Saltar ao contido

George Paget Thomson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Paget Thomson

(1937) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de maio de 1892 Editar o valor en Wikidata
Cambridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Lugar de sepulturaChurch of St Mary and St Andrew (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Oficial
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónTrinity College Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohn William Strutt e Joseph John Thomson Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, científico nuclear, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorImperial College London
Universidade de Aberdeen Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJohn William Strutt Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoIshrat Hussain Usmani (pt) Traducir e Bruce Sween Liley (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloKnight Bachelor Editar o valor en Wikidata
CónxuxeKathleen Buchanan Adam Smith Editar o valor en Wikidata
Fillos[Lilian] Clare Thomson, John Thomson, Lieut. Com. David Paget Thomson, [Caroline] Rose Buchanan Thomson Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph John Thomson Editar o valor en Wikidata  e Rose Thomson Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoan Paget Thomson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Томсон Джордж Паджет)
Enciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: f17d28a7-4356-4d98-9285-13ed668e15ce WikiTree: Thomson-6506 Find a Grave: 48926636 Editar o valor en Wikidata

George Paget Thomson, nado en Cambridge o 3 de maio de 1892 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 1975, foi un físico británico.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Foi fillo de sir Joseph John Thomson, premio Nobel de Física en 1906, considerado o descubridor do electrón polos seus experimentos co fluxo de partículas (electróns) que compón os raios catódicos. Ambos recibiron o Premio Nobel, sendo o único caso de dúas xeracións nunha familia, a máis de Marie Curie e Pierre Curie coa súa filla Irène_Joliot-Curie.

Estudou e graduouse no Trinity College da Universidade de Cambridge. Entre 1922 e 1930, impartiu clases de filosofía natural na Universidade de Aberdeen. En 1930 obtivo a cátedra de física no Colexio Imperial de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Londres, onde permaneceu ata 1952. Desde ese ano e ata 1962, foi reitor do Corpus Christi College da Universidade de Cambridge.

En 1937 foille outorgado o premio Nobel de Física, compartido co físico estadounidense Clinton Davisson, polo seu traballo sobre a difracción de electróns en cristais e a demostración das súas propiedades ondulatorias.

Nos últimos anos da década de 1930 e durante a segunda guerra mundial, especializouse en física nuclear, concentrándose no estudo das aplicacións prácticas militares da enerxía nuclear. Na última parte da súa vida continuou os seus traballos ao redor da enerxía nuclear, e tamén escribiu traballos sobre aerodinámica e sobre o valor da ciencia na sociedade.

Entre 1937 e 1941, asesorou o ministerio do Aire en materia de aeronáutica, e en materia científica en xeral entre 1943 e 1944. En 1943 foi nomeado cabaleiro (sir) e en 1946 ocupou a asesoría da delegación británica no Consello de Seguridade das Nacións Unidas e da Comisión da Enerxía Atómica.