Riccardo Giacconi

Riccardo Giacconi | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de outubro de 1931 |
Lugar de nacemento | Xénova |
Falecemento | 9 de decembro de 2018 |
Lugar de falecemento | San Diego |
Nacionalidade | Italia, Estados Unidos de América e Reino de Italia |
Alma máter | Universidade de Milán |
Ocupación | astrónomo, físico, profesor universitario, astrofísico, artista visual e astrólogo |
Cónxuxe | Mirella Giacconi |
Premios | Premio Nobel de Física, NASA Exceptional Scientific Achievement Medal, Medalla Elliott Cresson, Premio Helen B. Warner en Astronomía, Lectorado Henry Norris Russell, Medalla de ouro da Royal Astronomical Society, Medalla Nacional de Ciencia, Medalla Karl Schwarzschild, Premio Wolf en Física, Medalla Bruce, Premio Dannie Heineman de Astrofísica, Programa Fulbright, Premio Marcel Grossmann, Premio Memorial Richtmyer, doutor honoris causa pola Universidade de Padua, Doutor Honoris Causa da Universidade de Uppsala, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana e Great Immigrants |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Riccardo Giacconi, nado en Xénova o 6 de outubro de 1931, e morto[1] en San Diego o 9 de decembro de 2018 foi un astrofísico italiano radicado nos Estados Unidos.
Biografía[editar | editar a fonte]
Foi fillo único de Antonio, un pequeno empresario e Elsa Canni, profesora de matemáticas e física[2]. No 1939 os pais sepáranse, quedando el coa nai, que marcha a Cremona, e logo a Milán, ensinando no mesmo instituto ó que logo acudirá Riccardo[3].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estuda Física na Universidade de Milán con Giuseppe Occhialini, especializándose na investigación dos raios cósmicos. Baixo o consello do seu mentor, no 1956 emigra ós Estados Unidos de América. No 1958 comeza a colaborar coa Universidade de Princeton, e logo, Bruno Rossi introdúceo na AS&E (American Science and Engineering)[4] cun programa para o desenvolvemento da investigación en raios X cósmicos, comezando a proxectar instrumentos para poñelos en relevo.
No 1962 descobre Scorpius X-1, primeira fonte extraterrestre coñecida de raios X[4]. No 1970 ocúpase do lanzamento do satélite Uhuru, co que se abre a exploración do ceo profundo ós raios X. Grazas a este recoñecemento celeste, foron descubertas 339 estrelas emisoras de raios X, entre elas Cygnus X-1[4] e Vela X-1.
No 1973, pasa a ser director do Harvard Smithsonian Center for Astrophysics, impulsando o proxecto HEAO-2 dun telescopio de raios X en órbita, que máis adiante foi unha realidade, bautizado como Observatorio Einstein. É ese ano cando decidiu 'eu amo a astronomía, ao menos, como a practico'.[5]
Máis adiante, ten recuperado o cargo de profesor de física e astronomía (1982-1997) e de investigador (a partir do 1998) na Universidade Johns Hopkins.
Do 1993 ó 1999 é Director xeral do European Southern Observatory (ESO).
Foi o investigador xefe do proxecto Chandra Deep Field-South co Chandra X-ray Observatory da NASA.[6]
Recibiu o Nobel de Física de 2002, polas súas contribucións á astrofísica que levaron ao descubrimento dos raios X cósmicos.[5]
Libros[editar | editar a fonte]
Riccardo Giacconi, Wallace Tucker. The X-Ray Universe, Cambridge, MA: Harvard University Press, 1985.
Riccardo Giacconi | |
---|---|
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio de Astronomía Helen B. Warner (1966)
- Medalla Bruce (1981)[7]
- Lector Henry Norris Russell (1981)
- Premio de Astrofísica Dannie Heineman (1981)
- Medalla de ouro da Royal Astronomical Society británica (1982)
- Premio Wolf en Física (1987)
- Premio Nobel de Física (2002)
- Medalla de Ciencia dos EEUU (2003)
- Asteroide 3371 Giacconi
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ esa. "Riccardo Giacconi (1931–2018)". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2018-12-30.
- ↑ User, Super. "Indice videolezioni PSSC (12)". Fisicapertutti (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-30.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Riccardo Giacconi". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2008. Consultado o 30 de decembro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "Riccardo Giacconi Facts". The Nobel Prize. Consultado o 1/1/2018.
- ↑ "Giacconi Principal Investigator del Chandra Deep Field South". 1/1/2018.
- ↑ Bruce Medal page