Gran Enciclopedia Rialp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Gran Enciclopedia Rialp é unha enciclopedia en lingua castelá de carácter xeral e universal, publicada por Ediciones Rialp, de Madrid.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A primeira edición publicose en 1971 e a 6ª e última en 1991. Trátase dunha enciclopedia alfabética, estruturada en 25 volumes, dos que os 23 primeiros conteñen o corpo de artigos, o 24 os índices e un suplemento de cartografía, e o 25 é un suplemento de actualización.

O nome da editorial alude a un episodio [1] da vida de Josemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, institución da Igrexa Católica con numerosas publicacións nesta editorial, entre outras as obras do fundador.

Os artigos da enciclopedia están asinados polos seus autores, especialistas na materia, a maior parte profesores de diversas universidades, entre elas a de Navarra, así como outros autores xeralmente católicos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]