Hans Bethe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Bethe
Nobel prize medal.svg
Hans Bethe.jpg
Hans Albrecht Bethe
Datos persoais
Nacemento2 de xullo de 1906
LugarEstrasburgo
Falecemento6 de marzo de 2005
LugarIthaca
NacionalidadeReich alemán e Estados Unidos de América
EtniaPobo xudeu
CónxuxeRose Ewald
Actividade
Campofísico e profesor universitario
Alma máterUniversidade de Múnic, Universidade de Frankfurt, Universidade de Cambridge, Universidade de Roma La Sapienza e Goethe-Gymnasium
Director de teseArnold Sommerfeld
Coñecido porBethe ansatz, reticulado de Bethe, Fórmula de Bethe, curva de Bethe-Slater, cadeias de bethe, Bethe–Feynman formula, "Bethe-Tait" accident, Mott–Bethe formula e sen etiquetar
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, Medalla de Ouro Internacional Nield Bohr, Premio Nobel de Física, Medalla Max Planck, Medalha de Ouro Lomonossov, Prêmio Rumford, Medalha Henry Draper, Medalla Franklin, Medalla Bruce, Medalha Oersted, Medalha Oskar Klein, Medalha Eddington, Medalla Nacional de Ciencia, Leo Szilard Lectureship Award, Prêmio da Paz Albert Einstein, Fellow of the American Physical Society, Bakerian Lecture, Prêmio Enrico Fermi, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Foreign Member of the Royal Society, Member of the National Academy of Sciences of the United States e Royal Society Bakerian Medal
Hans Bethe (signature).jpg
editar datos en Wikidata ]

Hans Albrecht Bethe, nado en Estrasburgo, Francia, o 2 de xullo de 1906 e finado en Nova York, Estados Unidos, o 6 de marzo de 2005, foi un físico alemán, nacionalizado norteamericano, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1967.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Estrasburgo, cidade sita na rexión de Alsacia cando esta formaba parte da Imperio Alemán. Tras estudar física na Universidade de Frankfurt doutorouse en 1928 na Universidade de Múnic baixo a supervisión de Arnold Sommerfeld. Bethe morreu na súa residencia de Nova York, aos 99 anos de idade.

Investigacións cíentíficas[editar | editar a fonte]

Abandonou Alemaña ao acceder Adolf Hitler ao poder, instalándose en 1933 na Universidade de Bristol no Reino Unido onde traballou con Rudolf Peierls investigando ao redor do deuterio. En 1935 ingresou na Universidade de Cornell nos EUA como profesor de física, onde realizou investigacións ao redor das reaccións nucleares, o ciclo carbono-nitróxeno-osíxeno e o cálculo do efecto Lamb combinando a relatividade e a mecánica cuántica. En 1938 atopou o mecanismo das reaccións nucleares, coñecido como o ciclo de Bethe ou do carbono, que explica como as estrelas producen a súa enerxía. Bethe deuse conta que, por entender como se realiza a fusión do núcleo de hidróxeno no interior do Sol, é necesario considerar que o carbono actúa como catalizador.

Durante a segunda guerra mundial foi o director da división teórica do laboratorio secreto de Los Alamos e participou no desenvolvemento da primeira bomba atómica, o denominado Proxecto Manhattan. Invitado por Robert Oppenheimer dirixiu un conxunto moi selecto de científicos que incluía físicos como John von Neumann ou Richard Feynman.

O seu equipo traballou na fabricación da masa crítica necesaria de uranio-235 necesaria para producir unha reacción nuclear de fisión capaz de producir a explosión dunha bomba nuclear. Tras a guerra Bethe pasou a ser un activista a favor do desarmamento e, en particular, do control nuclear, sendo un dos principais impulsores da firma dos Acordos SALT no ano 1972, realizada en Helsinqui.

Os seus éxitos permitíronlle chegar a ser presidente da Sociedade Americana de Física no ano 1954. En 1967 foi galardoado co Premio Nobel de Física polas súas contribucións á teoría nuclear, especialmente no descubrimento da produción enerxética nas estrelas.

Confirmación das súas teorías[editar | editar a fonte]

Credencial acreditativa de Bethe no Observatorio de Los Alamos.

Grazas ao súa lonxevidade Bethe puido ter a satisfacción de asistir á comprobación das súas ideas sobre a produción de enerxía polas estrelas, comprobación realizada nos primeiros anos do século XXI grazas á resolución do problema dos neutrinos procedentes do centro do Sol.

A confirmación do modelo de funcionamento do interior do Sol e a conclusión de que o número de neutrinos producidos neste son os que están implicados nas reaccións nucleares. Durante moitos anos non se detectaron os neutrinos necesarios senón soamente un terzo, o que fixo ata dubidar do modelo solar. Pero grazas ao detector Sudbury Neutrino Observatory, situado no Canadá, púidose comprobar como os neutrinos prodúcense na cantidade prevista, pero na viaxe á Terra os neutrinos electrónicos, que son os que se detectaban, transfórmanse en neutrinos muónicos e neutrinos tauónicos exactamente como debe ser porque a velocidade de produción é a prevista polos modelos teóricos (son as denominadas oscilacións dos neutrinos).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En honra súa denominouse o asteroide (30828) Bethe, descuberto o 12 de outubro de 1990 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]