Edward Teller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward Teller
EdwardTeller1958.jpg
Nacemento 15 de xaneiro de 1908
  Budapest
Falecemento 9 de setembro de 2003
  Stanford
Nacionalidade Hungría, Estados Unidos de América e Imperio Austrohúngaro
Etnia Pobo xudeu, Maxiar e American Jews
Relixión Xudaísmo
Alma máter Universidade de Leipzig e Universidade de Karlsruhe
Ocupación científico nuclear, físico, académico, escritor de non ficción, catedrático de universidade, científico e físico teórico
Cónxuxe Augusta H. Teller
Premios Prémio Harvey, Premio Ig Nobel, Medalha Nacional de Ciências, Prêmio Albert Einstein, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalha Eringen e Enrico Fermi Prize
editar datos en Wikidata ]

Edward Teller, nado en Budapest o 15 de xaneiro de 1908 e falecido en Stanford, Estados Unidos, o 9 de setembro de 2003, foi un físico teórico.

De orixe xudía, emigrou aos Estados Unidos en 1935 fuxindo das persecucións da Alemaña de Hitler. En 1941 adoptou a nacionalidade estadounidense. Teller é especialmente recordado pola súa vinculación á fabricación da bomba de hidróxeno, polo que se lle atribúe o alcume de pai da bomba H, en contra do seu criterio, pois aludía non ter feito méritos para elo.[1]

Fixo numerosas contribucións á física nuclear e física molecular, espectroscopía (en particular, o efecto Jahn-Teller e o efecto Renner-Teller) e á física de superficies. A súa extensión da teoría de Enrico Fermi da radiación beta, na forma das transicións Gamow-Teller, proporcionou un fito na súa aplicación, mentres o efecto Jahn-Teller e a teoría Brunauer–Emmett–Teller (BET) mantiveron a súa formulación orixinal e son aínda pedras angulares en física e química. Tamén fixo contribucións á teoría de Thomas-Fermi, precursora da teoría da función densidade, ferramenta estándar na aplicación da Mecánica cuántica ó tratamento de moléculas complexas. No 1953, con Nicholas Metropolis, Arianna Rosenbluth, Marshall Rosenbluth, e Augusta Teller, foi autor dun artigo que supuxo o punto de partica para a aplicación do Método de Montecarlo na Mecánica estatística. Ó longo da súa vida, Teller foi coñecido pola súa habilidade científica e as súas dificultosas relacións interpersoais e volátil personalidade.

Foi un dos primeiros membros do Proxecto Manhattan, encargado de desenvolver a primeira bomba atómica. Durante ese tempo, fixo asemade un gran esforzo para o desenvolvemento das armas baseadas na fusión nuclear, aínda que dito tipo de armas tivo comezo pasterior á segunda guerra mundial. Despois da súa controvertida testemuña no proceso do seu superior no laborario Nacional dos Álamos, J. Robert Oppenheimer, Teller foi illado pola maioría da comunidade científica. Seguiu tendo o apoio do goberno e estamentos de investigación militar estadounidenses, en particular pola súa defensa do desenvolvemento da enerxía nuclear, dun forte arsenal nuclear e e dun programo de testado nuclear vigoroso. Foi cofundador do Laboratorio Nacional Lawrence Livermore (Lawrence Livermore National Laboratory, LLNL), do que foi tamén director asociado e director durante moitos anos.

Nos seus últimos anos, foi coñecido como defensor de solucións tecnolóxicas controvertidas para problemas civís e militares, incluíndo un plan para a escavación dun porto artificial en Alasca usando explosivo termonuclear (proxecto Chariot). Asemade, foi un firme defensor da Iniciativa estratéxica de defensa (SDI) de Ronald Reagan

A súa figura pública foi sempre controvertida, tendo recibido importantes honores e sendo criticado duramente por moitos dos seus colegas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "I have always considered that description in poor taste." Teller & Shoolery 2001, p. 546.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.