grange
NacionalidadeIrlanda
CónxuxeWinifred Walton
Actividade
CampoFísica
Alma máterTrinity College, Methodist College Belfast, Trinity College Dublín e Cookstown High School
Director de teseErnest Rutherford
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Física o 1951
editar datos en Wikidata ]

Ernest Thomas Sinton Walton, nado en Dungarvan, Irlanda, en 1903 e finado en Belfast, Irlanda do Norte, en 1995, foi un físico e profesor universitario irlandés galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1951.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 6 de outubro de 1903 na cidade irlandesa, naqueles momentos parte do Reino Unido, de Dungarvan, fillo dun ministro metodista. Graduouse en física no Colexio Metodista de Belfast o ano 1922 e no Trinity College da Universidade de Cambridge o 1927. O 1936 foi profesor de física nesta última escola superior, conseguindo en 1946 a cátedra Erasmus Smith de Filosofía Natural e Experimental, cargo que ocupou ata o 1974.

Ernest Walton morreu o 25 de xuño de 1995 na cidade de Belfast.

Investigacións científica[editar | editar a fonte]

Desde 1927 ata o ano 1934 dedicouse á investigación en física nuclear baixo a dirección de Ernest Rutherford, na Universidade de Oxford, e colaborou con John Cockcroft na construción dun dos primeiros aceleradores de partículas sendo os primeiros en desintegrar un núcleo atómico con partículas subatómicas.

O ano 1951 foi galardoado, xunto con John Cockcroft, co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a transmutación dos núcleos atómicos mediante o uso de partículas artificialmente aceleradas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]