Burton Richter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burton Richter.

Burton Richter, nado en New York o 22 de marzo de 1931, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1976.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou física no MIT, onde se licenciou o ano 1952 e se doutorou en 1956.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Profesor da Universidade de Stanford, Richter construíu un acelerador de partículas denominado Stanford Positron-Electron Asymmetric Ring (SPEAR) coa axuda de David Ritson e o apoio da Comisión Nacional de Enerxía Atómica do Goberno dos Estados Unidos. Co uso do acelerador descubriu unha nova partícula subatómica que denominou psi, e que actualmente se denomina partícula J/ψ ou partícula J.

O mesmo descubrimento foi realizado independentemente por Samuel Chao Chung Ting e os dous científicos foron galardoados conxuntamente no ano 1976 co Premio Nobel de Física polo seu traballo.

Entre 1984 e 1999 foi director do Stanford Linear Accelerator Center (SLAC).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

DEFAULTSORT:Richter, Burton}}