Proba Trinity

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Nube de cogomelo do "Trebello" segundos despois da detonación.

Trinity foi o nome en código da primeira detonación dunha arma nuclear na historia, levada a cabo polo Exército dos Estados Unidos ás 5:29 A.M. do 16 de xullo de 1945 como parte do Proxecto Manhattan. A proba realizouse no deserto Jornada del Muerto a uns 56 km ó sueste de Socorro, Novo México, no que entón era o Campo de Tiro e Bombardeo da USAAF en Alamogordo. As únicas estruturas ali presentes orixinalmente eran a casa de campo McDonald e os seus edificios complementarios, que os científicos usaron como laboratorio para probar compoñentes de bombas. Na semana da proba houbo unhas 425 persoas presentes no lugar.

O nome en código "Trinity" designouno Robert Oppenheimer, director do Laboratorio de Los Alamos, inspirado na poesía de John Donne. A bomba era un artefacto de implosión de plutonio, co alcume informal "O Trebello" (inglés: "The Gadget"), co mesmo deseño que a bomba Fat Man detonada sobre Nagasaki o 9 de agosto de 1945. A complexidade deste deseño requiriu un gran esforzo por parte do persoal de Los Alamos, e as preocupacións sobre a súa efectividade deron lugar á realización da primeria proba nuclear, planeada e dirixida por Kenneth Bainbridge.

Por mor da preocupación dunha efervescencia construíuse un contedor de aceiro denominado "Jumbo" para o plutonio que permitiría a súa recuperación, aínda que non se utilizou finalmente. O 7 de maio de 1945 realizouse un ensaio, detonando 98 toneladas de explosivos ós que se lle engadiron isótopos radioactivos. A detonación do "Trebello" liberou unha enerxía explosiva equivalente a uns 22 quilotóns de TNT. Entre os observadores da proba estiveron Vannevar Bush, James Chadwick, James Conant, Thomas Farrell, Enrico Fermi, Richard Feynman, Leslie Groves, Robert Oppenheimer, Geoffrey Taylor e Richard Tolman.

O sitio da proba foi declarado Fito Histórico Nacional en 1965 e engadiuse á lista do National Register of Historic Places ó ano seguinte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.