Gerd Binnig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerd Binnig
Nobel prize medal.svg
Gerd Binnig sw.jpg
Nome completoGerd Karl Binnig
Nacemento20 de xullo de 1947
Lugar de nacementoFrankfurt
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Múnic e Universidade de Frankfurt
Ocupaciónfísico
PremiosPremio Nobel de Física, Medalla Elliott Cresson, IBM Fellow, Bavarian Order of Merit, Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, King Faisal International Prize in Science, Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte, Gustav Hertz Prize, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Klung Wilhelmy Science Award, Kavli Prize in Nanoscience e Urania Medal
editar datos en Wikidata ]

Gerd Binnig, nado en Frankfurt am Main en 1947, é un físico alemán que recibiu o Premio Nobel de Física en 1986 canda o seu colega da empresa Heinrich Rohrer por inventaren o microscopio de efecto túnel, que permite ver átomos individuais, obtendo unha imaxe moi precisa da superficie dun material.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao dez anos soubo que sería físico. A súa familia repartíase entre Frankfurt am Main e Offenbach, polo que asistiu a escolas de ambas as dúas cidades. En 1969, casou con Lore Wagler, unha psicóloga, coa que ten unha filla nada en Suíza e un fillo en California.

En 1978, acepta unha oferta de IBM para traballar con eles en Zúric, recibindo o Premio Nobel de Física en 1986. Binnig segue a traballar no Laboratorio de Investigación de IBM en Zúric.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]