Núcleo atómico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo dun átomo co nucleo atómico no centre, e os electróns orbitando ao seu redor

O núcleo atómico é a parte central do átomo que contén a maior parte da materia que o forma, pero que -aínda así- ocupa un volume comparativamente moi pequeno. Está formado por barións, concretamente por protóns e neutróns, en número variable, pero sempre máis neutróns que protóns. Son unha excepción o núcleo do hidróxeno ordinario (formado por un único protón) e os dos átomos máis lixeiros, en que o número de protóns e o de neutróns adoita ser igual. O número de protóns denomínase número atómico e é o parámetro que determina a que elemento químico corresponde o átomo. O número de neutróns de átomos do mesmo elemento pode ser variable: os núcleos co mesmo número atómico, pero diferente número de neutróns, denomínanse isótopos.

A forza que mantén unidos os barións que forman o núcleo atómico, os cales se denomina nucleóns, é a forza nuclear forte.

Algúns átomos descompóñense espontaneamente mediante procesos radioactivos que consisten na emisión de electróns (raios beta) ou núcleos de helio (raios alfa) altamente enerxéticos. Algúns núcleos son extremadamente estables, a cambio doutros que se descompoñen moi rapidamente. A estabilidade dun núcleo atómico depende do número total de nucleóns (os elemento de número atómico superior ao do chumbo son todos radioactivos e o chumbo e os que teñen un número atómico inferior non o adoitan ser) e tamén da proporción entre o número de protóns e neutróns: por isto nun mesmo elemento, diferentes isótopos poden ter unha vida mediana diferente.