Robert Hofstadter
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de febreiro de 1915 Nova York, Estados Unidos de América |
| Morte | 17 de novembro de 1990 Stanford, Estados Unidos de América |
| Lugar de sepultura | Home of Peace Cemetery (en) |
| Educación | Universidade de Princeton City College de Nova York DeWitt Clinton High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física |
| Ocupación | físico, profesor universitario, científico nuclear, astrofísico |
| Empregador | Universidade Stanford |
| Membro de | Sociedade Filosófica Estadounidense (1986–) Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos (Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos) (1958–) Sociedade Estadounidense de Física (Membro da Sociedade Estadounidense de Física) (1951–) Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos |
| Interesado en | Física |
| Obra | |
| Doutorando | Howard H. Pattee (en) |
| Familia | |
| Fillos | Douglas Hofstadter |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia, volume 6, (p.595) Fiziki, (p.291) |
Robert Hofstadter, nado en Nova York o 5 de febreiro de 1915 e finado en Palo Alto (California) o 17 de novembro de 1990, foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1961.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de raíces xudías polacas. Graduado en física e matemáticas en 1935 polo City College of New York, doutorouse no ano 1938 pola Universidade de Princeton.
Foi pai do científico e filósofo Douglas Hofstadter.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Profesor da Universidade Stanford entre 1950 e 1985, as súas investigacións científicas centráronse na estrutura dos nucleóns. En 1961 compartiu con Rudolf Mößbauer, aínda cando por traballos diferentes, o Premio Nobel de Física polos seus estudos, pioneiros, sobre a dispersión do electrón nos núcleos atómicos e polos seus descubrimentos relativos á estrutura dos nucleóns.