Arthur Compton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arthur Holly Compton Premio Nobel de Física
Arthur Compton en 1927
Datos persoais
Nome completoArthur Holly Compton
Nacemento10 de setembro de 1892
Lugar Wooster (Ohio)
Falecemento15 de marzo de 1962 (69 anos)
Lugar Berkeley (California)
Causahemorraxia cerebral
SoterradoWooster Cemetery
Nacionalidade estadounidense
CónxuxeBetty Charity McCloskey
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Princeton
Wooster College
Director de teseOwen Willans Richardson e Hereward Lester Cooke
Contribucións e premios
Coñecido porEfecto Compton
PremiosPremio Nobel de Física en 1927
editar datos en Wikidata ]
Arthur Compton en 1929.

Arthur Holly Compton, nado en Wooster (Ohio) o 10 de setembro de 1892 e finado en Berkeley (California) o 15 de marzo de 1962, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1927.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conferencia Solvay de 1927. Podemos observar a Arhtur Holly Compton o cuarto da segunda fila comezando pola dereita, sentado xusto detrás de Albert Einstein

Compton naceu en Wooster (Ohio) e estudou no Wooster College e na Universidade de Princeton. En 1923 foi profesor de física na Universidade de Chicago. Durante a súa estancia nesta universidade, Compton dirixiu o laboratorio no que se produciu a primeira reacción nuclear en cadea, o que provocou que tivese un papel relevante no Proxecto Manhattan, a investigación que desenvolveu a primeira bomba atómica.

Desde 1945 ata 1953 Compton foi reitor da Universidade de Washington e logo de 1954 foi catedrático de Filosofía Natural.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Os seus estudos dos raios X leváronlle a descubrir en 1922 o denominado efecto Compton. O efecto Compton é o cambio de lonxitude de onda da radiación electromagnética de alta enerxía ao ser difundida polos electróns. O descubrimento deste efecto confirmou que a radiación electromagnética ten propiedades tanto de onda como de partículas, un principio central da teoría cuántica.

Polo seu descubrimento do efecto Compton e pola súa investigación dos raios cósmicos e da reflexión, a polarización e os espectros dos raios X compartiu o Premio Nobel de Física de 1927 co físico británico Charles Wilson.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa honra, así como no do seu irmán Karl Taylor Compton, bautizouse ao cráter "Compton" da Lúa así como o asteroide "(52337) Compton", descuberto o 2 de setembro de 1992 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]