John Cockcroft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John Douglas Cockcroft
Nobel prize medal.svg
Cockcroft.jpg
Datos persoais
Nacemento27 de maio de 1897
LugarTodmorden, Inglaterra
Falecemento18 de setembro de 1967
LugarCambridge, Inglaterra
SoterradoAscension Parish Burial Ground
NacionalidadeReino Unido
Actividade
Campo
  • Física
  • Director de teseErnest Rutherford
    Contribucións e premios
    PremiosPremio Nobel de Física en 1951
    editar datos en Wikidata ]

    Sir John Douglas Cockcroft, nado o 27 de maio de 1897 e finado o 18 de setembro de 1967, foi un físico británico. Recibiu o premio Nobel de Física por ser o primeiro en desintegrar un núcleo atómico, e foi primordial no desenvolvemento da enerxía nuclear.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Cockcroft naceu en Todmorden, Inglaterra. Foi educado na escola de secundaria de Todmorden e estudou matemáticas na Universidade de Manchester.

    En 1928 traballou como investigador no Saint John's College, cargo que desempeñou ata 1946. No ano 1932, e en colaboración co físico Ernest Walton, foi o primeiro en desintegrar un núcleo atómico con partículas subatómicas aceleradas artificialmente. Usaron un acelerador de partículas que desenvolveran para bombardear átomos de litio con protóns. Algúns dos átomos de litio absorbían un protón e se desintegraban en dous átomos de helio. Entre 1941 e 1944, foi supervisor xefe do departamento de Investigación e Desenvolvemento das Forzas Aéreas británicas, e desde 1944 a 1946 exerceu como director da división de enerxía atómica do Consello de Investigación Nacional de Canadá. En 1948 concedéronlle o título de sir e compartiu con Walton o Premio Nobel de Física de 1951.