Felix Bloch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Felix Bloch
Felix Bloch, Stanford University.jpg
Datos persoais
Nacemento 23 de outubro de 1905
Lugar Zúric
Falecemento 10 de setembro de 1983
Lugar Zúric
Nacionalidade Estados Unidos de América e Suíza
Actividade
Campo físico e catedrático de universidade
Director de tese Werner Heisenberg
Premios Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Premio Nobel de Física e Fellow of the American Physical Society
editar datos en Wikidata ]

Felix Bloch, nado en Zúric (Suíza) o 23 de outubro de 1905 e finado en San Francisco (E.U.A.) o 10 de setembro de 1983, foi un físico norteamericano de orixe suíza, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1952.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de orixe xudía. Estudou na Escola Politécnica Federal de Zúric (Eidgenössische Technische Hochschule Zürich) da Universidade de Zúric. Aínda que iniciou estudos en Enxeñería, pronto cambiou aos estudos de Física. Graduado en 1927, proseguiu os seus estudos de Física na Universidade de Leipzig, doutorándose en 1928. Permaneceu en Alemaña, onde estudou xunto a Werner Heisenberg, Wolfgang Pauli, Niels Bohr e Enrico Fermi.

En 1933 abandonou Alemaña por marchar á universidade norteamericana de Stanford, converténdose en profesor desta universidade en 1934 e acadando a nacionalidade estadounidense en 1939.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda Guerra Mundial traballou ao redor da enerxía nuclear no Laboratorio Nacional Los Álamos dos Estados Unidos no Proxecto Manhattan xunto a Robert Oppenheimer, Edward Teller, Otto Frisch, Enrico Fermi, David Bohm, James Chadwick, James Franck, Emilio Gino Segrè, Niels Bohr, Eugene Wigner, Leo Szilard e Klaus Fuchs entre outros. Posteriormente dimitiu para pasar a formar parte do proxecto radar da Universidade Harvard.

Interesado na indución nuclear e a resonancia magnética nuclear, en 1952 foi galardoado, xunto co norteamericano Edward Mills Purcell, co Premio Nobel de Física polos seus estudos, por separado, sobre a medición de campos magnéticos no núcleo atómico, resonancia magnética nuclear.

Entre 1954 e 1955 foi o primeiro director do CERN situado en Xenebra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]