Roy J. Glauber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roy J. Glauber
Roy Glauber Dec 10 2005.jpg
Datos persoais
Nacemento1 de setembro de 1925
LugarNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Actividade
Campofísico e catedrático de universidade
Director de teseJulian Schwinger
PremiosBolsa Guggenheim, Premio Nobel de Física, Medalha Albert A. Michelson, Prêmio Max Born (Optical Society), Alexander von Humboldt Fellow, Fellow of the American Physical Society, Prêmio Dannie Heineman de Física Matemática e Prêmio Humboldt
editar datos en Wikidata ]

Roy Jay Glauber, nado en Nova York en 1925, é profesor de física da Universidade Harvard. Foi galardoado xunto con John L. Hall e Theodor W. Hänsch co Premio Nobel de Física do ano 2005 pola súa contribución á teoría cuántica de coherencia óptica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos seus resultados, publicados en 1963, Roy Glauber estabeleceu as bases da óptica cuántica mostrando que a teoría cuántica rexe o campo da óptica. Puido explicar as diferenzas fundamentais entre fontes cálidas de luz, como as lámpadas eléctricas cunha mestura de frecuencias e fases e os láseres que dan unha frecuencia e fase concretas.

Con 12 anos xa fabricara o seu propio telescopio, que aínda conserva, e mais un aparello que polarizaba a luz. Por algo relacionado con aquilo, a teoría sobre como contar fotóns, recibiu o nobel case 70 anos despois.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]