Willis Lamb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Willis Eugene Lamb, Jr.
Nobel prize medal.svg
Willis Lamb 1955.jpg
Willis Lamb en 1955.
Datos persoais
Nacemento12 de xullo de 1913
LugarFlag of the United States.svg Os Ánxeles (California)
Falecemento15 de maio de 2008 (94 anos)
LugarFlag of the United States.svg Tucson (Arizona)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de California en Berkeley e Los Angeles High School
Director de teseRobert Oppenheimer
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Física (1955)
editar datos en Wikidata ]

Willis Eugene Lamb, Jr., nado nos Ánxeles (California) o 12 de xullo de 1913 e finado en Tucson (Arizona) o 15 de maio de 2008; foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado mo ano 1955 co Premio Nobel de Física.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou química na Universidade de California licenciándose en 1934, ampliando posteriormente estudos e licenciándose en física en 1938. Entre 1956 e 1962 foi profesor de física na Universidade de Oxford e posteriormente tamén ensinou na Universidade Yale, Columbia e Stanford.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

En 1955 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto co físico Polykarp Kusch polos seus descubrimentos referentes á estrutura fina do espectro do hidróxeno. Lamb e Kusch realizaron estudos parecidos sobre o electromagnetismo do electrón, establecendo Lamb o denominado efecto Lamb.

Vida privada[editar | editar a fonte]

En 1939 Lamb casou coa súa primeira esposa, Ursula Schaefer, estudante alemá que se converteu nunha destacada historiadora de Latinoamérica.[1] Trala morte dela en 1996, casou coa física Bruria Kaufman, da que logo se divorciou. En 2008 casou con Elsie Wattson.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2015. Consultado o 5 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]