Saul Perlmutter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saul Perlmutter
Datos persoais
Nacemento22 de setembro de 1959 (64 anos)
LugarChampaign-Urbana (Illinois, EUA)
ResidenciaBerkeley (California, EUA)
NacionalidadeNorteamericana
Actividade
CampoAstronomía
Alma máterUniversidade Harvard
Universidade de California, Berkeley
Director de teseRichard A. Muller
Contribucións e premios
Coñecido porEnerxía negra, aceleración da expansión do Universo
PremiosPremio Nobel de Física (2009)
editar datos en Wikidata ]

Saul Perlmutter, nado en Champaign-Urbana (Illinois) o 22 de setembro de 1959, é un astrofísico estadounidense do Laboratorio Nacional de Lawrence Berkeley, é profesor de física na Universidade de California, en Berkeley. Membro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias foi elixido en 2003 a través da asociación americana para o avance científico. Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, imparte clases na Universidade de California.

Perlmutter compartiu en 2006 o premio Shaw en Astronomía e o Premio Nobel de Física 2011 con Adam Riess e Brian Schmidt por proporcionar probas sobre a aceleración da expansión do universo.

Formación[editar | editar a fonte]

Perlmutter graduouse na Universidade Harvard en 1981 magna cum laude. Doutorouse en Ciencias Físicas en Berkeley en 1986.

A tese de Perlmutter tratou da hipótese sobre a existencia da estrela Némese, dirixido por Richard A. Muller.

Actividades científicas[editar | editar a fonte]

Perlmutter liderou o Proxecto Supernova Cosmology no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. Foron xunto co equipo de investigación High-Z Supernova quen acharon evidencias de que a expansión do universo está a acelerarse en base á observación das estrelas supernova de clase Ia do universo profundo.

As supernovas clase Ia fórmanse a partir de estrelas ananas brancas que incrementan a súa masa a partir dunha compañeira coa que forman un sistema binario ou múltiple, de tal forma que o incremento da masa, crea unha situación crítica mais alá do límite de Chandrasekhar, producindo unha inestabilidade e explotando.

Crese en xeral que as supernovas clase Ia teñen esencialmente unha mesma intensidade enerxética e lumínica, e pode asumirse que en todos os casos ven a ser practicamente o mesmo, polo que se ten calibrado unha medida estándar da luminosidade intrínseca.

Realizando medicións de magnitude aparente pode inferirse no coñecemento da distancia á que se acha a estrela, podéndose comparar co corremento a vermello do espectro é posible coñecer ademais a velocidade da supernova.

O proxecto Supernova Cosmology, concluíu do mesmo xeito que os seus competidores, en que as distantes supernovas ían máis atrasadas no seu movemento que a propia expansión do universo, en consecuencia, esta estase acelerando desde hai miles de millóns de anos, desde canto sucedeu o evento supernova.

Esta conclusión está a ser apoiada por outras liñas de investigación.

Perlmutter tamén lidera as investigacións no proxecto Supernova/Probas de aceleración, onde están a colaborar na construción dun satélite dedicado a localizar e estudar máis estrelas supernovas a gran distancia. Desa maneira poderán construír unha teoría máis consolidada acerca da aceleración na expansión do universo.

Tamén é partícipe do programa Berkeley de medición da Temperatura da Superficie da Terra, que axudará a comprender o recente quecemento global a través da realización de análise de datos climáticos.

Premios[editar | editar a fonte]

Perlmutter, Adam Riess e Brian P. Schmidt foron galardoados en 2006 co Premio Shaw en Astronomía. En 2011 foron galardoados co Premio Nobel de Física.
  • 2002 - Premio de Física E.O. Lawrence do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos.
  • 2003 - Científico californiano do ano.
  • 2005 - Premio John Scott.
  • 2005 - Premio Padua.
  • 2006 - Premio Shaw en Astronomía, compartido con Adam Riess e Brian P. Schmidt.
  • 2006 - Premio Internacional Antonio Feltrinelli.
  • 2007 - Premio Gruber en Cosmoloxía, dotado con medio millón de dólares estadounidenses, a el e ó seu equipo, Schmidt e o equipo High-Z Supernova, polo descubrimento da aceleración da expansión do universo.
  • 2011 - Premio Nobel de Física, compartido con Adam Riess e Brian P. Schmidt. O Premio Nobel está dotado cun premio económico de dez millóns de coroas suecas, equivalentes aproximadamente a un millón cen mil euros. Perlmutter obtivo a metade dese premio, mentres que Riess e Schmidt comparten a outra metade entre eles.[1]
  • 2011 - Foi mencionado para obter a Medalla Albert Einstein xunto con Adam Riess.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]